domingo, 3 de abril de 2011

A carpa da saúde estará na Alameda o vindeiro xoves 7 de abril

Se revisará de balde a tensión arterial e a glucosa dos ordenses

O Concello de Ordes, dentro do programa Ordes Saudable que xestiona a Concellería de Sanidade, vai a instalar unha Carpa da Saúde na Alameda da vila de Ordes o vindeiro xoves 7 de abril para celebrar o Día Mundial da Saúde.

Unha carpa na que persoal do Centro de Saúde de Ordes e do Colexio Oficial de Enfermería da Coruña revisarán de balde a tensión arterial, o peso e os niveis de glucosa dos veciños e veciñas de Ordes que se acheguen pola Alameda entre as 11:00 e 14:00 horas e as 16:00 e 19:00 horas. Nesta iniciativa tamén colaboran a Asociación Galega de Enfermos para a Doazón de Órganos e a Irmandade de Donantes de Sangue de A Coruña participando cunha mesa informativa sobre a doazón de órganos e sangue.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“A saúde debe conservarse, posto que é un dos puntos máis críticos do benestar humano e do desenvolvemento económico"

*