Mostrando entradas con la etiqueta Ángeles Rodríguez del Río. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ángeles Rodríguez del Río. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de septiembre de 2012

Ángeles Rodríguez, bronce na XXVI Milla Urbana de Valdeorras

A ordense Ángeles Rodríguez del Río (esq.) xunto ás outras medallistas da proba.

Rematou o percorrido en sete minutos e vinte segundos

A atleta ordense Ánxeles Rodríguez del Río acadou a pasada fin de semana a medalla de bronce na categoria mulleres veteráns na XXVI Milla Urbana Festas do Cristo 2012, proba pertencente ao campionato de España de Milla en Ruta O Barco. 

Unha proba que tivo como escenario a localidade ourensá do Barco de Valdeorras. Ánxeles Rodríguez rematou o percorrido nun tempo de 7:20.

*

lunes, 16 de julio de 2012

A ordense Ángeles Rodríguez del Río clasifícase para o campionato europeo de atletismo


Ángeles Rodríguez del Río.

Se celebrará a mediados de agosto en Alemaña

A atleta ordense Ángeles Rodríguez del Río clasificouse recentemente para o campionato europeo de atletismo de veteráns que se disputará a mediados do mes de agosto en Alemaña.

Rodríguez Del Río quedou clasificada en terceiro lugar na proba de 5.000 metros cun tempo de 24,45 segundos e acadou o segundo posto en salto de altura. Uns logros acadados no XVIII campionato de España de atletismo veteranos, disputado en Águilas (Murcia) o pasado 1 de xullo.

*