Interpretada pola formación de Tomiño (Pontevedra), Noitarega
A lonxeva formación tomiñesa de música tradicional, Noitarega, presentou o pasado 8 de abril a súa 'Xota de Ordes' no popular programa de A Galega, Luar. 'Xota de Ordes' forma parte do novo albume da agrupación, XXI.
Dende a súa fundación en 1989, Noitarega compartiu esceario con Berrogüetto, Luar na Lubre, Susana Seivane ou Xosé Manuel Budiño, entre outros, ofrecendo concertos non só en Galicia e España senón tamén en Francia, Portugal e Estados Unidos.
Podes ver a actuación de Noitarega en Luar e a súa 'Xota de Ordes' facendo clic baixo estas liñas: