Mostrando entradas con la etiqueta Emilia Vázquez Pardo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emilia Vázquez Pardo. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de febrero de 2014

Emilia Pardo, convidada especial no clube de lectura da biblioteca de Ordes

Un grupo de novos lectores na bilbioteca municipal de Ordes.
Todos eles pediron varios desexos, entre eles, que non se pechen máis escolas unitarias

A biblioteca municipal de Ordes volveu a ser punto de encontro para os integrantes dos distintos grupos do clube de lectura. 

Nesta ocasión, os asistentes tamén gozaron da visita da antiga mestra Emilia Pardo, que durante moitos anos exerceu no municipio. 

Máis dunha ducia de nenos e nenas tiveron a oportunidade de ler contos realizados por alumnos das escolas unitarias de Ordes e Mesía o que lle dou pé a Emilia Pardo para contarlle cómo eran antigamente estes centros, cómo se traballaba neles, a qué xogaban os alumnos e alumnas, e moitas máis anécdotas.


Para rematar, todos xuntos arredor da vela máxica pediron varios desexos, entre eles  que non se pechen máis escolas unitarias.

*

domingo, 10 de noviembre de 2013

Cheo e éxito absoluto na cea anual contra o cancro en Ordes


Organizada pola delegación ordense da AECC e presidida por Emilia Vázquez Pardo

Manuel Regos: "É unha responsabilidade de todos nós aunar esforzos para conseguir erradicar esta enfermidade"

Un total de 230 persoas asistiron á cena de gala que a Asociación Española Contra o Cancro de Ordes celebro na norte de onte no restaurante El Tunel. 

Unha cita que nesta ocasión tivo que colgar o cartaz de completo logo de vender os 225 pases que daban dereito a desfrutar dun menú no que tamén había reservada unha serie de sorpresas. Por todo elo, e tendo en conta que cada un deles ascendía a 25 euros cabe falar dunha recadación de máis de 5.500 euros.

A velada comenzou coa benvida por parte da presidenta da AECC de Ordes, Emilia Vázquez Pardo, quen agradeceu a presenza de todos os comensais, así como a todos os que colaboraron na organización dun evento que “cada ano congrega a máis xente de todo o municipio”. 

Emilia Vázquez tamén tivo unhas palabras especiais de agradecemento para o Concello de Ordes “pola súa colaboración sempre  que se lle solicita, e pola axuda noutros eventos como podes ser Expo Ordes, onde sempre se lles brinda un lugar preferente nas instalacións montadas para dito evento”. 


Responsabilidade social
O seguinte turno de palabra foi para Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade de Ordes, quen destacou o protagonismo que se merecen “tanto as persoas que están loitando contra a lacra do cancro como para todos aqueles que están ao seu carón”. 

Regos tamén destacou que “é unha responsabilidade de toda a sociedade aunar esforzos para conseguir erradicar esta enfermidade que afecta a tantas familias”.  

Marcos Calvo, psicólogo da AECC de Ordes, foi o encargado de finalizar a quenda de discursos “agradecéndolles a todos a súa presenza e apoio económico nun momento no que en moitas ocasións no é doado poder pagar unha entrada a un evento deste tipo”.

*

domingo, 11 de noviembre de 2012

Inolvidable noite contra o cancro en Ordes



A segunda edición da cea da AECC en Ordes congrega a 170 personas de Ordes e comarca

A presidenta Emilia Vázquez lembrou emocionada as últimas vítimas desta enfermidade do noso municipio

Os salóns do restaurante El Túnel acolleron na noite de onte a segunda edición da cea solidaria organizada pola Xunta local de Ordes da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Un exitoso encontro que congregou a 170 persoas chegadas de Ordes e da nosa comarca que non quixeron perderse a cita e acompañar a súa presidenta, Emilia Vázquez Pardo, nunha noite que asemella será unha das imprescindibles do ano en Ordes e que conseguiu recadar preto de 1.000 euros para a investigación contra o cancro.


Agradecemento de Emilia Vázquez
A noite deu comezo co agradecemento por parte de Emilia Vázquez a todos os asistentes á cena. Tamén quixo lembrar a presidenta a cada un dos veciños e veciñas de Ordes que xa non están con nós, víctimas do cancro durante este ano e o pasado. Unhas palabras que remataron cos emocionados aplausos de todos os asistentes.


Menú a 25 euros
A cea consistiu nuns entrantes a base de embutidos, croquetas, calamares á romana e pulpo á feira, para dar paso a pescada á galega e rematar con tarta de chocolate, café e licores. Para beber, Cepa Vella Ribeira Sacra 2011 e Rías Baixas Viña Dozo 2011, ademais de auga e refrescos. Todo a un prezo de 25 euros dos cales cinco foron destinados integramente á loite contra o cancro.


Mesa presidencial
A mesa presidencial estivo ocupada por Emilia Vázquez Pardo acompañada da tenente de alcalde de Ordes, Silvia Marín, que lucia unha renovada e favorecedora imaxe; así como os concelleiros de Deporte e Xuventude, e Diversidade funcional do Concello de Ordes, Roberto Iglesias e Lucía Iglesias, respectivamente. Tamén  Marcos Calvo, sicólogo da asociación xunto a Carmen Iglesias e Elisa Paz presidiron a cea.


Sorteo de agasallos
Logo do menú tivo lugar un dos momentos máis esperados da noite co sorteo dos agasallos doados polos establecementos colaboradores do acto. Algún dos gañadores de obxectos tan diversos como foron aparatos electrónicos, caixas de viño, xamón, productos farmacéuticos, xoias e reloxos, doces e cestas de froitas ou libros foron Pepe Martínez, Jorge González, Pili Cristín, María Xosé Mira, Pili do Jaipy, María Almodóvar ou Lucía Domínguez, quen levouse o regalo estrela da noite: un vale dunha fin de semana no balneario da Toxa.

Fortuna nacionalista
A anécdota da noite a protagonizaron os membros do BNG local Gonzalo Castro, Montse Rei e Ramiro Recouso, gañadores os tres doutros tantos agasallos no sorteo.


Música e poesía
Por último, a velada foi amenizada polo guitarrista Albo, quen brindou aos participantes unha emocionada versión de Lela, de Alfonso R. Castelao. Logo da música, o ocurrente humor e a poesía de Julita Calvo puxeron a guinda a unha noite inolvidable para todos.

*

jueves, 8 de noviembre de 2012

Emilia Vázquez Pardo: "Os veciños de Ordes somos moi, moi solidarios"

Ordessiete falou coa presidenta local da Asociación Española Contra o Cancro da cea solidaria que preparan para este sábado

"Estamos moi ilusionados por poder contar co maior número posible de veciños o sábado no Túnel"

A delegación de Ordes da Asociación Española Contra o Cancro (AEECC) celebra este sábado día 10 no restaurante El Túnel a que será a súa segunda cea benéfica anual, logo dunha primeira e exitosa experiencia o pasado 25 de novembro do 2011. O éxito da convocatoria desta edición permitiulles ampliar o prazo de reservas ata todo o día de mañá venres. A súa presidenta, Emilia Vázquez Pardo (Ordes, 1939) falou para Ordessiete:

Como chegou a ser presidenta da AEECC en Ordes?
A AEECC naceu en Ordes dende a Asociación de Mulleres de Ordes. No ano 2004, a presidenta, que era una profesora do instituto de Ordes, deume o relevo. Eu xa presidía Cáritas Ordes, así que xa tiña unha experiencia traballando con asociacións de carácter solidario.

Cantos socios ten a AEECC en Ordes na actualidade?
A nosa asociación se circunscribe únicamente ao término municipal de Ordes, e somos algo máis de 300 socios e socias, todos veciños e veciñas de Ordes.

Que obxectivos se plantexan para a cea solidaria deste sábado?
Estamos moi ilusionados por contar co maior número de veciños solidarios. O ano pasado foron un pouco máis dun cento de participantes. Este ano xa temos confirmados máis de 140 participantes entre os propios veciños, asociacións culturais, partidos políticos e dende logo, tamén contamos co Concello de Ordes.

Ademais, quen por calquera circunstancia non poida participar na cea pero si quere aportar a súa axuda o poderá facer facendo un donativo na 'mesa cero' que temos habilitada para a cea.

Contarán o sábado co alcalde Manuel Regos?
Dende logo que o alcalde está convidado á cea, e estaremos encantados de que poida participar connosco na cea solidaria deste sábado.

"Os fondos se destinan fundamentalmente á investigación oncolóxica"
A que se destinan os fondos que os nosos veciños aportan nas huchas da AEECC?
Nós dende Ordes custodiamos eses cartos que son enviados á organización provincial, e dende aí van destinados fundamentalmente á investigación oncolóxica. En Ordes, e a diferencia do resto de España, facemos a nosa campaña de cuestación nunha data diferente xa que aproveitamos a festa do champiñón para pedir a colaboración desinteresada dos ordenses e dos nosos visitantes.

Somos solidarios os ordenses?
(Sen dubidar) Si, o somos e moito. Os veciños de Ordes somos moi, moi solidarios. Eu non podo máis que expresar o noso agradecimento ao pobo de Ordes por tantas e tantas mostras de solidaridade con que nos agasallan altruistamente. Dende logo, Ordes é o que é grazas á calidade humana dos seus veciños e veciñas.

Vostede e tamén presidenta de Cáritas en Ordes. Realmente ve graves necesidades en familias do noso concello?
Si, as vexo. Esas necesidades existen. Hai necesidades de alimentos, atrasos ou incapacidade de poder pagar as facturas da luz ou da auga, e dende Cáritas tratamos de que a esmola que recibimos, que cada vez é máis precaria, dea para poder axudar a todos eses veciños de Ordes necesitados. Ademais percibimos tamén un incremento no noso municipio dos chamados pobres vergoñentos, que son aqueles pobres que non piden axuda nin falan da súa precaria situación, como se sentiran vergoña da súa delicada situación persoal e económica.

Como poden colaborar os nosos veciños coa AEECC e Cáritas?
Poden colaborar de dous xeitos: facendo doazóns económicas nas nosas huchas ou ben na igrexa parroquial para ser destinado a Cáritas, ou tamén poden participar dun modo máis activo nas conferencias, encontros e charlas que ofrecemos periódicamente. Tamén poden participar doando alimentos e outros recursos básicos para as familias máis necesitadas de Ordes.

 
II Cea Solidiaria Asociación Española Contra o Cancro de Ordes
Sábado, 10 de novembro do 2012 ás 21:30 horas.
Restaurante El Túnel (Avenida de Alfonso Senra 119). Teléfono 981 680280
Prezo: 25 euros.
Máis información: Emilia Vázquez Pardo (Tlf. 638617302) ou Carmen Iglesias (Tlf. 696136265).

*

miércoles, 7 de noviembre de 2012

A asociación contra o cancro celebra este sábado en Ordes a súa cea benéfica anual


Será no restaurante El Túnel a partires das 21:30 horas a un prazo de 25 euros por persoa

A delegación da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) en Ordes celebrará este próximo sábado, 10 de novembro, a partires das 21:30 horas, a segunda edición da súa cea benéfica anual orientada a recadar fondos para financiar as actividades desta entidade sen ánimo de lucro e concienciar á sociedade sobre esa doenza.

A presidenta da delegación local da Asociación contra o Cancro en Ordes e organizadora do evento, Emilia Vázquez, anima aos veciños a asistir a esta cea benéfica, que se celebrará no Restaurante El Túnel, onde xa se poden efectuar as reservas e adquirir os vales de asistencia, a un prezo de 25 euros por comensal.

Sorteo de agasallos
Durante a cea, os organizadores sortearán diferentes agasallos cedidos de balde por empresas e comercios da vila. A cea benéfica contará coa asistencia da presidenta provincial da Asociación  Española contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro. 

A organización tamén habilitou unha 'mesa cero' para aquelas persoas que desexen colaborar economicamente coa Asociación Española contra o Cancro aínda que non asistan á cea.

*

domingo, 8 de enero de 2012

ORDENSES DEL AÑO 2011: Ordense revelación

Ya podéis elegir a los ordenses del año 2011. Este año hemos seleccionado ocho categorías diferentes.

ORDENSE REVELACIÓN 2011


Pedro Carrasco. Destacado afilado al Partido Popular de Ordes, este farmacéutico recibió la llamada de José Luis Martínez Sanjurjo para participar como número dos de su lista en las elecciones municipales del mes de mayo. Tras de sí dejaba un intenso trabajo en la organización local para alcanzar, tras las votaciones, un acta de concejal de la corporación municipal del Concello de Ordes.

Emilia Vázquez. Presidenta de la delegación de Ordes de la Asociación Española Contra el Cáncer. El 12 de noviembre del 2011 organizaba una cena benéfica dirigida a recaudar fondos para financiar las actividades de esta entidad sin ánimo de lucro que presta un servizo desinteresado en la lucha contra el cáncer. Sus actividades van desde la concienciación social  ata el apoyo a pacientes y sus familias e, incluso, a la financiación de programas de investigación.

Montse Rey. El 15 de enero del 2011, la asamblea del BNG de Ordes aprobaba por unanimidad l a candidatura encabezada por Gonzalo Castro a las elecciones municipales de mayo. La bióloga Montse Rey, responsable de Adega en la comarca de Ordes, ocupaba el puesto número 2 y se convertía, cuatro meses después, en concejala de la corporación municipal del Concello de Ordes.

Marcos Ferreiro. El joven de Mesía, de 24 años de edad, daba un impulso al asociacionismo político de la comarca postulándose, el 10 de abril del 2011, como presidente de Novas Xeracións Ordes, agrupación juvenil del Partido Popular. Acompañan a Ferreiro en la aventura política, José Antonio Liste Cores como vicepresidente, Aitor Noya Martínez,  secretario general y Rocío Vázquez Sueiro como tesorera. 


*

martes, 8 de noviembre de 2011

Organizan unha cea contra o cancro en Ordes

A Asociación contra o Cancro de Ordes a celebra o próximo sábado para recadar fondos

Máis información: Emilia Vázquez (638 61 73 02) ou Carmen Iglesias (696 13 62 65)


A delegación da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) en Ordes celebrará o próximo sábado, 12 de novembro, unha cea benéfica dirixida a recadar fondos para financiar as actividades desta entidade sen ánimo de lucro.

A presidenta da delegación local da Asociación contra o Cancro en Ordes, Emilia Vázquez, anima ao conxunto dos veciños deste  municipio e dos concellos veciños a tomar parte nunha actividade sen ánimo de lucro, pensada para “incrementar os recursos económicos dunha entidade que presta un servizo desinteresado na loita contra o cancro a partires dun enfoque múltiple que abrangue desde a concienciación social orientada á prevención da enfermidade, ata o apoio aos pacientes e as súas familias e, incluso, o financiamento de programas de investigación”.

25 euros/persoa
A cea benéfica contará coa asistencia da presidenta provincial da Asociación  Española contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro. O acto celebrarase no Restaurante El Túnel, cun prezo de 25 euros por comensal. Os interesados en participar nesta cea benéfica poden efectuar a reserva e adquirir os vales correspondentes no propio restaurante.

A organización tamén habilitou unha “Mesa Cero” para aquelas persoas que desexen colaborar economicamente coa Asociación española contra o Cancro aínda que non asistan á cea. Os participantes na cea benéfica participarán no sorteo dunha fin de semana nun balneario por xentileza de Viaxes Cristín (Avenida de Alfonso Senra 135, baixo). 

Para máis información contactar con Emilia Vázquez no teléfono 638 61 73 02 ou con Carmen Iglesias no 696 13 62 65.

*

martes, 29 de marzo de 2011

Unha mesa de expertos informará sobre o cancro de colon e recto

Será o 31 de marzo de 10:00 h a 13:00 h. no Centro de Saúde de Ordes

A Concellería de Sanidade do Concello de Ordes en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro e co Centro de Saúde de Ordes, organiza unha mesa informativa sobre a prevención primaria do Cancro de Colon e Recto o vindeiro 31 de marzo de 2011 con motivo do Día Mundial do Cancro de Colon e Recto.

Así, o vindeiro xoves estará dispoñible para todo o público que queira achegarse e obter información ao respecto, unha mesa informativa no Centro de Saúde de Ordes de 10.00 h a 13.00 h. O persoal encargado serán membros da Asociación Española contra o Cáncer de Ordes coordinados pola súa Presidenta, Emilia Vázquez Pardo.

Dieta, exercicio físico e alcol
Os principais factores de risco modificables do cáncer de colon e recto son a dieta, o exercicio físico e o consumo de alcol. Unha parte significativa (entre o 50 e o 70%) dos cancros de colon e recto poderianse previr cunha dieta rica en froitas e verduras, evitando ou moderando o consumo de bebidas alcohólicas e facendo exercicio físico regular. A detección precoz do cancro, mediante a proba de detección de sangue oculta en heces, realizada cada dous anos, é unha estratexia de eficacia demostrada para reducir a mortalidade por este cancro nun 17%.

Podes coñecer máis sobre o cancro de colon realizado polo programa 'Salud al día', de Telemadrid.



As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“A preocupación desta concellería dende o seu inicio, con programas como Ordes Saudable, é a de facilitar aos nosos veciños toda a información necesaria para previr todo tipo de enfermidades a través de hábitos de vida saudable"

"Consideramos fundamental levar a cabo actuacións de promoción da saúde que se dirixan directamente á alimentación, o consumo de alcohol, o exercicio físico ou o consumo de tabaco que terán impacto positivo, a medio e longo prazo, na prevención de enfermidades crónicas e de diversos tipos de cancro, incluído o cancro colorrectal"

*

lunes, 20 de septiembre de 2010

Ordes conmemora mañá o Día Mundial Contra o Cancro de Mama

Membros da Asociación Española Contra o Cancro ofrecerán información sobre esta enfermidade nunha mesa que se instalará no centro de saúde ordense de 10 a 13 horas

Teléfono da sede de Ordes de Asociación Española Contra o Cancro: 981 680221

O centro de saúde de Ordes acollerá mañá mércores día 22 unha mesa informativa sobre o cancro de mama. O horario de atención ó público irá dende as 10 ata as 13 horas. Deste xeito tódalas persoas que se acheguen poderán obter información útil sobre a prevención, tratamentos, diagnósticos ou calqueira outro aspecto relativo a esta enfermidade.


Para poder levar a cabo esta iniciativa a AECC de Ordes conta coa colaboración do departamento de Sanidade do concello ordense. “Deste xeito pretendemos conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro de Mama que tivo lugar o pasado 19 de setembro”, asegura Emilia Vázquez Pardo, presidenta da sede local da AECC. Unha data na que non se organizou ningún evento no concello por coincidir en domingo, “de ahí que se faga este mércores, porque así aproveitamos para falar coa xente que veña á feira”, puntualiza Emila Vázquez.

Ata o centro de saúde achegaranse membros do equipo do goberno dirixido por Manuel Regos. Un xesto co que queren amosar o seu apoio e solidaridade na loita contra esta infermidade que cada vez consiguen superar máis mulleres. Alí serán recibidos pola presidenta da AECC en Ordes, así coma outras integrantes entre as que estarán Argentina Campos, Concepción Castro, Mari Carmen Pérez, Marina Lamas ou Mari Carmen Iglesias, entre outras.

Podes ver un vídeo explicativo sobre o cancro de mama facendo clic baixo estas liñas:



Fondos necesarios para a investigación
Dende a AECC de Ordes queren aproveitar o acto de mañá para concienciar á xente “da importancia que teñen as aportacións económicas para recaudar fondos de cara á investigación”, destaca Emilia Vázquez. “Ter socios é importante pero non se pode avanzar se non hai cartos cos que investigar e continuar cos proxectos que está a realizarse”. A pesar de que na mesa que mañá se instalará no centro de saúde no se recollerán cartos, tódolos interesados recibirán a información precisa para saber onde e cómo poden contribuir na loita contra o cancro da maneira máis rápida e fectiva.

Na actualidade preto de 300 persoas están inscritas na AECC de Ordes. Para calqueira consulta poden acudir ó número 43 da rúa Fuente Estrey ou ben contactar no 981 680 221. Tamén o poden facer no bar Salón, ubicado no parque Félix Rodríguez de la Fuente.

*