Foto de familia de todos os premiados na IV Gala do Deporte da Mancomunidade de Municipios de Ordes. |
A discoteca LP 45 de Ordes quedou pequena para acoller ao máis de catrocentos veciños e veciñas que participaron na noite de onte venres na cuarta edición da Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes. Unha gala na que se entregaron as distincións aos 35 deportistas e entidades deportivas máis destacados no ano 2010 nos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
Á gala asistiron todos os alcaldes que integran a Mancomunidade de Ordes: José García (Cerceda), Miguel Prado (Frades), Mariano Iglesias (Mesía), Manuel Regos (Ordes), Manuel Mirás (Oroso), Antonio Pereiro (Tordoia) e Xosé Dafonte (Trazo).
Premiados de Cerceda. |
CONCELLO DE CERCEDA
1º PREMIO-INÉS BARBEITO GENDE
2º PREMIO-RODRIGO PARAFITA BESTILLEIRO
3º PREMIO-EQUIPO VETERANO FEMININO DE ATLETISMO
PROMESA-SARA GENDE RODRÍGUEZ
RECOÑECEMENTO ESPECIAL-JOSÉ MANUEL GARCÍA BERMÚDEZ
Premiados de Frades. |
1º PREMIO-EQUIPO INFANTIL DE FÚTBOL SALA EDM FRADES 2010-2011
2º PREMIO-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE PATINAXE
3º PREMIO-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE JUDO
PROMESA-RUBÉN SÓÑORA DOPAZO
RECOÑECEMENTO ESPECIAL-TELMO JOSÉ GÓMEZ PÉREZ
Premiados de Mesía. |
1º PREMIO-ACTIVIDADES FÍSICAS PARA A 3ª IDADE
2º PREMIO-ACTIVIDADES FÍSICAS PARA ADULTOS
3º PREMIO-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
PROMESA-TERAPIA PSICOMOTRIZ
RECOÑECEMENTO ESPECIAL-JESUSA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
Premiados de Ordes. |
1º PREMIO-AC ORDES SENIOR
2º PREMIO-DAVID SANTOS DOMÍNGUEZ
3º PREMIO-XUVENÍS S.D. ORDES
PROMESA-CLUB COUTO JOGAFÁN ORDES F. SALA
RECOÑECEMENTO ESPECIAL-ROBERTO FAYA CERQUEIRO
Premiados de Oroso. |
1º PREMIO-SILVIA ÁLVAREZ MOSQUERA
2º PREMIO-DANIEL RAMA VILLAVERDE
3º PREMIO-MARTÍN PENA VARELA
PROMESA-ALBERTO VIEITES CORES
RECOÑECEMENTO ESPECIAL-JORGE RICO DOMÍNGUEZ
Premiados de Tordoia. |
1º PREMIO-MARTÍN LISTE VIAÑO
2º PREMIO-MARÍA PALLAS OTERO
3º PREMIO-FÁTIMA BALEATO RAMA
PROMESA-MARTA E JACOBO ROSENDE GONZÁLEZ
RECOÑECEMENTO ESPECIAL-PEDRO PEREIRA SILVEIRA
Premiados de Trazo. |
1º PREMIO-MARIO RÍOS SÁNCHEZ
2º PREMIO-MANUEL DUBRA VÁZQUEZ
3º PREMIO-S. PATRICIO E SALCHICHÓN DE LEYMA
PROMESA-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS BENXAMÍNS
RECOÑECEMENTO ESPECIAL-JOSÉ A. BREA DOMÍNGUEZ (caza)
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Como anfitrión da gala, é un orgullo que Ordes acolla esta cita anual do deporte comarcal"
"É imposible premiar a todos os deportistas que o merecen, porque afortunadamente, temos moitos e moi destacados"
"Os investimentos en deportes nunca deben ser deixados en segundo plano porque expresan a calidade de vida da sociedade, que é polo que traballamos"
*