Un grupo de destacados dirixentes socialistas estivo en Ordes o pasado domingo durante a celebración da XXII Festa do Champiñón. Entre eles, poidemos ver ao senador e secretario de organización do PSdG-PSOE, Pablo García; ao alcalde de Oroso, Manuel Mirás ou a deputada do Parlamento de Galicia, a cercedense Silvia Fraga. Todos eles acompañaron ao candidato socialista á alcaldía de Ordes, Xesús Pedreira e aos demais membros presentes da renovada lista socialista nunha visita degustando os famosos champiñóns nos establecimentos da vila.
*