Mostrando entradas con la etiqueta José Lino Gómez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta José Lino Gómez. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de marzo de 2012

Pachi Vázquez conta co ordense Enrique Negueruela na súa nova Executiva

Socialistas ordenses participantes no 12º Congreso Nacional do PSdG-PSOE celebrado onte en Santiago.
É experto en mercados laborais e ocupará a secretaría de Economía do PSdG-PSOE

O pasado 12º Congreso Nacional do PSdG-PSOE celebrado onte en Santiago de Compostela e que rematou coa victoria de Pachi Vázquez contou cunha nutrida representación ordense entre os que se encontraban, entre outros, o secretario xeral da Agrupación local, Xesús Pedreira, e os afiliados Carmen Fernández Reboredo, Javier Gómez García, Carlos Souto Figueira, José Lino Gómez, Carlos Pérez Casas, Miriam Carballo e Antonio Morán. Ademais, a nova Executiva socialista de Pachi Vázquez conta xa cun ordense, Enrique Negueruela, á fronte da secretaría de Economía do PSdG-PSOE.

Experto en traballo
Negueruela traballa na oficina do INEM de Ordes, e é experto en mercados laborais. Foi técnico de emprego en Comisión Obreiras e posteriormente asesor de Ricardo Varela durante a súa etapa como conselleiro de Traballo na Xunta de Galicia.

*

domingo, 19 de febrero de 2012

Os socialistas de Ordes levan a Pedreira, Carmen Fernández e Lino Gómez ao congreso de Santiago



A Agrupación local celebrou a pasada noite un cocido de Entroido con cerca dun centenar de convidados


O congreso do PSdG-PSOE terá lugar na capital de Galicia entre o 9 e o 11 de marzo

Os socialistas de Ordes celebraron esta noite o seu cocido de Entroido nun clima de gran fraternidade. Organizado pola Agrupación local do PSdG-PSOE de Ordes, a cea acolleu finalmente a perto dun centenar de persoas, entre dirixentes, afiliados e simpatizantes. Entre todos eles, o exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o presidente provincial do PSdG-PSOE e expresidente da Deputación de Coruña, Salvador Fernández Moreda, así como os secretarios de Organización dos socialistas galegos, Pablo García, e dos socialistas coruñeses, Emilio Rodríguez.

Momento da intervención do exministro de Xustiza, o ceense Francisco Caamaño.
Tamén o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias Castro e o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, compartiron mesa no restaurante El Túnel. Como anfitrión exerceu o secretario da Agrupación local e concelleiro en Ordes, Xesús Pedreira Mirás.


O secretario xeral dos socialistas de Ordes, Xesús Pedreira, agradecendo aos convidados a súa presenza.
Congreso do PSdG-PSOE
O encontro de fraternidade serviu tamén para dar a coñecer a todos os presentes os nomes dos delegados escollidos pola Agrupación local do PSdG-PSOE de Ordes para asistir ao congreso galego do partido que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 9 e o 11 de marzo próximo. Os socialistas de Ordes estarán representados por José Lino Gómez, Carmen Fernández e Xesús Pedreira. Tamén acudirán como observadores convidados Antonio Morán, Míriam Carballo, Carlos Pérez, Javier García e Carlos Souto.

*