Os membros da candidatura do Partido Popular no Concello de Ordes para a lexislatura 2011-2015. |
O Partido Popular considera que o Concello de Ordes ten espazo suficiente na Casa Consistorial de sempre, polo que, despois las eleccións municipais do vindeiro 22 de maio, buscará novos usos, máis acordes coas necesidades dos veciños.
“O que Ordes necesita realmente é un centro de día, unha nova gardería pública e unha casa da xuventude”, afirma o candidato, José Luis Martínez Sanjurjo, que entende que a corporación e a administración local dispoñen de despachos abondo na actual Casa Consistorial.
Débeda de 1.500 millóns de pesetas
Nun nomento no que o Concello de Ordes acumula unha débeda de nove millóns de euros (1.500 millóns das antigas pesetas, a razón de 115.000 ptas. por veciño), o Partido Popular non comparte a necesidade do novo edificio para o Concello, por entender que a prioridade pasa por atender outros servizos básicos como o acondicionamento de rúas e estradas, servizos sociais ou emprego dos que o Executivo local se desentendeu durante a lexislatura que agora remata.
“Mentres que prioridade do actual Goberno se centrou en construir despachos de luxo para o alcalde e os concelleiros, o futuro Executivo do Partido Popular centrarase en escoitar e arranxar os problemas que de verdade preocupan aos veciños”, asevera Martínez Sanjurjo.
*