Mostrando entradas con la etiqueta Paula Castenda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paula Castenda. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de mayo de 2013

As pandereteiras de Con sentidiño gañan o concurso musical Operación Ordes



A cantante Tani Veiras interpretou en directo varios temas e non se cansou de asinar autógrafos entre todos os presentes.


Máis de 300 persoas non quiseron perderse na mañá de onte a gran final do concurso musical Operación Ordes. Unha cita musical na que participaron máis de 200 alumnos e alumnas de distintos centros da comarca. 

Os gañadores na modalidade que englobaba aos alumnos de Primaria ata 2º da ESO foron As pandereteiras, do IES Maruxa Mallo. A interpretación do tema O Verdegaio supósolles o primeiro posto e alzarse co cheque de 200 euros

Os falcatrueiros, formación composta por alumnos do IES Nº1 e do Castelao, e Twisted Brothers ocuparon os segundo e terceiro lugar respectivamente con cheques de 100 e 50 euros cada un deles.  

O primeiro premio para os alumnos a partir de 3º da ESO foi para o grupo Con Sentidiño, un dúo de hip hop composto por dúas rapazas que nesta ocasión foron as únicas que se atreveron cunha interpretación orixinal. Sheila Rodríguez e Alba Docampo alzaronse coa segunda e terceira posición. Todos eles recibiron os seus cheques, doados pola Asociación de Comerciantes de Ordes.

A cantante ordense Tania Veiras asinando autógrafos.

Xurado
A gala contou cun xurado composto por Mero, do dúo Mini e Mero; Xosé Bocixa, vocalista de Zënzar; Anxo Sánchez, baixista de Machina; Olga Raíces, profesora de Educación musical e soprano, así como Paula Castenda, da Banda de Música de Ordes. Tamén colaborou a cantante local Tania Veiras, que interpretou varios temas en directo e non se cansou de asinar autógrafos.

O vindeiro 31 de maio a partir das 21:00 horas a discoteca LP 45 acollerá unha gran gala aberta a todo o púbrico, na que finalistas e e premiados volverán a subirse ao escenario. Tamén se contará con sorpresas e actuacións, como a que ofrecerá Carlos Gende entre outros.

*

martes, 14 de mayo de 2013

'Operación Ordes' celebra a súa final este xoves


Participarán máis de cincuenta alumnos e alumnas que demostrarán as súas dotes musicais 

Este próximo xoves a partir das 11:00 horas o escenario da Casa da Cultura do Concello de Ordes acollerá a gran final do concurso musical ‘Operación Ordes’

Unha cita na que participarán un total de trece formacións musicais compostas por máis de 50 alumnos e alumnas entre os 8 e os 18 anos matriculados en centros de ensino englobados na circunscrición do IES Nº 1

Xurado
Todos eles deberán de dar o mellor de sí ante un xurado composto por profesionais do mundo da música como Mero, do dúo Mini e Mero e antigo integrante de Fuxan os Ventos; Xosé Bocixa, vocalista de Zënzar; Anxo Sánchez, baixista de grupos como Mamá Cabra ou Machina; Olga Raíces, soprano e profesora de Educación musical; e Paula Castenda, membro da Banda de Música de Ordes e do grupo Axóuxeres. 

Ademais a televisiva Tania Veiras estará presente na clausura do acto, previsto para as 13.30 horas, interpretando en directo un par de temas.

Tanto os gañadores da primeira categoría, de primaria a 2º da ESO, como os da segunda, de 3º da ESO en adiante, recibirán de premio un cheque regalo doado pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) de 200, 100 e 50 euros respectivamente. 

*

sábado, 20 de octubre de 2012

Castro: "O BNG está do lado dos traballadores e fronte a esas minorías que pretenden que paguemos a crise"

De esq.a der. Pablo Vidal, María Xosé Bravo, Gonzalo Castro, Paula Castenda e Gonzalo Veiras. 

Pablo Vidal: "Feijóo dixo que remataría coa crise en 45 días e hoxe, o noso país ten 113.000 parados máis" 

María Xosé Bravo reclama "máis democracia, máis traballo e máis soberanía" da mán do BNG

O BNG celebrou a pasada noite ante algo máis dun cento de veciños o seu mitin central electoral no restaurante O Túnel de Ordes. O encontro deu comezo coa intervención de Paula Castenda, do BNG de Ordes, quen centrou a súas palabras en amosar a necesidade dun “cambio de políticas e non de políticos” e de apoio ao emprego da mocidade. “Os mozos e mozas galegos e galegas se merecen un traballo digno e un futuro mellor”, expresou. 

Paula Castenda, do BNG de Ordes, reclamou máis políticas a favor do emprego da mocidade. 

"Revelémonos fronte á dereita"
“Cada día, setenta mozos e mozas abandonan este país”, denunciaba Castenda. “Vos pido que nos revelemos fronte á dereita e contra os poderes económicos”, decía. “Galiza necesita un cambio real e iso pasa polo BNG”, concluiu.

Podes ver o vídeo do mitin premando baixo estas liñas:

Pola súa parte, Gonzalo Veiras, do BNG de Ordes, denunciaba a “barbaridade” que resulta que cada vez máis xente nova abandona o seu fogar no noso país para buscar un futuro mellor noutros países. “Isto non poder seguir así, e dende o BNG imos frear esta sangría de xente nova que ten marchar fora do noso país”.

Pablo Vidal, responsable da campaña do BNG, durante a súa intervención.

"Mentiras de Feijoó"
Pablo Vidal, responsable da campaña local do BNG en Ordes expuso as “mentiras” do Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia. “Solo Núñez Feijóo ten 46 asesores que lle custa aos galegos e galegas 2,3 millóns de euros cada ano”, asegurou. “Feijóo dixo que acabaría coa crise en 45 días; hoxe, Galiza ten 113.000 parados máis”, denunciou Vidal.    

Gonzalo Castro denunciou que o Goberno de Feijóo e o PP "non entenden á xente". 

"Feijóo e Rajoy viven no mundo dos yuppies"
Chegado o turno do portavoz municipal, Gonzalo Castro, as críticas ascentuáronse na labor do Goberno do Partido Popular durante os últimos tres ano e medio. “É un Goberno que non entende á xente, non viven na realidade; Feijóo e Rajoy viven, non nos mundos de Yupi, senón no mundo dos yuppies que son os únicos aos que defenden”, afirmou. 


Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, onte durante a súa exposición.

“O BNG está do lado dos traballadores, e está fronte a esas minorías que nos queren facer pagar as consecuencias da crise: unha crise que non causamos nós, senón o gran poder financeiro”, concluiu Castro.


María Xosé Bravo, concelleira do BNG na Coruña, afirmou que "o BNG ten demostrado que está coa xente".

"Máis soberanía para Galiza"
Finalmente, María Xosé Bravo, concelleira do BNG na Coruña, expuso a necesidade dunha "maior soberanía para Galiza” e a necesidade de “crer máis no noso país” e na súa riqueza agraria, pesqueira e industrial. Asegurou que o BNG é a única forza que non ten máis compromisos fora dos galegos e galegas “e nón coma o PP, PSOE ou Izquierda Unida que teñen que mirar e consultar en Madrid o que lles convén”. 

A concelleira afirmou que “o BNG ten demostrado que sempre estivo nas rúas coa xente, nas tratoradas, nas folgas xerais, nas manifestacións estudiantís”. Finalmente rematou a súa intervención pedindo o voto para o BNG como “forza alternativa asentada en tres pilares fundamentais: máis democracia, máis traballo e máis soberanía”.

*

viernes, 13 de abril de 2012

Pablo Vidal: "O BNG é unha alternativa seria e honesta para gobernar Ordes"

Pablo Vidal, responsable local do BNG de Ordes.
O BNG de Ordes confía a súa nova dirección en Pablo Vidal, de 26 anos, veciño da vila de Ordes e arquitecto técnico

O Bloque Nacionalista Galego de Ordes renovou a dirección local nunha asamblea na que se respaldou por unanimidade a candidatura ao Consello Local encabezada por Pablo Vidal Ríos, un xovén arquitecto técnico, de 26 anos, veciño da vila de Ordes, que a pesar da súa xuventude leva unha contrastada traxectoria dentro do nacionalismo, no que ten desempeñado importantes responsabilidades en Galiza Nova, organización xuvenil do BNG.

No novo Consello local, destaca tamén a presenza da concelleira Montserrat Rei, que ocupará a vicerresponsabilidade local, e do portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro.

Nova dirección
Xunto a eles figuran nesta nova dirección local, renovada nun cincuenta por cento  dos seus membros, as seguintes persoas: Gonzalo Veiras Carneiro, Oscar Martinez Iglesias, Paula Castenda Blanco, Ramiro Recouso Liste, Avelino Candal Fariña, José Antonio Raña Regueira, Lino Gaudeoso Vázquez e Gonzalo Álvarez Prado.

Na súa primeira intervención como novo responsable local, Pablo Vidal afirmou que o obxectivo do BNG de Ordes para os próximos anos pasa por «reforzar a alternativa de goberno que representa o BNG en Ordes, unha alternativa seria e honesta para gobernar Ordes e sacalo do atraso ao que o teñen condeado as políticas dos sucesivos gobernos da dereita”.


Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, e Montserrat Rei, a súa vicerresponsable local.
As frases de Pablo Vidal, responsable local do BNG de Ordes
“Se algo caracteriza o proxecto do BNG para Ordes é o seu futuro, como o atestigua a media de idade da súa dirección, de 34 anos, o claro exemplo de que existe unha opción de futuro para gobernar Ordes con ideas novas, desprazando a gobernantes que levan máis de vinte anos gobernando o noso concello. Ordes precisa aire fresco, e iso é o que representa o BNG”

"As liñas de traballo da nova dirección do BNG de Ordes buscarán reforzar a actuación do BNG na sociedade, así como intensificar a comunicación cos veciños do noso concello"


*

sábado, 15 de enero de 2011

Castro encabezará unha lista na que Montse Rey será número 2 e Recouso o 3

María Xosé Raña abandona a corporación pechando as listas no posto de honra

Castro: “Chegou a hora dun cambio real en Ordes, un cambio que liderará o BNG”

A asamblea do BNG de Ordes ven de aprobar por unanimidade  a candidatura ás vindeiras eleccións municipais que encabezará o actual portavoz municipal, Gonzalo Castro.

A candidatura inclue ás seguintes persoas:

1. Gonzalo Castro. Avogado, portavoz municipal do BNG de Ordes.

2. Montse Rey Patiño. Licenciada en Química, presidenta de Adega Ordes.

3. Ramiro Recouso. Empresario, actual concelleiro do BNG en Ordes.

4. Pablo Vidal Ríos. Arquitecto técnico, membro de Galiza Nova.

5. Rosa Neira Noy. Membro do comité de empresa de Viriato, S.A.

6. José Antonio Raña, de Buscás.

7. Lino Gaudeoso, de Vilamaior.

8. Mónica Pedreira, de Ardemil.

9. Paula Costa, de Mercurín

10. Gonzalo Álvarez Prado, de Poulo.

11. Oscar Martínez, de Parada.

12. Paula Castenda, de Ordes.

13. Gonzalo Veiras, de Ordes.

14. Carlos García, de Lesta.

15.  Pilar Rivera, de Ordes.

16. Manuel Veiras, de Pereira.

17. María Xosé Raña, de Barbeiros e actual concelleira do BNG de Ordes.

As frases de Gonzalo Castro, candidato á alcaldía de Ordes polo BNG

“chegou a hora dun cambio real en Ordes, un cambio que liderará o BNG”.

"A creación de emprego, o saneamento económico do Concello e a participación dos veciños e veciñas na xestión municipal, son os tres principais obxectivos do próximo goberno municipal do BNG”.

“Síntome moi satisfeito por poder contar cun equipo tan capacitado, unido e ilusionado para cambiar Ordes”

"Emprazo a todos os membros da candidatura e da asamblea local a traballar intensamente, con cercanía e humildade, para lograr o vindeiro mes de maio o verdadeiro cambio que os veciños e veciñas de Ordes levan esperando desde hai moitos anos”

*