lunes, 30 de abril de 2012

Máis de 33.000 persoas encheron Ordes durante a fin de semana


O día de maior afluencia foi onte domingo coa XXIII Festa do Champiñón

Máis de 33.000 persoas participaron ao longo desta fin de semana en Expo Ordes 2012 según estimacións da Policía Local.

O día de maior afluencia rexistrouse onte domingo coincidindo coa XXIII Festa do Champiñón. Tal e como marca a tradición os establecementos hosteleiros da zona repartiron de balde arredor de 6.000 quilos deste producto elaborado de moi diversas formas.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes 
"É unha satisfación saber do éxito rexistrado un ano máis en Expo Ordes, tanto pola xente que está a visitar os postos feriais como polas empresas e negocios que confían en nós para darse a coñecer e facer negocio. Todo isto confirma o asentamento que ten Expo Ordes entre todo e sector empresarial, incluso máis aló de Ordes e da nosa comarca”

*

  

Galería de fotos Expo Ordes 2012 (V)


domingo, 29 de abril de 2012

Expo Ordes 2012 dedica a súa segunda xornada á Mancomunidade e á diversidade funcional



O salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares acolleu as III xormadas 'A discapacidade hoxe en día'

A feira multisectorial e de maquinaria agrícola Expo Ordes 2012 celebrou onte a súa segunda xornada cunha gran afluencia de público. Un día especialmente adicado a todas aquelas persoas que presentan algún tipo de diversidade funcional grazas ás III xornadas ‘A discapacidade hoxe en día’

O salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Linares acolleu ao longo de todo o día a máis dun cento de persoas que asistiron ás diferentes ponencias. O alcalde Manuel Regos e a concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias, abriron a rolda de intervencións. O primeiro turno foi para Feliciano Sola Lima,  presidente da FAXPG, quen destacou entre outros aspectos a importancia da formación e da educación para as persoas que presentan problemas de audición. 


A continuación Loli Venancio, delegada-presidenta da ONCE Galicia, falou sobre a importancia da eliminación de barreiras mentais e de para unha correcta integración na sociedade. Francisco Abuín e Eladio Fernández, responsable de formación de Cogami e presidente de FADEMGA respectivamente, foron os encargados de pechar a rolda de charlas en horario de mañá.

Xa pola tarde, Antonio Morán, presidente de ADISCORDES e Thais Pousada, por parde de ASEM, foron os primeiros en intervir falando sobre os distintos tipos de axudas técnicas. Xosé Ramón Girón, presidente de FEAFES; Juan Martínez, presidente de Down-Compostela e Cipriano Luis Jiménez, da Federación de Autismo, completaron o último ciclo de intervencións.


Mancomunidade de Ordes
O Concello de Ordes tamén lle quiso rendir onte unha especial homenaxe á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Nunha xornada tan especial os alcaldes dos concellos que a conforman achegáronse pasado o mediodía ata o recinto instalado no Campo da Feira. Alí foron recibidos por Manuel Regos, acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Roberto González. Xuntos tiveron a oportunidade de visitar os postos feirais e falar con moitos veciños e veciñas que non quixeron perderse este segundo día de feira.

*

Galería de fotos Expo Ordes 2012 (IV)