Mostrando entradas con la etiqueta Ana López. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ana López. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de marzo de 2014

Os maiores de Ordes visitaron a biblioteca municipal


Ana López, directora da biblioteca municipal, co grupo de maiores da residencia municipal de Ordes.
Tamén leron lendas, refráns e relatos

Os maiores da residencia municipal do Concello de Ordes realizaron unha visita á biblioteca de Ordes, onde coñeceron de primeira man o seu funcionamento interno e os servizos que nela se prestan. 

Ademais tamén se procedeu coa lectura de lendas, refráns e relatos que tiñan como tema central a igualdade.

*

jueves, 14 de noviembre de 2013

Lectura e baile para os pequenos de Ordes


A sicóloga Dolores García e Ana López, directora da biblioteca, cun grupo de novas lectores.
O clube de lectura da biblioteca municipal e o Concello de Ordes organizan estas actividades

Os clubes de lectura da biblioteca municipal de Ordes recibiron note a visita da sicóloga da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Dolores García

Os membros de ambos dous grupos, Sopa de libros (6, 7 e 8 anos) e Aventuras dos libros (9, 10 e 11 anos) tiveron a oportunidade de preguntarlle a Dolores en qué consiste o seu traballo e qué tarefas realiza nunha das sús xornadas diarias. 

Ademais, tamén comentaron as lecturas programadas para esta ocasión, Retoñito e Ás de mosca para Anxo.

Clases de baile en liña na local social da rúa Reconciliación.
Baile en liña
Por outra banda, un grupo de nenos e nenas de Ordes iniciaron estes días as súas clases de baile en liña, onde perfeccionan e aprenden novos pasos cos que realizar coreografías conxuntamente. 

Unha actividade organizada polo Concello de Ordes e que se leva a cabo unha vez á semana no local social ubicado na rúa Reconciliación.

*

miércoles, 13 de marzo de 2013

A biblioteca de Ordes convida aos seus lectores a participar nun clube de lectura

Poderán formar parte do mesmo persoas de todas as idades

Ana López: "Trátase de poñer en común e comentar os mesmos títulos entre todos os membros do grupo”

A biblioteca municipal de Ordes organizará proximamente un clube de lectura no que poderán participar lectores as idades. 

A inscrición e participación nesta actividade, que se deberá formalizar na mesma biblioteca, será gratuíta e dará comenzo unha vez que se rexistren un número adecuado de persoas. 

Ana López.
As frases de Ana López, directora da biblioteca municipal de Ordes
 “A metodoloxía que temos pensada é como a de tantos clubes de lectura: trátase de poñer en común e comentar os mesmos títulos entre todos os membros do grupo”

“A idea é que poidan apuntarse todos os que queiran participar. Para elo temos pensado establecer un clube infantil, outro xuvenil e por último un de adultos

*

domingo, 23 de septiembre de 2012

A biblioteca de Ordes amplía os seus fondos con máis de 230 novos títulos

Ana López Brey, directora da biblioteca municipal de Ordes, cunha mostra de libros.
Rexistrouse un importante aumento das doazóns de libros por parte de particulares

Máis de 230 títulos novos forman xa parte do fondo bibliográfico da biblioteca municipal de Ordes. Os responsables do centro destacan as obras de terror xuvenil, que tanta demanda están a ter nestes últimos anos, así como títulos tan coñecidos como 50 sombras de Grey, Palmeras en la nieve ou La sangre de los inocentes. En relación a este aspecto hai que destacar o incremento no número de doazóns particulares, moitas delas rexistradas dende o inicio da campaña de comodato entre particulares ‘Lendo compartimos’. Unha iniciativa que ten rebasado con creces as previsións iniciais da organización.

Tardes de contos e lendas
 Por outra banda, o pasado venres deuse a coñecer o regreso das ‘Tardes de contos e lendas’ a partir do próximo mes de outubro. Tal e como viña acontecendo terán lugar o último venres de cada mes na mesma biblioteca. O obxetivo é o de achegarlle ós máis novos a literatura e a biblioteca dun xeito divertido á par que se fomenta o hábito á lectura. Tamén está prevista a reanudación en breve de ‘Encontros con...’, unha actividade que pon en contacto grupos culturais, profesionais e xente de diversos ámbitos co fin de compartir experiencias e ampliar coñecementos.  

No que respecta á nova tempada das visitas escolares os encargados de abrila serán os alumnos de ESO do IES Maruxa Mallo. Concretamente serán os días 28 de septembro e 5 de outubro en horario de mañá cando acudan á biblioteca para realizar un percorrido por todas as instalacións e coñecer cada un dos servizos que se prestan.

Outro aspecto que caracteriza á biblioteca de Ordes é o notable incremento no seu número de socios, que actualmente superan xa os 1.700. Moitos destes usuarios proveñen doutros concello de comarca, animados polos servizos que se comodatan, polo número de exemplares que posúe o centro, así como polo seu amplo horario de apertura. 

*

martes, 26 de junio de 2012

Un cento de contos para desfrutar do verán lendo


O programa permite o comodato de máis dun cento de obras literarias. 
A biblioteca municipal pon en marcha o programa de lectura veraniega, 'En vacacións, desfruta da biblioteca"

Coincidindo coa chegada do verán, a biblioteca municipal de Ordes ven de inaugurar unha nova mostra especialmente pensada para o público máis novo. 'En vacacións, desfruta da biblioteca' ofrece máis de cen títulos novos de contos e relatos nos que se destacan as ilustracións de moitos dos seus exemplares e tamén as historias e tramas do máis propicias para esta época do ano.  As obras poden desfrutarse tanto na ludoteca da biblioteca como no fogar, xa que o centro tamén ofrece o servizo de comodato para estes exemplares.

Sensibilización á lectura
Deste xeito, a biblioteca de Ordes continúa coa súa campaña de sensibilización á lectura e de captación de novos socios. Sobre todo entre os máis novos do Concello xa que “precisamente é nesta etapa de formación cando máis hai que incidir neles para que adquiran o hábito á lectura”, asegura Ana López, directora da biblioteca municipal de Ordes.  

*