sábado, 16 de abril de 2011

O Festival de Brincadeira confirma aos suecos 'Europe' como cabezas de cartel

Imaxe promocional de Joey Tempest, líder da banda sueca de heavy metal, Europe.
Será a primeira actuación en solo galego da mítica banda sueca creadora da insustituible 'The Final Countdown'

A mítiva banda de soft heavy metal, Europe, actuará no Festival Brincadeira 2011 que terá lugar durante os días 12 e 13 do mes de agosto. Será esta a primeira vez que a banda actúe en solo galego.

Ademais da banda liderada por Joey Tempest (Uppslands, Estocolmo, 1963), tamén pasarán polo esceario do Brincadeira, o mexicano Elvez e os lexendarios Burning e Obús, que celebran estes últimos o seu 30º aniversario de carreira musical. Os organizadores gardan unha participación sorpresa que desvelarán proximanente.

*