Mostrando entradas con la etiqueta Begoña Lorenzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Begoña Lorenzo. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de abril de 2014

Begoña Lorenzo, convidada especial no clube de lectura de Ordes



A educadora familiar da Mancomunidade tamén explicoulle aos pequenos en que consiste a súa profesión

O clube de lectura da biblioteca de Ordes celebraron un novo encontro no que os seus integrantes comentaron e puxeron en común a lectura acordada para estas últimas semanas, Unha lúan na fiestra de Agustín Fernández Paz. 

Ademais tamén contaron cunha invitada moi especial, Begoña Lorenzo, educadora familiar da Mancomunidade de Ordes. Esta profesional integrada dentro da área dos servizos sociais da comarca tivo ocasión de explicarlle a todos eles en qué consiste a súa profesión e os principais obxetivos do seu traballo, así como as funcións máis habituais no seu día a día. 

O agasallo de Annia
Os nenos e nenas deste club aproveitaron a súa presenza para resolver dúbidas na resolución de conflictos e no comportamento máis adecuado tanto no ámbito académico como familiar. O agasallo de Annia escrito por Sabela Núñez é o seguinte título sobre o que se traballará na próximo encontro.

*

martes, 14 de febrero de 2012

Menús saudables e económicos para os fogares ordenses

A segunda sesión do obradoiro de economía doméstica terá lugar mañá mércores, de 10:00 a 11:30 horas, no local cultural da rúa Reconciliación

O local cultural que o Concello de Ordes ten na rúa Reconciliación acollerá mañá mércores 15 de febreiro a segunda e última sesión do obradoiro de Economía Doméstica. Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta organizada pola Mancomunidade de Municipios de Ordes e á que poden asistir calquera veciño ou veciña da comarca sen necesidade de inscrición previa. A sesión terá lugar de 10:00 a 11:30 horas.

Durante esa hora e media, a educadora familiar da Mancomunidade de Ordes, Begoña Lorenzo, fará especial fincapé nas distintas receitas saudables e económicas. “Imos proporcionarlles receitas de primeiros e segundos pratos, así como postres saudables e que podemos facer por poucos cartos. Ademais, as alumnas quedaron a semana pasada de traer elas tamén as súas propias propostas para intercambiar na clase”, explica Begoña Lorenzo.

Planificación de compra
A educadora familiar da Mancomunidade de Ordes sinala que “hai moitos consellos que teñen que ver coa planificación da compra. Por exemplo, se no canto de comprar sempre un quilo de bistecs mercas un quilo de carne para guisar ou de carne picada, poderás combinalo máis e darache para máis pratos: macarróns, espaguetis, guisos con patacas ou con verduras, etc”. Ademais, rematará de comentarlles aos asistentes os distintos consellos que poden seguir para aforrar en materia de combustible, auga, electricidade, calefacción, telefonía, alimentación ou gastos bancarios.


*

viernes, 3 de febrero de 2012

A Mancomunidade nos ensinará a vivir como pobres

Organizan un obradoiro gratuito de economía doméstica, con consellos para planificar gastos e chegar a fin de mes

A Mancomunidade de Municipios de Ordes informou esta mañá que organizará un obradoiro de economía doméstica, que terá lugar os mércores 8 e 15 de febreiro en Ordes. Unha iniciativa que pretende “ensinar aos participantes estratexias para aforrar, para planificar e reducir gastos, para coñecer como realizar actividades de ocio sen gastar diñeiro e dar a coñecer distintas receitas baratas e saudables, entre outras cousas”, explica Begoña Lorenzo, educadora familiar da Mancomunidade de Ordes.

Este obradoiro, incluido dentro do Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Ordes, impartirase no local cultural ubicado na rúa Reconciliación (Ordes) en horario de 10:00 a 11:30 horas. A participación é totalmente libre e de balde, puidendo acudir á sesión sen necesidade de inscrición previa. Máis información no departamento de Educación Familiar, na rúa Xoxardo, ou no teléfono 981680002.

*

sábado, 16 de mayo de 2009

Obradoiros de autonomía persoal no Mesón do Vento


Begoña Lorenzo: "Algunhas nais notaron cambios nos seus fillos e fillas como que, por exemplo, querían ducharse sós"

Alumnos de primaria do CEIP Mesón do Vento de entre os 6 e os 12 anos de idade, participaron durante esta semana nun obradoiro de autonomía persoal organizado polo Concello de Ordes.

A frase de Ana Alvarez, concelleira de Servizos Sociais
"Nos obradoiros traballouse con temas relacionados coa autonomía persoal, hixiene e corresponsabilidade que agora agardamos que se reforcen dende as familias”

A frase de Begoña Lorenzo Caamaño, educadora familiar do Concello de Ordes
"Dende a realización dos obradoiros algunhas nais notaron cambios nos seus fillos e fillas como que, por exemplo, querían ducharse sós ou que se interesaban por ver que tempo facía para planificaren a roupa que ían a poñer"


*