sábado, 30 de abril de 2011

Problemas hoxe coa auga corrente

Aspecto da cor da auga corrente durante o día de hoxe nun fogar ordense.
A auga sae marrón por dous motivos: un desprendimento de terra e un consumo masivo de auga

Segundo declaracións do edil de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, pese a este color, a auga é "totalmente potable"

A empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga de Ordes, Espina y Delfín, quixo pedir disculpas a todos os usuarios do servizo pola calidade da auga que están a recibir durante o día de hoxe.

Responsables da empresa explicaron que o problema vén dado por dúas circunstancias que se deron onte no municipio, como foi a tormenta caída durante a tarde que provocou un maior desprendimento de terra sobre o río no que se capta a auga, que supuxo que a ETAP non puidese depurar ao 100%; e por outra banda, a masiva afluencia de xente a Ordes con motivo da celebración da IV Gala contra o Cancro que supuxo que o consumo de auga fose moi superior ao habitual.

Disculpas de Espina y Delfín
Estas cuestións foron as que provocaron que a auga aparecese con certa cor marrón e polo que dende a empresa queren pedir disculpas a todos os veciños e veciñas de Ordes.

Ademais engadiron que dende onte pola noite se está traballando nesta cuestión, agardando que nas próximas horas poida estar o problema solucionado e esperando que non se volva a repetir.

A Copa do Mundo é nosa!


Ordes tolea coa chegada da Copa da FIFA gañada pola Selección Española de fútbol

Podes ver o vídeo facendo clic baixo estas liñas

Falece a nai de Manuel Mirás, alcalde de Oroso

Orixinaria de Santa Cruz de Montaos, será enterrada mañá na súa parroquia a partires das 19:30 horas

O velorio pola nai de Manuel Mirás, alcalde do concello veciño de Oroso terá lugar esta tarde e mañán pola mañán no tanatorio de O Balado. O funeral terá lugar mañá domingo 1 de maio a partires das 19:30 horas na igrexa de Santa Cruz de Montaos.

*

O PP buscará "novos usos" á ampliación da Casa do Concello

Os membros da candidatura do Partido Popular no Concello de Ordes para a lexislatura 2011-2015.
Sanjurjo: "O que Ordes necesita é un centro de día, unha gardería pública e unha casa da xuventude"

O Partido Popular considera que o Concello de Ordes ten espazo suficiente na Casa Consistorial de sempre, polo que, despois las eleccións municipais do vindeiro 22 de maio, buscará novos usos, máis acordes coas necesidades dos veciños.

“O que Ordes necesita realmente é un centro de día, unha nova gardería pública e unha casa da xuventude”, afirma o candidato, José Luis Martínez Sanjurjo, que entende que a corporación e a administración local dispoñen de despachos abondo na actual Casa Consistorial.

Débeda de 1.500 millóns de pesetas
Nun nomento no que o Concello de Ordes acumula unha débeda de nove millóns de euros (1.500 millóns das antigas pesetas, a razón de 115.000 ptas. por veciño), o Partido Popular non comparte a necesidade do novo edificio para o Concello, por entender que a prioridade pasa por atender outros servizos básicos como o acondicionamento de rúas e estradas, servizos sociais ou emprego dos que o Executivo local se desentendeu durante a lexislatura que agora remata.

“Mentres que prioridade do actual Goberno se centrou en construir despachos de luxo para o alcalde e os concelleiros, o futuro Executivo do Partido Popular centrarase en escoitar e arranxar os problemas que de verdade preocupan aos veciños”, asevera Martínez Sanjurjo.

*

Galería de fotos IV Gala contra o Cancro

Aymerich acompañará a Castro na presentación do seu programa de goberno

Astray: "El BNG tendrá la participación en Radio Ordes que la ley le conceda"

Manuel Astray, edil de Comunicación de Ordes.
El edil de Comunicación asegura que a Castro solo le queda debatir con el socialista Xesús Pedreira

Ante las acusaciones y críticas vertidas por los concejales del BNG, en relación a una moción que presentaron en el último pleno sobre la celebración de debates electorales en Radio Ordes, que fue rechazada por el grupo de gobierno, el edil de Comunicación y responsable de la radio municipal, Manuel Astray explicó que la Ley Electoral y las instrucciones de las Juntas Electorales que la interpretan fijan como principio ineludible a que se deben someter dichos debates el de la “proporcionalidad, que quiere decir que el tiempo concedido a cada candidatura será proporcional a los resultados obtenidos en las últimas elecciones municipales”.

Cuestión que según explicó Astray, “respalda el criterio mantenido por el grupo de gobierno en el pasado pleno, en el sentido de que la proposición del candidato del BNG, Gonzalo Castro, dejaba sin posibilidad de participación a la candidatura Cidadáns de Galicia, que se presenta por primera vez en Ordes”, razón por la que no se admitió la referida propuesta del BNG que excluiría de dichos debates a una de las candidaturas que concurren a las próximas elecciones municipales.

Cuarta fuerza política
Astray explicó también que lo que sí contempla la legislación electoral es la posibilidad de emitir un debate entre las dos fuerzas que obtuvieron mayor número de votos en las últimas elecciones municipales, y otro debate entre las restantes que hayan obtenido representación. “El candidato del BNG se olvida de que ahora mismo sólo son la cuarta fuerza política en el ayuntamiento, por lo que habría que realizar un primer debate entre Manuel Regos (UXO), como primeira fuerza local, y José Luis Martínez Sanjurjo (PP), como segunda fuerza, aunque hay que recordar que este último ya renunció a participar en anteriores debates como el recientemente celebrado sobre la Ley de Aguas” explicó el edil.

Prosiguió Astray en que, “al candidato del BNG Gonzalo Castro sólo le quedaría la posibilidad de debatir con Jesús Pedreira, candidato del PSOE y quedamos a la espera de saber si ambos candidatos solicitan dicho debate”.

El concejal de Comunicación, Manuel Astray, lamentó además “la ignorancia del candidato del BNG Gonzalo Castro, no sólo sobre la legislación electoral, sino también sobre toda la legislación administrativa local, como se puso de manifiesto en dicho pleno al proponer la barbaridad jurídica de que en las comisiones informativas, órgano fundamental, de obligada existencia y preceptivo informe, no se debería ni votar, por lo que tuvo que ser inmediatamente corregido por el secretario del Ayuntamiento”, dijo Astray.

La frase de Manuel Astray, concejal de Comunicación de Ordes
“El BNG gozará de todos los minutos de participación en Radio Ordes que le concede la Ley como la cuarta fuerza política que es en el Ayuntamiento”

*

Unha ducia de novos manipuladores de alimentos


O Concello impulsou a educación na saubridade alimentaria 

O Concello de Ordes celebrou o pasado xoves un novo curso de manipulador de alimentos. Un curso que tivo lugar nunha das aulas de formación do novo Punto de Encontro de Ordes e no que participaron unha ducia de persoas.

Obrigatorio na industria alimentaria
O curso consistiu nunha charla informativa de tres horas presenciais na que se trataron aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a cumprir na industria alimentaria.

Trátase dun curso obrigatorio para todas aquelas persoas que traballen no sector da industria alimentaria: panadeiros, camareiros, cociñeros, dependentes de conxelados, charcuterías, personal de supermercados, repartidores, traballadores de queixerías, personal de guarderías, comedores de colexios, personal de residencia de anciáns, e outros.

*

viernes, 29 de abril de 2011

Sanjurjo: "Co PP na Alcaldía de Ordes, non se volverán a derrochar os impostos en obras inútiles"

O candidato popular á alcaldía, José Luis Martínez Sanjurjo, nun momento da súa intervención.

Os populares consideran "esgotado, dividido e descoordinado" o actual goberno municipal

Martínez Sanjurjo promete un centro de día e unha nova gardería municipal

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou hoxe a “nova xeración” de políticos que conforma a candidatura popular no Concello de Ordes e púxoa como exemplo da renovación que, ao seu entender, pide e necesita a sociedade galega e española.

Podes ver o vídeo da presentación facendo clic baixo estas liñas:



Durante a presentación a cargo de Diego Calvo do equipo que concorrerá ás eleccións do próximo 22 de maio polo PP de Ordes, Feijóo enfatizou non só a xuventude do candidato á Alcaldía, José Luis Martínez Sanjurjo, senón tamén o feito de que a idade media da lista popular sexa de tan só 35 anos; e felicitou á formación local porque, segundo dixo, supón un paso máis dentro do compromiso de renovación que el mesmo adquiriu cando asumiu a Presidencia do partido, en xaneiro de 2006.

Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular de Galicia.
“Dar paso a esta nova xeración é a única alternativa a catro anos de parálise en Ordes”, insistiu, e contrapuxo o proxecto “ilusionante” do PP co “esgotamento, división e descoordinación” do actual goberno municipal. De xeito máis concreto, lamentou que os veciños de Ordes “sufran dobremente o mal dos bipartitos, cun cuadripartito” e engadiu que “as absurdas perdas de tempo e de diñeiro que proporcionan estas alianzas postelectorais non resolven ningún problema dos cidadáns, senón que xeran problemas novos”.

“Nun momento coma este os concellos non precisan de alcaldes que non soportan o seu tenente de alcalde, senón que precisan de alcaldes que cooperen e presten mellores servizos ós seus veciños”, destacou. En consecuencia, ofreceu ós veciños de Ordes un “camiño distinto” ó dos últimos catro anos, que consiste en estender o “novo comezo” que supoñen estas eleccións para o Partido Popular de Ordes e convertelo tamén nun inicio doutra forma de facer política no Concello.

A discoteca Elepé 45 acolleu a unhas 600 persoas durante o mitin dos populares.
Austeridade, rigor e responsabilidade
Neste senso, considerou que os votantes teñen a opción de elixir entre un goberno que “deixa como única herdanza un concello endebedado” ou outro do PP que “ofrece austeridade, rigor e responsabilidade para xestionar os recursos públicos”. “En 2009, Galicia enteira afrontou unha elección semellante, e escolleu o Partido Popular”, dixo a modo de comparación, e concluíu que os veciños de Ordes apostarán maioritariamente por un goberno popular, do mesmo xeito que fixeron os galegos nas pasadas autonómicas.

Núñez Feijóo asegurou que a maioría das grandes obras acometidas en Ordes na última lexislatura municipal foron posibles grazas á actual Xunta de Galicia, como as variantes sur –xa rematada— e norte –en execución—, a mellora da rede de saneamento e abastecemento en varios núcleos rurais ou a reforma e ampliación da Casa do Concello.

A coñecida discoteca ordense tivo un cheo absoluto na presentación da candidatura popular.
Centro de día
Pola súa banda, o candidado do Partido Popular á Alcaldía de Ordes, José Luis Martínez, aproveitou a preseza de Feijóo para adiantar que se os veciños o elixen alcalde pedirá á Xunta a cesión ou reversión do Centro Comarcal, situado nas aforas da vila, para instalar nel un centro de día no que podan recibir asistencia persoas maiores e dependentes.

En materia de equipamentos, Martínez adiantou tamén a súa intención de xestionar a construción dunha segunda gardería pública para Ordes. “Unha escola infantil situada na propia vila, para facilitar o acceso de todas as familias que o precisen a este servizo esencial”, aseverou.

Aspecto do cheo absoluto na sala central da discoteca Elepé 45.
Sentido común e austeridade
Así mesmo, Martínez Sanjurjo avanzou que se o 22-M acada a maioría necesaria, conformará un Goberno local “baseado no sentido común, no bo facer e na austeridade”, polo que co PP na Alcaldía, “Ordes non volverá derrochar os impostos dos veciños en grandes obras inútiles, como a ampliación da Alameda, un búnquer de luxo para o Concello, ou cadeiras de centos de euros para a zona VIP do campo de fútbol”.

*

jueves, 28 de abril de 2011

Nova sesión de contos e lendas

A Biblioteca Municipal acolle mañá venres ás 18:30 horas unha nova cita cos libros

Como vén sendo habitual o derradeiro venres de cada mes, un contacontos se achegará ata a biblioteca ordense para achegar aos nenos e nenas ao mundo dos libros e os contos, sendo nesta ocasión o conto titulado “O verme Pepiño” o elixido para a narración.

Esta actividade dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos terá lugar a partir das 18:30 horas na Biblioteca Municipal.

*

Recouso: "Os debates electorais na radio durante a campaña son legais"

O responsable do BNG de Ordes, Ramiro Recouso.
Os nacionalistas confían en que despois de resolver esta "dúbida legal", o alcalde acceda a celebrar dous debates en Radio Ordes 

O responsable local do BNG de Ordes, Ramiro Recouso declarou onte que “ao contrario do manifestado polo alcalde no pleno municipal celebrado este martes, a realización de debates na Radio Municipal é totalmente legal e está amparada tanto pola lei electoral como polas instruccións da xunta electoral”

O nacionalista esgrimiu que a Instrucción 4/2011, da Xunta Electoral Central, de 24 de marzo de 2011, regula a realización de debates polos medios públicos, posibilidade contemplada na lexislación electoral.

En concreto, Recouso afirmou que a Instrucción da XEC contempla a posibilidade de que “os medios públicos incluan debates, entrevistas e programas específicos de naturaleza electoral durante a campaña”.

Debate público
Ramiro Recouso afirmou que “unha vez resolta esta dúbida legal, que era a única razón que alegou o alcalde para rexeitar a realización dos debates, agardamos que o alcalde acepte a proposta do BNG para a organización de dous debates durante a campaña electoral, xa que consideramos que os veciños e veciñas de Ordes teñen dereito a estar informados, e que mellor para conseguir este obxectivo que confrontar os diferentes proxectos políticos nun debate público”.

Finalmente, Recouso anunciou que o candidato do BNG á alcaldía, Gonzalo Castro, “participará en todos os debates que se organicen, para explicar aos veciños e veciñas de Ordes o proxecto de goberno" que ten o BNG para Ordes.

*

Organizan unha adaina por etapas dende Santiago a Fisterra

A pedra de abalar, en Muxía.
Podes inscribirte no departamento de Educación e Mocidade do Concello (Telf. 981 680002)

O Concello de Ordes, a través das concellerías de Educación e de Medio Ambiente organizan, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº 1, unha nova andaina por etapas na que se percorrerá o Camiño Fisterra-Muxía.

O proxecto levarase a cabo, un ano máis, dentro do Programa de Sendeirismo "Os Camiños de Santiago en Galicia" co que xa se levan percorrido en anos anteriores os Camiños Inglés e Francés. A ruta xacobea elexida para o 2011 ten a súa orixe na cidade de Santiago e a súa meta no cabo Fisterra e o Santuario da Virxe da Barca.

O camiño farase en seis etapas que darán comenzo o día 7 de maio en Santiago de Compostela e rematarán o 11 de xuño en Muxía, celebrándose todas nas xornadas dos sábados. O inicio de cada tramo será o punto de chegada do anterior, facéndose a viaxe de ida e volta en autobús.

Inscripcións no Concello
Todos aqueles que estean interesados en participar poderán inscribirse ata o xoves anterior ao día da etapa elexida, no departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, onde tamén poderán recibir máis información, así como chamando ao teléfono 981680002.

*

O Concello recollerá o cartón dos comercios

Os establecimentos participantes serán informados nos próximos días 

As concellerías de Medio Ambiente e Comercio e Industria do Concello de Ordes puxeron en marcha un sistema municipal de recollida porta a porta de cartón comercial dirixido aos establecementos situados nas zonas de maior concentración comercial do centro da vila.

Os comercios incluidos nesta inciativa serán informados nos próximos días por persoal do área de medio ambiente do concello e da empresa concesionaria da recollida de residuos urbanos na localidade, das condicións nas que se llevará a cabo a prestación do servicio. Tamén o departamento municipal de medio ambiente atenderá e resolverá calquera dúbida que haxa ó respecto desta iniciativa chamando ó 981 680002 ou na Casa Consistorial no segundo andar.

Imaxe negativa
Eliminar a imaxe negativa que presentan os colectores desbordados por grandes cantidades de cartón, así como a dos propios comercios e o seu entorno, encóntrase entre os fins que se perseguen coa posta en marcha deste novo servicio as dúas concellerías implicadas. A experiencia demostra que o comercio tradicional permite recuperar grandes cantidades de cartón para o seu reciclado, reducindo o seu impacto ambiental e as emisións de gases de efecto invernadeiro, o que contribúe á loita contra o cambio climático.

Outra consecuencia inmediata é que aumentará a capacidade dispoñible nos colectores azuis, o que permitirá tamén unha maior recuperación do papel e cartón que xenera a cidadanía polo uso doméstico.

Os beneficios serán tamén extensibles aos colectores ordinarios de residuos sólidos urbanos (RSU) que tamén verán disminuir o seu contido. Neste caso, co agravante que supoñía a imposibilidade de reciclado de todo o material que se deposita nos mesmos.

Recuperación do material
Os ediles promotores da iniciativa, Xesús Pedreira e Xosé Manuel Tobío, concelleiros de Medio Ambiente e Industria e Comercio, respectivamente, coinciden en que "a recollida selectiva específica do cartón xerado nos establecimentos comerciais, nas zonas de densidade comercial, ademáis do beneficio ambiental directo que supón a recuperación do material, ten aspectos positivos para o servicio público de limpeza viaria e o de recollida de papel-cartón en colector, mellorando a eficiencia de ambos servicios e, sobre todo, permite mellorar a imaxe das rúas comerciais. Esta iniciativa aportará notables melloras, tanto á cidadanía como ao propio comercio".

*

La recaudación de la Gala contra el Cáncer irá integramente a la lucha contra el cáncer


Ordes acogió esta mañana la presentación de la IV Gala contra el Cáncer Panorama en concierto

La sala de conferencias del Punto de Encontro de Ordes acogió esta mañana la presentación de la IV Gala contra el Cáncer Panorama, que tendrá lugar mañana viernes a partir de las 23:00 horas en el Campo da Feira ordense.

En el acto, el alcalde Manuel Regos hizo hincapié en el carácter benéfico de la gala, ya que, tal y como explicó, “con lo que se recaude en esta gala se podrá hacer un gran trabajo en el campo de la lucha contra el cáncer, motivo por el que animo a todos los asistentes a que participen y colaboren con la compra de camisetas y cedés, ya que la recaudación irá a parar a la Asociación Española Contra el Cáncer”.

Además el primer edil, mostró su satisfacción porque Ordes haya sido ya el escenario de cuatro ediciones de esta gala, esperando que la que mañana se celebra cuente con el mismo éxito de las anteriores.

Iniciativas con enfermos y familiares
Por su parte la presidenta de la Asociación Española de la Lucha contra el Cáncer en la provincia de Pontevedra, María José Crespo quiso agradecer una vez más, tanto al Concello como a la Orquesta Panorama, la celebración de esta gala, cuya recaudación aseguró, servirá para llevar a cabo diferentes iniciativas tanto con enfermos como con familiares, así como en el campo de la investigación contra el cáncer.

En representación de la Orquesta Panorama, su lider Lito Garrido, agradeció a Manuel Regos todo el esfuerzo realizado para la celebración de esta gala, así como de las ediciones anteriores, consiguiendo que fuesen todo un éxito, y animó también a los asistentes a que colaboren con la causa a través de la compra de camisetas, cedés y deuvedés que estarán a su disposición durante el concierto.

Además también insistió en los grandes artistas que participarán este año en la gala, artistas de renombre a nivel nacional e internacional como Carlinhos Brown, Malú, Merche, Pintingo, Ana Torroja, Melocos, Cherito, Robert Ramírez y La Guardia, a los que se sumará en representación de Galicia, el humor de las Cantareiras de Ardebullo, y todo ello presentado por el presentador del programa Land Rober de la TVG, Roberto Vilar.

Dispositivo de seguridad y cortes de tráfico
Por otra parte, tal y como explicó el alcalde, la gala contará con un amplio dispositivo de seguridad en el que participarán más de un centenar de personas entre personal de seguridad privada, Policía Local, Guardia Civil, Protección Civil, Bomberos, Axencia Galega de Emerxencias (Axega) y Cruz Roja. La zona estará además videovigilada por un camión- puesto de mando avanzado de Axega.

Como medidas de seguridad estará prohibida la entrada al recinto con vasos, botellas de cristal o cualquier objeto que se pueda considerar peligroso. En cuanto a los cortes de tráfico desde hoy ya está cortada la rúa da Feira, y mañana a partir de las diez de la mañana se cortará al tráfico la rúa Compostela desde el cruce con la rúa do Mercado, y la rúa do Muíño, lugares donde estará también prohibido estacionar. Además durante el concierto también permanecerán cortadas la rúa da Canteira, la rúa das Campeiras y la rúa Alfonso Lesta.

Se recomienda a los autobuses que dejen a sus pasajeros en el centro del municipio y estacionen en la zona del polígono, o bien en la zona de la piscina climatizada. Se indicarán zonas de aparcamiento.

*

A Copa do Mundo chega este sábado a Ordes

Iniesta iza en Sudáfrica a Copa do Mundo da FIFA que este sábado estará en Ordes.
Poderá ser visitada en horario de 11:00 a 21:00 horas nas novas dependencias da Casa do Concello

Ordes é un dos municipios privilexiados que contará coa visita da Copa do Mundo da UEFA para poder ser admirada tanto por veciños como por visitantes.

Será o vindeiro sábado 30 de abril cando os ordenses recibirán no seu municipio este trofeo conseguido pola Selección Española de Fútbol no Mundial de Sudáfrica celebrado o pasado verán. Todos aqueles que queiran visitar a Copa poderán facelo en horario de 11:00 a 21:00 horas nas novas dependencias da Casa do Concello (novo edificio do Concello situado detrás do actual).

*

CideGa resume o seu programa en: Austeridade, transparencia, participación cidadá, creación de emprego e política social

A candidatura de Cidadáns de Galicia (CideGa) polo concello de Ordes.
Cidadáns de Galicia fai público o seu programa electoral

A formación Cidadáns de Galicia (CideGa), que concurre por vez primeira nas eleccións locais no concello de Ordes fixo hoxe público o seu programa electoral. Baixo o lema de "Porque somos cidadáns coma ti", a forza encabezada por Ana María Álvarez vertebra en sete aspectos o seu ideario político para esta convocatoria electoral.

1. Emprego, empresa e comercio.
- Creación de centros de formación continua.
- Favorecer o asentamento de novas empresas no Concello.
- Creación dun departamento específico de empresa e comercio que aborde os problemas destes sectores, garantindo unha comunicación continua co empresariado, comerciantes e asociacións.
- Creación dunha comisión municipal-empresarial para a resolución das deficiencias actuais do polígono empresarial, así coma para analizar a xestión e posta en marcha do novo poligono industrial.
- Potenciación de productos típicos da zona mediante a existencia dun mercado na praza de abastos, así coma fomentar a comercialización doutros de carácter gastronómico e cultural.
- Fomento da asociación do textil e demais gremios de interese.

2. Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
- Prioridade a que o PXOM estea en vixencia no menor plazo posible, pois é o instrumento que vertebrará o municipio nos vindeiros anos.
- Modificación axustada e severa das indicacións e variacións que expoña a Administración ó proxecto do PXOM presentado.
- Presentación pública do PXOM antes de dar comezo ó periodo de alegacións.
- Exposición pública do PXOM o maior tempo posible que permita a legislación.
- Habilitación dunha oficina específica para a exposición do PXOM e redacción das alegacións a este.
- Exposición pública en tódalas parroquias e redacción das alegacións.
- Rexistro de seguimento específico de cada unha das alegacións presentadas.

3. Servizos e equipamentos
- Acondicionamento e mellora das vias que forman o cordón circulatorio do pobo.
- Acondicionamento de zonas de aparcamento suficientes para as necesidades reais do pobo e revisión do actual sistema da ORA.
- Creación dun parque infantil cuberto adecuado as necesidades poblacionais actuais.
- Mellora e ampliación do alumeado público así como aumento da potencia eléctrica.
- Incremento no número de contedores de residuos urbanos e mediambientais.
- Actualización do rueiro municipal.

4. Medio Rural
- Impulso definitivo para rematar as concentracións parcelarias pendentes.
- Seguimento das necesidades reais das parroquias mediante os pedáneos (alcaldes de barrio), garantido mediante a obriga de emitir informes periódicos ó citado departamento.
- Acondicionamento e ampliación das vias rurais de primeiro e segundo orde.
- Posta en marcha dun Plan Integral de Infraestructuras e Equipamentos para dotar de auga e saneamento as parroquias.
- Limpeza, desbroce e acondicionamento de cunetas e antigos camiños rurais que ó paso do tempo conseguiu pechar.
- Construcción de balsas de captación de auga para tarefas contraincendios e usos agrícolas en tódalas parroquias.
- Acondicionamento de fontes, mananciais, cauces de auga , etc.
- Mantemento e creación de novos centros sociais.
- Ampliación da rede de tendido telefónico para o acceso a Internet.
- Remodelación completa da señalización das distintas aldeas e parroquias que conforman o noso municipio.
- Exposición permanente dos planos catastrais, normativa municipal, planos de exposicións e en xeral, todo tipo de información municipal nos centros parroquias.
- Fomento do uso dos centros parroquias mediante a realización de cursos, charlas, proxección de películas, actos culturais, etc.

5. Xestión municipal e económica
- Realización dunha auditoría externa e un estado de contas do Concello.
- Realización de orzamentos austeros e con control exhaustivo do gasto.
- Reducción da burocracia municipal, simplificando os tramites e promovendo a administración electrónica.
- Creación dun departamento de urbanismo dirixido por técnico urbanístico con poder de decisión e xestión, independentemente da existencia ou non da figura do concelleiro de urbanismo e obras.
- Garantir profesionalidade e dilixencia en tódalas xestións demandadas polos cidadáns.
- Descontos para xóvenes e maiores no uso das distintas instalacións e actos municipais.

6. Social e sanidade
- Fomento da participación cidadá e colectiva na xestión do devir municipal.
- Creación dun centro de día para os nosos maiores.
- Aumento do persoal de asistencia a domicilio para as necesidades de maiores e enfermos dependentes.
- Ampliación e mellora das instalacións do centro de saúde e aumento de persoal médico e de servizos.
- Potenciación e ampliación da carteira de servicios e aparataxe no centro de saúde.
- Apoio as familias e persoas en situación de carencias económicas e sociais graves, tales como nais e pais solteiras/os , os maltratados/os , familias numerosas, persoas con problemas de alcoholismo, drogodependentes, …
- Apoio os colectivos que traballan e velan polas persoas e familias mais desfavorecidas.
- Asesoramento e apoio á integración do colectivo inmigrante na sociedade ordense.
- Supresión de barreiras arquitectónicas e fomento de todo tipo de axudas persoais a maiores e discapacitados.
- Loita contra a droga, alcoholismo e sida.
- Creación dun local para a xuventude e unha ludoteca.

7. Educación, cultura e deporte
- Implicación directa cas APAS e cas direccións dos centros de ensino.
- Estudio, renovación e modernización de instalacións e equipamentos nos colexios e unitarias.
- Estudiar a posibilidade da ampliación de especialidades no Instituto de Formación Profesional.
- Apoio real as asociacións deportivas e culturais existentes.
- Apoio e proxección exterior da Banda, coros e grupos de música tradicional.
- Impulsar axudas por parte da Administración para a creación de talleres artísticos interdisciplinares para a infancia, xuventude e terceira idade.
- Potenciación do Museo do Traxe e do Museo Xoxardo, ca posta en marcha de actividades adicionais (Danza, talleres de pintura, etc..).
- Potenciación e mellora das escolas deportivas municipais.

*

miércoles, 27 de abril de 2011

Curso de xestión laboral e tributaria para autónomos e desempregados

O obxectivo é familiarizar aos participantes coas obrigas fiscais e laborais básicas

O Concello de Ordes celebrará un curso dirixido a autónomos e desempregados. Nesta ocasión trátase dun curso sobre xestión laboral e tributaria básica. A duración do mesmo será de 120 horas, dando comenzo as clases o 9 de maio ata o 20 de xuño.

Tal e como explicaron dende Concello, os obxectivos do curso serán proporcionar unha visión global das obrigas laborais ás que debe facer fronte o pequeno empresario; familiarizar ao participante cos tipos de contratos e nóminas; proporcionar unha visión global das obrigas fiscais ás que debe facer fronte o pequeno empresario e familiarizar ao participante cos modelos e formularios.

Inscricións ata o 2 de maio
No curso, que será totalmente gratuíto, poderán participar un total de 14 persoas. Os que estean interesados en participar poden recibir máis información, así como inscribirse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes, situada no 2º andar da Casa Consistorial, ou ben chamando aos teléfonos 981680002/ 981680157. O prazo para inscribirse estará aberto ata o vindeiro 2 de maio.

*

A praza de abastos xa ten 'manual de instruccións'

O derradeiro pleno da lexislatura 2007-2011 aproba definitivamente o seu regulamento

Amplíase a concesión de dez ata os quince anos con prórroga doutros cinco

O pleno da corporación municipal  reuniuse na mañá de onte para celebrar a sesión ordinaria do mes de abril. Unha sesión que remataría a lexislatura 2007-2011 e na que se aprobou, de maneira definitiva, o regulamento municipal da praza de abastos, así como se trataron as alegacións presentadas ao documento.

En concreto, neste punto, aprobouse unha proposta da alcaldía a través da que se estimou unha das alegacións presentadas, relativa ao prazo de concesión dos postos. No documento inicial establecíase un prazo de concesión de 10 anos, mentres que na proposta da alcaldía presentada hoxe se establece como prazo 15 anos coa posibilidade dunha prórroga doutros 5 anos.

Acordes
Por parte dos nacionalistas, o portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, fixo mención ao apoio á totalidade das alegacións da Asociación de Comerciantes de Ordes ao regulamento da praza. Este manifestou que “desde o BNG comprometémonos a modificar o regulamento da praza, incluindo a totalidade das propostas dos comerciantes, como a de destinar toda a praza a locais comerciais e non só a planta baixa como propón o goberno, ampliar o prazo da concesión dos postos, para que inclua a vida laboral dunha persoa e eliminar a posibilidade que prevé o Regulamento de decretar o peche dun local de forma unilateral por parte do goberno, e sen alternativa para o comerciante, no caso da realización de obras na praza”.

Alegacións que foron desestimadas, sendo avaladas por nun informe de intervención. A proposta foi aprobada cos votos a favor dos edís do grupo de goberno e o concelleiro non adscrito José Luis Díaz Hermida.

Ante as críticas da oposición porque non fosen tidas en conta todas as alegacións presentadas ao regulamento, o edil de Industria e Comercio, José Manuel Tobío insistíu en que hai unhas alegacións que se poden estimar e outras non, tal e como reflexa o informe de intervención.

Non hai demanda para o primeiro piso
Tobío explicou que de ningunha maneira se quere desmantelar a praza de Abastos. Indicou que a planta baixa estará destinada para postos de venda, e que no caso de que sexa necesario e a demanda fose suficiente, bastaría cunha modificación puntual do regulamento para que a primeira planta se destinase tamén para este uso. Insistiu unha vez máis en que non existe unha demanda suficiente para a ocupación de dito espazo, indicando novamente que durante o ano pasado se mantiveron contactos con cadenas comerciais para a súa posible implantación nesta zona, proposta que foi rexeitada.

En canto ao resto das alegacións, e na relativa ao punto do regulamento no que se fala do peche de postos por causa de obras no recinto, o edil do goberno ordense explicou, que no caso de que houbese obras proporíanse alternativas e solucións aos afectados, “e mostra delo as obras que se realizaron recentemente na praza, durante as que se lles buscou un sitio alternativo aos praceiros”.

Por outra banda aprobáronse por unanimidade outros dous puntos da orde do día do pleno, un relativo á aprobación de convenio urbanístico con Xestur Coruña para a permuta de terreos na parque empresarial de Merelle; e outro polo que se aprobou a modificación da cláusula sobre investimentos do contrato de xestión do servizo municipal de abastecemento de auga e depuración de augas residuais.

O Recreo
No punto de mocións rexeitouse a urxencia das dúas mocións presentadas polo BNG, unha relativa á rúa do Recreo á que o alcalde, Manuel Regos, respostou que polo ben de todos os veciños o Concello bacheou esta rúa a pesar de que non é de titularidade municipal, senón da Deputación provincial, e anunciou que están xa contratadas as obras de aglomerado e alumeado na mesma.

A outra moción dos nacionalistas, da que tamén se rexeitou a urxencia, solicitaba a celebración de dous debates electorais en Radio Ordes. Cuestión rexeitada, xa que tal e como explicou o edil de Comunicación, Manuel Astray, o solicitado non cumpriría coa lei. Sen embargo, Gonzalo Castro afirmou que “o goberno equivócase ao pensar que os debates en Radio Ordes non son legais, son totalmente legais, o único que pretende é buscar unha desculpa para que non se celebren”.


*

martes, 26 de abril de 2011

"Os socialistas fomos os que conseguimos máis de nove millóns de euros para os ordenses"


Xesús Pedreira presentou aos ordenses o seu proxecto socialista
A creación de emprego será a prioridade para o candidato

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e o secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes e candidato á Alcaldía, Xesús Pedreira, presentaron esta noite a candidatura socialista á Alcaldía de Ordes nas eleccións do vindeiro 22 de maio. Un acto no que Pedreira anunciou que a creación de emprego será a máxima prioridade dos socialistas ordenses para a vindeira lexislatura.

O xornalista Marcial Mouzo foi o conductor da presentación de Xesús Pedreira como candidato á alcaldía de Ordes.
“Ninguén ten unha variña máxima, pero os socialistas de Ordes nos comprometemos a que a nosa máxima prioridade será a creación de emprego, recurtando en gastos doutras partidas e potenciando os investimentos que xeren postos de traballo e melloren os servizos sociais aos veciños e veciñas de Ordes”, explicou Xesús Pedreira.

Momento da intervención do secretario xeral dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez
Para conseguilo, Pedreira presentou un por un aos compoñentes da candidatura socialista, que definiu como “un equipo moi importante, conformado por profesionais altamente cualificados que estarán preparados para asumir as áreas do Goberno de Ordes se así o deciden os veciños o 22 de maio”. “Traballo, esforzo, xestión e visión de futuro, iso é o que caracteriza a esta candidatura”, explicou o candidato socialista á Alcaldía de Ordes.

Podes ver o vídeo do acto facendo clic baixo estas liñas:


Compromisos
Xesús Pedreira aproveitou o acto para anunciar algúns dos eixos que conforman o seu programa electoral. “Seguiremos apostando polas parroquias e por levar cada vez máis actividades a elas”, explicou Pedreira Mirás, quen indicou que outra das fortes apostas dos socialistas ordenses será “conseguir un centro de día, onde os nosos maiores poidan estar perfectamente atendidos sen teren que deixar os seus fogares”.

Outro dos eixos da campaña socialista serán os mozos e mozas de Ordes. Neste sentido, Xesús Pedreira fixo un recoñecemento do labor realizado ata o momento polo Ordes CF pero lembrou que “tamén hai outros deportes como o atletismo, o tenis, o baloncesto... que temos que potenciar porque non todo vai ser fútbol en Ordes”. Ademais, asegurou que os socialistas apostarán pola construción dun centro cívico xuvenil.

Membros da candidatura do PSdG-PSOE co candidato Xesús Pedreira e secretario xeral, Pachi Vázquez
Traballo e xestión
Xesús Pedreira amosouse convencido de poder conseguir estes e moitos logros máis para Ordes. Unha confianza que basou no labor realizado nesta última lexislatura, “onde demos estabilidade ao Goberno de Ordes e os socialistas conseguimos máis de nove millóns de euros en investimentos para o benestar dos nosos veciños e veciñas”. Entre eses proxectos, Pedreira destacou o paseo fluvial do río Mercurín, a rolda leste, as melloras no centro médico, a reducción de impostos no rural ou as distintas actuacións realizadas a prol do medio ambiente, con proxectos pioneiros en Galicia como o da recollida de plásticos.

Xesús Pedreira tivo tamén un especial recoñecemento ao labor de Xosé Manuel Tobío “pola súa fidelidade ás siglas e ao proxecto socialista, así como o seu importante labor tanto no ámbito social como empresarial, traendo o wimax ás empresas, promovendo a Feira de Saldos, mellorando a praza de abastos ou iniciando a tramitación do polígono empresarial de Pardiñas”.

Cheo absoluto no salón de actos do restaurante ordende El Túnel. 
Composición da candidatura
Xesús Pedreira estivo acompañado no acto, celebrado no restaurante El Túnel, polos alcaldes socialistas da comarca de Ordes: Manuel Mirás (Oroso), Mariano Iglesias (Mesía) e Xosé García (Cerceda), así como polos candidatos socialistas ás alcaldías de Trazo (Beatriz Domínguez), Frades (José Manuel Iglesias), Tordoia (Antonio García) e Teo (Jano Leis).

Parta dos membros da candidatura socialista no Concello de Ordes.
A candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ordes está composta por:
1 Xesús Pedreira Mirás
2 María del Carmen Fernández Reboredo
3 Antonio Morán Ferreiro
4 Verónica Gómez Fuentes

5 Víctor Manuel Villaverde Mirás (Independiente)
6 Beatriz Busto Candal
7 Javier Gómez García
8 Elisa Carneiro Uzal (Independiente)

9 Juan Carlos Souto Figueira (Independiente)
10 María Carmen Arcos Antón (Independiente)
11 Juan José Ballesteros Díaz
12 María Sol Monje Garabato
13 María Josefa Couselo Vázquez

14 María Teresa Ferreiro González
15 Alejandro Manteiga García
16 Ana Vanesa Tacón Gómez (Independiente)
17 Carlos Pérez Casas

Suplentes:
1 José Lino Gómez González
2 Esther Figueroa Rodríguez
3 Antonio Becerra Lamas
4 Miriam Carballo Rodríguez

*

lunes, 25 de abril de 2011

Mañá se coñecerán os nomes dos veciños que ocuparán as mesas electorais

Será durante o último pleno da corporación municipal que terá lugar mañá martes 26 de abril

Orde do Dia

Punto Primeiro: Aprobación, se procede, acta de sesión anterior de data 29/03/2011
Punto Segundo: Informes da alcaldía
Punto terceiro: Sorteo membros mesas electorais, eleccións locais 22 de maio de 2011
Punto cuarto: Alegacións, aprobación definitiva, do regulamento municipal da praza de abastos.
Punto quinto: Aprobación, se procede, convenio urbanístico Xestur Coruña, permuta de terreos parque empresarial de Merelle.
Punto sexto: Aprobación, se procede, modificación cláusula segunda (investimentos) contrato xestión do servizo municipal de abastecemento de auga e depuración de augas residuais.
Punto sétimo: Dar conta das resolucións e decretos da alcaldía.
Punto oitavo: Mocións
Punto noveno: Rogos e preguntas

*

La IV Gala contra el Cáncer trae a Carlinhos Brown, Malú, Merche, Pitingo y muchos más


Será este viernes 29 a partir de las 23:00 horas en el Campo da Feira

Ordes se prepara un año más para la celebración de la IV edición de la Gala contra el Cáncer de la orquesta Panorama y el Concello de Ordes. La noche musical tendrá lugar este viernes 29 de abril a partir de las 23:00 horas en el Campo da Feira.

Presentado por Roberto Vilar
En esta ocasión los artistas invitados junto a la Orquesta Panorama serán Carlinhos Brown, Malú, Merche, Pitingo, Ana Torroja, Melocos, Cherito, Robert Ramírez y La Guardia, a lo que se sumará el humor de las Cantareiras de Ardebullo. La gala será presentada por el popular humorista Roberto Vilar.

La IV Gala contra el Cáncer tiene un carácter benéfico y los fondos que se recauden de la venta de merchandising de la orquesta, irán destinados a la Asociación Española Contra el Cáncer (AACC).

*

sábado, 23 de abril de 2011

UxO e BNG: fieis, PP e PSdG: renovadores

Coñece quen repite nas listas dos partidos políticos que concurren polo concello de Ordes

A publicación das listas electorais para a próxima convocatoria de eleccións locais trouxo non poucas sorpresas ás listas dos partidos concurrentes polo noso municipio. Así, a renovación chegou en profundidad ao PSdG-PSOE, no que apenas quedan dous supervivientes da etapa de Esther Couto. Tamén o PP configurou unha lista moi renovadora coa inclusión de varios nomes que en 2007 engrosaron as listas de Terra Galega (TEGA).

Sen embargo, UxO e BNG manteñen unha forte aposta polo equipo de 2007 ao confiar en boa parte dos mesmos integrantes. Entre eles, o BNG mantense como a forza menos renovadora ao integrar en 2011 ata a quince nomes supervivintes das eleccións locais de 2007.

Manuel Regos (UxO)
Unión por Ordes (UxO)
Unha lista moi estable. Repite Manuel Regos como cabeza de lista. Silvia Marín pasa do segundo (2007) ao terceiro lugar en 2011. A entrada do ex líder de Terra Galega en Ordes, Roberto González como número catro despraza a José Luis Gómez Candal ata a sexta posición, cando en 2007 foi no segundo posto. José Ramón Vázquez Raña pasa da cuarta posición en 2007 á terceira en 2011.

Terán unha nova oportunidade nas listas José Ramón Loureiro (sétimo en 2007 e octavo en 2011), Salomé Barallobre (de oitavo pasa ao noveno), Manuel Bestilleiro (de 12º a 11º), Yolanda Rodríguez (de 15º a 14º), e Leoncio Gómez (de 17º a 12º en 2011). Como suplentes repite Fátima Candal (suplente quinta a suplente décima).

María José Cao pasa das listas de Terra Galega en 2007 (posto 11º) a suplente novena con Regos en 2011.

José Luis Martínez Sanjurjo (PP).
Partido Popular (PP)
Renovadora e integradora dalgúns ex Terra Galega. A actual concelleira Susana Mosquera pasa da segunda posición á terceira en 2011. María José Sueiro repite no posto número 12º e José Manuel Gestal convértese en promesa electoral popular ao pasaren de suplente sexto directamente ao quinto lugar nas listas de 2011.

Pero sen dúbida o que chama a atención da lista dos populares en 2011 é o trabase de nomes dende Terra Galega (TEGA). Así, o propio candidato popular á alcaldía (número 1 polo PP en 2011), José Luis Martínez Sanjurjo, ocupou o posto número 3 de TEGA en 2007. Xunto a el atopábamos os nomes de Dolores Caamaño (quinta en TEGA e agora oitava nas listas do PP en 2011), Óscar Luaces, de 15º en TEGA 2007 pasou a ser o 17º do PP en 2011, e Isabel García (17º en TEGA en 2007 e suplente primeira do PP en 2011).

Tamén convén destacar que Luis Caamaño pasa das listas de UxO como o seu número sexto en 2007 á engrosar as do PP como o seu número sétimo en 2011.

Xesús Pedreira (PSdG-PSOE).
Partido dos Socialistas de Galicia- Partido Socialista Obreiro Español(PSdG-PSOE)
Unha lista completamente renovada. O actual concelleiro de Sanidade, Medio Rural e Medio Ambiente, Xesús Pedreira renova a lista socialista practicamente por completo. Ademais de si mesmo, que pasa de ser o número dous a encabezar a lista, soamente existe Sol María Monje Garabato coma supervivente da etapa de Esther Couto, quen pasa de ocupar o décimo posto en 2007 ao 12º en 2011.

Os nomes de Ana María Álvarez (terceira en 2007 no PSdG-PSOE) e Xesús Pampín (quinto en 2007) pasan a engrosar a candidatura de Cidadáns de Galicia (CideGa) en 2011 como os seus números un e dous respectivamente.

Gonzalo Castro (BNG).
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Quince repiten candidatura. O tándem Gonzalo Castro e Ramiro Recouso repite como número un e tres respectivamente. O posto de María Xosé Raña como número dous pasa a Monserrat Rey, quen en 2007 ocupaba a sétima posición, quedando aquela na simbólica posición 17º en 2011.

Rosa Neira repite no posto número quinto ao igual que Juan Carlos García (14º en ambas convocatorias). Pablo Vidal sufre nesta convocatoria un espectacular ascenso dende o posto número 11 en 2007 ata a cuarta posición. José Antonio Raña pasa do oitavo ao sexto lugar en 2011 e Lino Gaudeoso móvese do sexto ao sétimo posto. Gonzalo Álvarez Prado de ser noveno en 2007 ao décimo lugar en 2011. Pilar Rivera de 12º a 15º, Paula Costa, de 13º a novena, e Manuel Veiras de 15º a 16º. Óscar Martínez pasa de suplente primeiro ao posto 11º. Unicamente repite como suplente Vanesa Liñares, de terceira en 2007 a sexta en 2011.

*

viernes, 22 de abril de 2011

Astray, Juan Simón, Tobío, Hermida e Martino quedan fora da política municipal

Nomes que se engaden previsiblemente ao da nacionalista María Xosé Raña que ocupa o posto 17 do BNG

Ordes despídese de Juan Simón logo de non asistir a ningún pleno municipal na segunda parte da lexislatura

O pasado mércores, o Boletín Oficial da Provincia publicaba o nome e os integrantes das cinco candidaturas (UxO, PP, PSdG-PSOE, BNG e CideGa) que concurrirán nestas eleccións locais que terán a súa cita coas urnas o domingo 22 de maio. Así, os nomes dos históricos políticos ordenses Manuel Astray, Teodosio Martino e José Luis Díaz Hermida quedan definitivamente fora desta convocatoria municipal para o periodo 2011-2015.

Tampouco repetirá Juan Simón despois de protagonizar unha das actitudes máis vergoñentas que se lembran na política municipal galega ao non dignarse a asistir á gran maioría dos plenos municipais desta lexislatura celebrados na Casa do Concello. Por parte dos socialistas, o enxeñeiro Xosé Manuel Tobío deixa paso a novos compañeiros e da por pechado un ciclo na política municipal.

Os nomes dos intregrantes das candidaturas de Unión por Ordes, Partido Popular e Cidadáns de Galicia son os seguintes:

Unión por Ordes (UxO)
1 MANUEL REGOS BOQUETE
2 SILVIA MARIN PEREIRO
3 JOSE RAMON VAZQUEZ RAÑA
4 ROBERTO JESUS GONZALEZ SANTOS

5 LUCIA IGLESIAS MIRAS
6 JOSE LUIS GOMEZ CANDAL
7 ROBERTO IGLESIAS CALVIÑO
8 JOSE RAMON LOUREIRO ALEN

9 MARIA SALOME BARALLOBRE MARTELO
10 BEATRIZ REY MELLA
11 MANUEL BESTILLEIRO COUSELO
12 LEONCIO GOMEZ LIÑARES

13 ANTONIO CAO GOMEZ
14 YOLANDA RODRIGUEZ DOCAMPO
15 SANDRA DEL RIO PAN
16 JORGE FERREIRO REGUEIRA
17 VICTORIA VARELA LANDEIRA

Suplentes:
1 LUIS ANGEL BODELO VEIRAS
2 JOSE ANTONIO PADIN PADIN
3 MARIA NIEVES CANDAL RAPOSO
4 JOSE ANTONIO GOMEZ JUNCAL
5 ALBA VEIRAS MANTEIGA

6 MANUEL GIL GOMEZ
7 JUAN MARTINEZ MOSQUERA
8 MARIA DEL CARMEN PRADO VAAMONDE
9 MARIA JOSE CAO GAUDEOSO
10 FATIMA CANDAL IGLESIAS

Cidadáns de Galicia (CideGa)
1. ANA MARIA ALVAREZ PEREZ

2. JESUS PAMPIN RECOUSO
3 JOSE ADOLFO REYMONDEZ COLLAZO
4 ESTHER FERREIRO COSTA


5 SILVIA MARIA CASTRO FERNANDEZ
6 DAVID SANCHEZ BALADO
7 EVA MARIA UZAL BLANCO
8 MIGUEL ANGEL GOMEZ VILLAVERDE

9 MARIA JOSEFA BERMUDEZ VILARIÑO
10 MARIA DEL CARMEN GRAÑA GRAÑA CASTRO
11 BEGOÑA VILLASENIN LOURO
12 ALEJANDRO MOSQUERA VAAMONDE


13 MARIA JOSE CAO BOTANA
14 JOSEFINA VAZQUEZ RAÑA
15 JOSE LUIS RODRIGUEZ MARTINEZ
16 MARIA CRISTINA COUSELO ALVAREZ
17 JAIME FERREIRO RECOUSO

Suplentes:
1 MARIA DEL CARMEN GRAÑA VILLAR RODRIGUEZ
2 BENJAMIN PEDREIRA SUAREZ
3 JESUS LATA REGUEIRO
4 EMMA UZAL VILARIÑO

Partido Popular (P.P.)
 1 JOSE LUIS MARTINEZ SANJURJO

2 PEDRO CARRASCO DEL RIO
3 SUSANA MOSQUERA POSE
4 ESTRELLA CARMEN VAZQUEZ VARELA


5 JOSE MANUEL GESTAL SANCHEZ
6 JOSE MANUEL MIRA GOMEZ
7 LUIS CAAMAÑO FRAGA
8 MARIA DOLORES CAAMAÑO LATA


9 JOSE MANUEL RODRIGUEZ MENDEZ
10 PAULA LOPEZ SUAREZ
11 ROBERTO PEREZ MIRA
12 MARIA JOSE SUEIRO COUTO

13 JOSE MANUEL VARELA BECERRA
14 MARIA YOLANDA MIGUEZ LAREO
15 JUAN LUIS LOPEZ CANDAL
16 LETICIA ALDAO SANTOS
17 OSCAR LUACES LOSADA


Suplentes:
1 ISABEL GARCIA GOMEZ

2 JOSE ANTONIO LISTE CORES
3 MARIA ALMUDENA DIZ FERNANDEZ
4 GONZALO PAMPIN CASTIÑEIRAS
5 JESUS MANUEL RUIBAL CASTRO

6 CARLOS PAZOS GOMEZ
7 MARCOS FERREIRO PENAS

8 MARIA DEL CARMEN SILVEIRA BOUZAS
9 MANUEL TOBIO AREOSO
10 MARIA DEL PILAR RIOS GAUDEOSO


*

jueves, 21 de abril de 2011

O PSdG-PSOE presenta ao seu "equipo para gobernar"

Foto de familia dos integrantes da candidatura socialista ao Concello de Ordes para a lexislatura 2011-2015

Xesús Pedreira: "Esta é a mellor lista que se presenta por Ordes, cun perfil profesional e humano para gobernar"

Preséntanse ante os veciños nun acto público e aberto a todos este lunes 25 ás 21:00 horas no restaurante El Túnel  

A lista de nomes do PSdG-PSOE de cara ás eleccións municipais do 22 de maio xa deixoude ser un segredo. O actual concelleiro de Sanidade, Medio Rural e Medio Ambiente, Xesús Pedreira Mirás, encabezará unha candidatura que segundo as súas propias declaracións, "aspira a gobernar o Concello de Ordes".

Este luns 25 de abril a partires das 21:00 horas daranse a coñecer aos veciños e veciñas de Ordes nun acto público no restaurante El Túnel. Estes son os nomes da candidatura socialista:

1. Jesús José Manuel Pedreira Mirás
2. María del Carmen Fernández Reboredo
3. Antonio Morán Ferreiro
4. Verónica Gómez Fuentes

5. Víctor Manuel Villaverde Mirás
6. Beatriz Busto Candal (Independiente)
7 Javier Gómez García
8 Elisa Carneiro Uzal (Independiente)

9 Juan Carlos Souto Figueira (Independiente)
10 María Carmen Arcos Antón (Independiente)
11 Juan José Ballesteros Díaz
12 María Sol Monje Garabato

13 María Josefa Couselo Vázquez
14 María Teresa Ferreiro González
15 Alejandro Manteiga Garcia
16 Ana Vanesa Tacón Gómez (Independiente)
17 Carlos Perez Casas

Suplentes:
1 Jose Lino Gómez González
2 Esther Figueroa Rodríguez
3 Antonio Becerra Lamas
4 Míriam Carballo Rodríguez

*

Regos confirma a Roberto González nas listas de UxO como o seu número catro

Roberto González formará parte de UxO logo de pasar polo PP (1999), CDI (2003) e Terra Galega (2007). / Arq.

Foi durante unha charla dixital cos lectores dun xornal galego
O alcalde presentará a súa lista o vindeiro mércores 4 de maio

O alcalde ordense e candidato á reelección polas siglas de Unión por Ordes (UxO), Manuel Regos ven de confirmar ao ex popular, ex CDI e tamén ex de facto Terra Galega (TEGA), Roberto González, como número catro da súa candidatura. González entrou no goberno de Manuel Regos en maio de 2007 despois de que a candidatura pola que concurría, Terra Galega, acadara un concelleiro na corporación municipal logo de chegar aos 530 votos (6,13%).

Quen é Roberto González?
Histórico do conservadurismo galego, Roberto Jesús González Santos formou parte do grupo de fundadores do Partido Popular de Galicia xunto a Manuel Fraga Iribarne. A súa maior xesta política chegaría durante os anos dourados do Partido Popular de Galicia con Manuel Fraga a finais dos anos 90 alcanzando a vicepresidencia da Deputación da Coruña.

Nas eleccións locais de 1999, González foi candidato á alcaldía de Ordes polo Partido Popular logo de protagonizar un estrambótico peche de prazos de presentación de candidaturas, conseguindo desprazar en poucas horas a Teodosio Martino da cabeza da lista. Logo das votacións, acadaría cinco concelleiros (2 068 votos e 27%) e Teodosio Martino, fundando Democracia Galega en cuestión de días, fíxose coa alcaldía case dobrando os votos populares, con sete actas de concelleiro e 3 221 votos (42,05%).

En 2003 e logo de Martino reintegrarse no Partido Popular, González queda definitivamente apartado desta formación. Lonxe de abandoar a política, consegue encabezar a lista do xa extinto Centro Democrático Independiente (CDI), partido co que consegue 920 votos (11,18%), o que se traduce en dúas actas de concelleiro.

Martínez Sanjurjo foi o seu número tres
Xa nas últimas eleccións locais de maio de 2007, González preséntase á alcaldía de Ordes polas siglas de Terra Galega (TEGA), formación na que chegaría a ser vicepresidente antes da impugnación xudicial por parte do alcalde de Narón, Xoán Gato, e recuperar a este a coordinación xeral do partido. Curiosamente, a candidatura de González contou con José Luis Martínez Sanjurjo, hoxe candidato á alcaldía polo Partido Popular, como o seu número tres.

*

Feijóo estará na presentación da candidatura popular o próximo xoves

Núñez Feijóo e José Luis Martínez Sanjurjo.
O encontro do presidente do PPdG cos membros da candidatura, afiliados e simpatizantes terá lugar na discoteca Elepé 45 a partires das 21:30 horas

O presidente do Partido Popular de Galicia e presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo  acompañará ao candidato popular, José Luis Martínez Sanjurjo o próximo xoves 28 na presentación da súa candidatura ás eleccións locais do 22 de maio. O encontro terá lugar na discoteca Elepé 45 a partires das 21:30 horas.

*

“As grandes obras do periodo 2007-2011 foron impulsadas ou pagadas pola Xunta de Fraga ou de Feijóo”

A presidenta do PP de Ordes, Estrella Vázquez.
Estrella Vázquez: “Cando Martínez Sanjurjo acceda á alcaldía se investigará o uso da débeda millonaria contraída por Regos e o seu equipo”

O PP de Ordes fixo hoxe público un comunicado no que "ante as reiteradas declaracións nas que o aínda alcalde de Ordes fai alarde da súa capacidade para falsear a realidade", recordan que "a inmensa maioría das grandes obras acometidas neste municipio durante os últimos catro anos ou ben foron impulsadas e presupostadas pola Xunta de Galicia Manuel Fraga ou están a ser pagadas polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo".

"Ultimado e presupostado"
Así, aseguran dendo o PP local que a Xunta de Fraga "deixou ultimado e presupostado" o convenio que permitiu a execución do paseo fluvial. Respecto ás roldas de circunvalación, aseguran que é "a Xunta de Feijóo" que pagou a primeira e segunda fase da ronda leste, e parte do novo edificio da Casa do Concello.


Do mesmo xeito se asegura que é o Executivo de Núñez Feijóo "o que está a acelerar os trámites para rematar as distintas concentracións parcelarias que se están a desenvolver en diferentes parroquias deste Concello". Aseguran dende o PP que esto sucedía, "mentres o aínda alcalde [Manuel Regos] se dedicou durate a lexislatura que agora conclúe a pedir o voto para Touriño e para Zapatero".

Neste escenario, o Partido Popular de Ordes insta ao alcalde a explicar o que fixo cos oito milóns de euros de débeda que deixa como herdaza a todos os veciños de Ordes e avanza a necesidade de investigar a fondo o sucedido por se puidesen ter cometido irregularidades.  

"Se as grandes actuacións foron pagadas fundamentalmente pola Xunta de Galicia", se preguntan, "tampouco se entende que o Concello fose incapaz de aportar os fondos propìos necesarios para cofinanciar proxectos subvencionados por outras administracións, como o vial central do polígono empresarial, que non se chegou a executar dada a situación de bancarrota municipal".

As frases de Estrella Vázquez, presidenta do PP de Ordes
“¿Cal foi o destino real deses oito millóns de euros que Regos deixa a deber?, Os veciños de Ordes, que serán os que teñan que devolver ese empréstito a través dos seus impostos ben merecen unha explicación”

“Durante a próxima lexislatura, con José Luis Martínez Sanjurjo como alcalde popular, haberá que investigar en profundidade o destino que o actual Goberno local lle deu a esa débeda millonaria

*

O Museo do Traxe acolleu as charlas sobre os certificados de profesionalidade


Foron impartidas polas técnicos Montse Franqueiro e Sandra Ordóñez, de Recursos Galicia

O salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes acolleu este martes a celebración dunha xornada informativa sobre os certificados de profesionalidade, organizada polo Concello en colaboración coa empresa Recursos.

Tal e como explicaron dende o Concello, con esta iniciativa pretendeuse concienciar e sensibilizar á poboación da importancia da cualificación profesional, do recoñecemento da experiencia laboral e do que esto supón no aumento da empregabilidade do individuo. O que se quere coas xornadas é a difusión dos cambios que se están a producir no sistema de formación ocupacional e que afectan a un número moi elevado de traballadores e traballadoras de Galicia.

Certificados de profesionalidade e acreditación da experiencia laboral
A xornada, que estivo dividida en dúas partes, informou sobre os certificados de profesionalidade e o recoñecemento das competencias profesionais a través da experiencia laboral. Na primeira parte explicouse qué é un certificado de profesionalidade e cómo se pode obter, e foi impartida por Montse Franqueiro, técnico de formación de Recursos Galicia. Na segunda falouse do procedemento para acreditar a experiencia laboral e a súa convocatoria en Galicia para os certificados de sociosanitaria. Esta parte foi impartida por Sandra Ordóñez, técnico de formación de Recursos Galicia.

*

O Concello celebrará o Día das Letras Galegas cun certame de poesía

O poeta monfortino Lois Pereiro (1958-1996).
Tamén convocan un certame de debuxo baseado en poemas do artista ordense Xoxardo

Ordes conmemorará un ano máis o Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, que nesta ocasión homenaxea ao poeta posmoderno, Lois Sánchez Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996). Así o Concello, vén de convocar a cuarta edición do Certame de Poesía Día das Letras Galegas no que se establecerán diferentes categorías dependendo da idade dos participantes. Haberá unha categoría xeral para os participantes de 17 anos en diante; unha xuvenil para os rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos; e unha infantil para os nenos de ata 12 anos.

Para os mellores traballos repartiranse diferentes premios en metálico. Na categoría xeral, o gañador levará un premio de 150 euros, e o segundo clasificado outro de 100 euros. Por outra banda nas categorías xuvenil e infantil o primeiro e segundo premio serán de 100 e 70 euros, respectivamente. Ademais tamén haberá un premio de 160 euros ao que optarán os centros escolares do concello, que deberán presentar un mínimo de 20 participantes por centro sendo premiado o que presente as obras de maior calidade.

Presentación de traballos ata o 13 de maio
En canto ao prazo de presentación dos traballos, estará aberto ata o vindeiro 13 de maio no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou ben nos teléfonos 981680002 e 981680157, onde tamén se poderá recibir máis información así como consultar as bases do certame.

I Certame de Pinceladas e Poesías de Xoxardo
Por outra banda, o Concello de Ordes ten convocado tamén o I Certame de Pinceladas e Poesías de Xoxardo.

Este certame consiste en que, en función de dous poemas de Xoxardo propostos polo Concello, os rapaces e rapazas dos diferentes centros educativos do municipio realicen unha lámina que recolla o que para eles significan ditos poemas, podendo utilizar a técnica que elixan.

Estableceranse dúas categorías, a xuvenil de 13 a 16 anos cuxo gañador recibirá un premio en metálico de 50 euros, e a infantil para os participantes de ata 12 anos que tamén contará cun único premio de 50 euros.

O prazo de presentación dos traballos tamén estará aberto ata o vindeiro 13 de maio no Departamento de Cultura e Deporte do Concello, e os premios serán entregados o 17 de maio no Museo Xoxardo.

*