Mostrando entradas con la etiqueta Lino Gaudeoso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lino Gaudeoso. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de abril de 2012

Pablo Vidal: "O BNG é unha alternativa seria e honesta para gobernar Ordes"

Pablo Vidal, responsable local do BNG de Ordes.
O BNG de Ordes confía a súa nova dirección en Pablo Vidal, de 26 anos, veciño da vila de Ordes e arquitecto técnico

O Bloque Nacionalista Galego de Ordes renovou a dirección local nunha asamblea na que se respaldou por unanimidade a candidatura ao Consello Local encabezada por Pablo Vidal Ríos, un xovén arquitecto técnico, de 26 anos, veciño da vila de Ordes, que a pesar da súa xuventude leva unha contrastada traxectoria dentro do nacionalismo, no que ten desempeñado importantes responsabilidades en Galiza Nova, organización xuvenil do BNG.

No novo Consello local, destaca tamén a presenza da concelleira Montserrat Rei, que ocupará a vicerresponsabilidade local, e do portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro.

Nova dirección
Xunto a eles figuran nesta nova dirección local, renovada nun cincuenta por cento  dos seus membros, as seguintes persoas: Gonzalo Veiras Carneiro, Oscar Martinez Iglesias, Paula Castenda Blanco, Ramiro Recouso Liste, Avelino Candal Fariña, José Antonio Raña Regueira, Lino Gaudeoso Vázquez e Gonzalo Álvarez Prado.

Na súa primeira intervención como novo responsable local, Pablo Vidal afirmou que o obxectivo do BNG de Ordes para os próximos anos pasa por «reforzar a alternativa de goberno que representa o BNG en Ordes, unha alternativa seria e honesta para gobernar Ordes e sacalo do atraso ao que o teñen condeado as políticas dos sucesivos gobernos da dereita”.


Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, e Montserrat Rei, a súa vicerresponsable local.
As frases de Pablo Vidal, responsable local do BNG de Ordes
“Se algo caracteriza o proxecto do BNG para Ordes é o seu futuro, como o atestigua a media de idade da súa dirección, de 34 anos, o claro exemplo de que existe unha opción de futuro para gobernar Ordes con ideas novas, desprazando a gobernantes que levan máis de vinte anos gobernando o noso concello. Ordes precisa aire fresco, e iso é o que representa o BNG”

"As liñas de traballo da nova dirección do BNG de Ordes buscarán reforzar a actuación do BNG na sociedade, así como intensificar a comunicación cos veciños do noso concello"


*

viernes, 4 de febrero de 2011

Gonzalo Castro: "O BNG gobernará para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións"


O BNG de Ordes presentou a súa lista para as municipais de maio nun abarrotadísmo El Túnel

As prioridades do BNG para Ordes: Creación de emprego, servizos sociais e participación cidadá

Guillerme Vázquez: "Galiza leva cinco meses destruíndo máis emprego que o resto do Estado"

O BNG de Ordes celebrou onte xoves o acto de presentación das 17 persoas que formarán parte do primeiro tramo da candidatura ás próximas eleccións municipais, candidatura encabezada por Gonzalo Castro e que conta nos primeiros postos coa presenza de Monserrat Rei, Ramiro Recouso, Pablo Vidal e Rosa Neira, e que contou coa participación do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. A presentación, que se celebrou no restaurante O Túnel, congregou a un numeroso público de veciños e veciñas de Ordes, tanto que o recinto quedou pequeno para acoller a toda axente que se achegou ao acto.

Así mesmo, o BNG de Ordes contou neste acto co respaldo dunha ampla representación da executiva nacional do BNG, onde destacaba a presenza de Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento de Galicia.

Os salóns do restaurante El Túnel rexistraron un cheo absoluto de xente para coñecer a lista do BNG de Ordes.
"Co goberno do PP o paro en Galiza medra máis que no conxunto do Estado"
Na súa intervención, o portavoz nacional do BNG denunciou que “en Galiza levamos xa cinco meses destruíndo máis emprego que o resto do Estado”. Ante esta situación, manifestou que “o BNG está en condicións de frear o PP porque só o BNG ten políticas verdadeiramente alternativas ás políticas da dereita”.

Guillerme Vázquez asegurou que o PP vai levar a Galicia a liderar as listas do paro en España.
"A candidatura do BNG, a única que representa un cambio real para Ordes"
Os integrantes dos primeiros postos da candidatura do BNG de Ordes interviron salientando que só o BNG representa unha alternativa de cambio real para Ordes. Rosa Neira, membro do comité de empresa de viriato e candidata nº 5, manifestou que o BNG pretende convertir Ordes no verdadeiro motor socioeconómico da comarca.

Pablo Vidal, arquitecto técnico e candidato nº 4, incidiu en que para o próximo goberno do BNG será prioritario adoptar medidas para paliar o desemprego da xente nova, así como fomentar o asociacionismo xuvenil. Ramiro Recouso, empresario e candidato nº 3, animou aos veciños e veciñas de Ordes a dar o paso e apoiar ao BNG para erradicar de Ordes aos políticos que só se presentan para “encher e bandullo e por intereses persoais”. Montse Rei, candidata nº 2, salientou que o BNG “mellorará os servizos sociais no noso Concello, que están a sufrir un grave deterioro e abandono”.

Momento da intervención de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes.
“O BNG gobernará para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións”
Pola súa parte, o candidato Gonzalo Castro situou como un compromiso fundamental o de “gobernar para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións, para todos por igual”.  E é que, segundo salientou “nas vindeiras eleccións municipais o BNG é a única alternativa de cambio real en Ordes”.

Ademais, o cabeza de lista do BNG marcouse “como prioridade do BNG no próximo goberno a creación de emprego, de servizos sociais e a participación cidadá”. Neste sentido, Castro anunciou o compromiso do BNG de elaborar uns orzamentos participativos, a construción e impulso dun viveiro de empresas, a modernización da praza de abastos e o impulso do tan necesitado e demandado centro de día de Ordes. O candidato concluíu afirmando que “o BNG é a alternativa da xente que quere que en Ordes haxa un cambio real”.

Foto arriba: De esquerda a dereita, Carlos García, Mónica Pedreira, Paula Castenda, Manuel Beiras, José Antonio Raña, Gonzalo Álvarez, Pablo Vidal, Ramiro Recouso, Rosa Neira, Gonzalo Castro (candidato á alcaldía), María Xosé Raña, Guillerme Vázquez (portavoz nacional do BNG), Paula Costa, Lino Gaudeoso, Óscar Martínez, Gonzalo Veiras, Pilar Rivera e Monserrat Rei.

*

sábado, 15 de enero de 2011

Castro encabezará unha lista na que Montse Rey será número 2 e Recouso o 3

María Xosé Raña abandona a corporación pechando as listas no posto de honra

Castro: “Chegou a hora dun cambio real en Ordes, un cambio que liderará o BNG”

A asamblea do BNG de Ordes ven de aprobar por unanimidade  a candidatura ás vindeiras eleccións municipais que encabezará o actual portavoz municipal, Gonzalo Castro.

A candidatura inclue ás seguintes persoas:

1. Gonzalo Castro. Avogado, portavoz municipal do BNG de Ordes.

2. Montse Rey Patiño. Licenciada en Química, presidenta de Adega Ordes.

3. Ramiro Recouso. Empresario, actual concelleiro do BNG en Ordes.

4. Pablo Vidal Ríos. Arquitecto técnico, membro de Galiza Nova.

5. Rosa Neira Noy. Membro do comité de empresa de Viriato, S.A.

6. José Antonio Raña, de Buscás.

7. Lino Gaudeoso, de Vilamaior.

8. Mónica Pedreira, de Ardemil.

9. Paula Costa, de Mercurín

10. Gonzalo Álvarez Prado, de Poulo.

11. Oscar Martínez, de Parada.

12. Paula Castenda, de Ordes.

13. Gonzalo Veiras, de Ordes.

14. Carlos García, de Lesta.

15.  Pilar Rivera, de Ordes.

16. Manuel Veiras, de Pereira.

17. María Xosé Raña, de Barbeiros e actual concelleira do BNG de Ordes.

As frases de Gonzalo Castro, candidato á alcaldía de Ordes polo BNG

“chegou a hora dun cambio real en Ordes, un cambio que liderará o BNG”.

"A creación de emprego, o saneamento económico do Concello e a participación dos veciños e veciñas na xestión municipal, son os tres principais obxectivos do próximo goberno municipal do BNG”.

“Síntome moi satisfeito por poder contar cun equipo tan capacitado, unido e ilusionado para cambiar Ordes”

"Emprazo a todos os membros da candidatura e da asamblea local a traballar intensamente, con cercanía e humildade, para lograr o vindeiro mes de maio o verdadeiro cambio que os veciños e veciñas de Ordes levan esperando desde hai moitos anos”

*

sábado, 23 de octubre de 2010

Unha delegación do PP de Ordes se presenta ante a Xunta de Galicia para coñecer a realidade das concentracións parcelarias do municipio

Os populares acusan á anterior delegada de Medio Rural, Olga García, de "enganar aos veciños" e antepoñer a súa militancia nacionalista ao rigor e seguridade xurídica

Martínez Sanjurjo, enxeñeiro forestal e candidato popular de facto á alcaldía de Ordes, estréase divulgando un completo informe da situación real da parcelarias do noso municipio 

Dende a Xestora do Partido Popular de Ordes informaron esta tarde de que varios representantes da formación mantiveron unha reunión na Xunta de Galicia "para axilizar os procesos de concentración parcelaria que se están a executar" e reclamar "o máximo rigor para que se respecten os dereitos de todos os propietarios".


Olga García entre Lino Gaudeoso e Gonzalo Castro en xaneiro de 2009.

Logo das "afirmacións contraditorias e carentes de rigor" que se teñen efectuado nos últimos días "para confundir aos veciños", o Partido Popular de Ordes informa que os propietarios con terreos nas zonas de concentración parcelaria de Beán-Pereira II, Parada II e Mercurín-Lesta II "poderán coñecer nas próximas semanas as fincas de reemprazo que lles corresponderán, abríndose logo o período de alegacións".

Simultaneamente, sempre segundo o comunicado dos populares, os propietarios de Ardemil, Leira, Buscás e Barbeiros-Vilamaior II, que xa tomaron posesión das fincas de reemprazo tempo atrás, recibirán os títulos de propiedade ao longo do ano 2011 ou, como moi tarde, o 2012.

Pola súa parte, os propietarios de Montaos están a sofrir as consecuencias da "xestión chapuceira do anterior Goberno bipartito", que deu posesión das novas fincas "sen ter completado todo o proceso legal necesario, deixando pendentes de resolver numerosos recursos e sen solucionar tampouco a afectación derivada do trazado do Camiño Inglés" que atravesa a parroquia.

Toda esta información foi recompilada polo Partido Popular de Ordes nunha reunión celebrada nos servizos centrais da Consellería de Medio Rural cunha dobre intención: reclamar a axilización das concentracións que están en marcha e trasladar aos veciños afectados información fidedigna sobre o proceso.

Martínez Sanjurjo, candidato do PP á alcaldía de Ordes.
Asistiu ás reunións o candidato popular á alcaldía
Na reunión participou o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que pola súa condición de enxeñeiro técnico forestal e auxiliar técnico en topografía, é un bo coñecedor de todas as fases que integran calquera proceso de concentración parcelaria. Tamén asistiu a presidenta da xestora local do PP, Estrella Vázquez Varela.

O Partido Popular de Ordes aclara que boa parte das demoras que están a padecer os veciños afectados polas diferentes concentracións parcelarias que se están a executar no Municipio son consecuencia da actuación irresponsable da anterior delegada de Medio Rural, que antepuxo a súa militancia nacionalista e a busca de réditos electorais mediante o engano, fronte ao rigor, a planificación ordenada e a necesaria seguridade xurídica que debe caracterizar calquera concentración parcelaria, un proceso complexo de ata oito fases diferentes.

“Antes de desinformar, hai que contrastar os datos; e en lugar de competir en despilfarro e en enganos, como sucedeu durante a etapa do bipartito, hai que actuar coa seriedade coa que traballa o actual equipo da Consellería de Medio Rural”, afirman desde o PP de Ordes.

CONCENTRACIÓN PARCELARIA NO CONCELLO DE ORDES
Situación actual segundo informan dende o Partido Popular de Ordes.

1º.- BEÁN-PEREIRA II:
a) O decreto da zona é do ano 1991, e as bases definitivas (fincas aportadas) son firmes dende o 25/04/1999. Non se pode falar, polo tanto, dunha espera dun cuarto de século.

b) En datas próximas, vaise efectuar a exposición publica do Acordo de Concentración Parcelaria da zona, o que implica dar a coñecer as propietarios as fincas de reemplazo, logo de resolver as alegacións interpostas contra o proxecto exposto no ano 2008. Xa se convocou a xunta local da zona.

c) Coa exposición pública achegaránselle aos propietarios as fichas de atribucións da nova fase e abrirase un prazo de un mes para a presentación de recurso de alzada.

d) Neste momento dende a Consellería de Medio Rural, estase axilizando o trámite de contratación do amojonamiento (sinalización dos lindeiros) das fincas de reemprazo, que será coñecido nas vindeiras semanas.

e) Posteriormente publicarase o correspondente aviso de toma de posesión das novas fincas e abriranse os prazos contemplados na lei 12/2001 para a comprobación de superficie e retirada do arborado.

f) Finalmente, declararase a firmeza do acordo, unha vez resoltos todos os trámites e continuarase coa elaboración dos títulos de propiedade e a protocolización notarial da acta de reorganización de propiedade.

Prazo estimado de remate proceso: 2 anos, mínimo.

Non respectar eses prazos implicaría inseguridade xurídica para os propietarios.

2º.- ARDEMIL, LEIRA, BUSCÁS, BARBEIROS-VILAMAIOR II E MONTAOS:
a) Nestas zonas deuse posesión provisional das fincas de reemprazo aos propietarios. Ardemil, Leira e Buscás son as mais avanzadas e estase cos últimos flecos de resolución das reclamacións. Vaise publicar a firmeza do acordo en breve, contratar a elaboración dos títulos de propiedade e efectuar a acta de reorganización da propiedade. Ao longo de 2011 ou comezos de 2012 efectuarase a entrega de títulos de propiedade.

b) Barbeiros-Vilamaior II. Tamén ten toma de posesión provisional e neste momento estanse a resolver as reclamacións de superficie. En breve colocaranse os marcos que quedaron pendentes logo da toma de posesión (novembro 2008), e procederase de igual xeito que no resto das zonas mencionadas.

Firmeza do acordo e acta de reorganización da propiedade: ano 2011.

c) Montaos II. Aínda ten pendente a notificación dos recursos de alzada, que se efectuará en breve, así como as reclamacións de superficie e corrección de erros no amojonamiento. Así mesmo tratarase de dar unha solución satisfactoria aos afectados polo trazado do Camiño de Santiago (Camiño Inglés).

A toma de posesión das fincas de reemprazo deuse dun modo apresurado en novembro do 2007, e agora son os propietarios os que pagan as consecuencias, aínda 3 anos despois.

Firmeza do acordo e acta de reorganización da propiedade: sen data fixa

3º.- PARADA II e MERCURIN-LESTA II;
a) En ambas zonas estase á espera da exposición publica do proxecto das novas fincas. Este trámite efectuarase en breve, en cuestión de semanas, unha vez que dende a administración se convoquen as xuntas locais. Abrirase un prazo de alegacións e, a continuación, a empresa adxudicataria dos traballos procederá a elaborar os planos do acordo.

b) Dende a Consellería tratarán de axilizar no posible os tempos das seguintes fases, a fin de que os propietarios poidan botar man das novas fincas canto antes.

De ningún xeito se pode dicir que estes procesos rematarán nos próximos meses, nin que os investimentos da anterior lexislatura así o prevían, cando son tantos e tan laboriosos os trámites que faltan ata acadar a toma de posesión, e máis aínda a firmeza do acordo e posterior acta de reorganización da propiedade.
Non respectar os diferentes prazos e fases legalmente establecidas implicaría inseguridade xurídica para os propietarios.

Moitas das demoras que se están a producir nas diferentes zonas de concentración de Ordes veñen derivadas do modo de actuar da anterior delegada do medio rural: falta de planeamento e busca de intereses unicamente partidistas (BNG) por riba do rigor e veracidade que se lle debe esixir a calquera cargo público.

*

martes, 7 de julio de 2009

Ramiro Recouso, elexido novo responsable local do BNG

.
Foi a única candidatura presentada e saiu escollida por unanimidade

O Bloque Nacionalista Galego de Ordes renovou a dirección local nunha asamblea celebrada na noite de onte, na que se respaldou por unanimidade a candidatura ao Consello Local encabezada por Ramiro Recouso Liste, que será o novo responable local en sustitución de Xesús Rios. A nova dirección local integra tamén ao portavoz municipal, Gonzalo Castro, e á concelleira María Xosé Raña.

Nova dirección local
Xunto a eles figuran na nova dirección local Montserrat Rei Patiño, Xesús Franqueira Villaverde, Rosario Fernández Velho, José Antonio Raña Regueira, Pilar Rivera Mosquera, Pablo Vidal Ríos, Lino Gaudeoso Vázquez, Rosa Neira Noya, Xosé López Prego, Ovidio Castenda Balado, Paula Costa Franqueira, Óscar Martínez Vázquez, Manuel Veiras Varela e Xesús Ríos Pena.

A vicerresponsabilidade local será ocupada por Montserrat Rei, mentres Xesús Franqueira asumirá a responsabilidade de organización na nova dirección local.


*

viernes, 3 de julio de 2009

Subvención de 21.000 euros para a escola unitaria de Vilamaior

.
O BNG local anuncia a achega económica da Deputación da Coruña

Gonzalo Castro: "A súa mellorá potenciará a realización de actividades culturais en Vilamaior e fortalecerá a súa vida social

Gaudeoso solicita do goberno municipal que envista 38.000 euros na escola

Gonzalo Castro ven de anunciar que a Deputación Provincial da Coruña, institución cogobernada polos nacionalistas, subvencionará o acondicionamento da escola primaria de Vilamaior de Ordes cunha cantidade próxima aos 21.000 euros. Segundo o concelleiro, a subvención irá destinada ás obras da primeira fase do acondicionamento da escola.

Lino Gaudeoso, dirixente local do BNG de Ordes e representante da Asociación Seixo Branco de Vilamaior, manifestou a satisfacción deste colectivo porque “por fin se teña atendido a solicitude da asociación Seixo Branco de mellorar e acondicionar o local social de Vilamaior”.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
"Coa mellora e acondicionamento da Escola Primaria de Vilamaior atendese unha vella reivindicación dos veciños desta parroquia”

“Na actualidade as escola de Vilamaior presenta importantes deficiencias no seu estado de conservación, sobre todo na primeira planta, que está inservíbel, así como na cuberta”

“A escola viña sendo utilizada, malia as súas deficiencias, como local social e cultural nunha parroquia que goza dun movemento asociativo moi dinámico, polo que a súa mellorá potenciará a realización de actividades culturais en Vilamaior e fortalecerá a súa vida social”

As frases de Lino Gaudeoso, da Asociación Seixo Branco
“Esta actuación permitirá habilitar espazos do local que agora non é posíbel utilizar, como os situados na primeira planta”

"Reclamamos do goberno municipal de Ordes que colabore do mesmo xeito que a Deputación e aporte un investimento que permita completar a totalidade do orzamento das obras correspondentes á primeira fase do acondicionamento da Escola que, segundo o proxecto do que dispón a asociación, ascendería a unha cantidade total próxima aos 38.000 euros”.


*

jueves, 22 de enero de 2009

A Delegada de Medio Rural confírmalle a Castro o inicio das obras en Buscás e Vilamaior

.
Máis dun millón de euros en obras para ambas parroquias

O portavoz do BNG, Gonzalo Castro, informou de que a Delegada Provincial da Consellería do Medio Rural, Olga García, confirmou nunha reunión mantida por ambos no día de hoxe, que as obras de execución da rede de camiños secundarios de ambas Concentracións Parcelarias iniciaranse nos vindeiros días, por un importe de máis de 380.000 euros no caso da de Buscás e de perto de 770.000 euros na de Barbeiros-Vilamaior.

Compromiso da Delegada
Dita confirmación constitúe o cumprimento do compromiso expresado por Olga García nas reunións celebradas recentemente cos veciños afectados polas Concentracións Parcelarias de monte destas dos parroquias.

Barbeiros-Vilamaior
Así mesmo, Castro e a Delegada, analizaron a situación derivada da falta de apertura de varios camiños na antigua Concentración Parcelaria de labradío de Barbeiros-Vilamaior, que foi entregada hai máis de trinta anos sen que se, segundo os nacionalistas, "finalizasen varios dos camiños incluidos na mesma".

Con respecto a este asunto, García confirmou a Castro que na execución da rede secundaria de camiños da Concentración de monte de Barbeiros-Vilamaior, "se incluirán as obras relativas ás pistas que quedaron sen abrir na antigua Concentración de labradío", o que constituia un compromiso adquirido pola Delegada Provincial nunha reunión mantida o pasado mes de decembro cos veciños afectados por esta concentración parcelaria.

A frase de Gonzalo Castro, portavo municipal do BNG de Ordes
"É unha satisfacción que a Consellería teña cumprido o compromiso adquirido cos veciños e vaia executar a rede de camiños secundarios da Concentración de monte de Buscás e Barbeiros-Vilamaior, ademáis de solucionar o problema derivado da non apertura de varios camiños da antigua concentración de labradío de Barbeiros-Vilamaior, que levaba sen solucionarse máis de 30 anos"

A frase de Lino Gaudeoso, responsable de Medio Rural do BNG de Ordes
"Desde o BNG agardamos que o Concello tome exemplo da Consellería e arranxe varias pistas pertecentes á antigua concentración de labradío de Barbeiros-Vilamaior, que son de competencia municipal desde hai máis de 30 anos, e que se atopan nun deficiente estado de conservación por parte do Concello"

Foto : Lino Gaudeoso e Gonzalo Castro nunha xuntanza con Olga García o pasado novembro.


*

domingo, 28 de diciembre de 2008

Medio Rural necesitará el permiso de Regos para abrir los caminos pendientes de la antigua concentración de Vilamaior

.
"Emprazamos ao goberno municipal a actuarcon responsabildade e cooperación institucional", pide el dirigente local del BNG, Lino Gaudeoso

Según informa el BNG local, la parroquia de Vilamaior, ya tiene entregada la Concentración Parcelaria de labradío desde hace más de 30 años, aunque parte de la red secundaria de camiños continua sin ejecutarse. Ante esta situación, Gonzalo Castro "ten realizado xestións coa Consellería do Medio Rural coa finalidade de solucionar esta situación". Según este, estas gestiones han conseguido "o compromiso da Delegación Provincial de Medio Rural de executar os camiños secundarios da antiga Concentración Parcelaria de labradío de Vilamaior".

Podrían ubicarse en la concentración de Vilamaior-Barbeiros
Estas obras podría tener lugar aprovechando "que nas próximas datas se vai a iniciar a execución da rede de camiños secundarios da Concentración de monte de Vilamaior-Barbeiros, que está en pleno proceso de finalización e entrega". Se tata de una obra con un presupuesto asingnado de cerca de 800.000 euros, a los que habrá que sumarle la ejecución de los caminos pendientes de la antigua concentración de labradío.

Necesitarán el permiso del Concello
Pero para la realización de la obra de los camiños de la antigua concentración de Vilamaior, "resulta necesario o permiso do Concello, ao ser os terreos por onde transcurren os mesmos bens de dominio público municipal", según cuenta Gonzalo Castro.

La frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal del BNG de Ordes
“É unha satisfación que a Consellería do Medio Rural teña asumido o compromiso de resolver o problema derivado da non apertura de varios dos camiños da antiga concentración parcelaria de Vilamaior, problema que levaba 30 anos sen resolverse

La frase de Lino Gaudeoso, responsable do Medio Rural do BNG de Ordes
"Emplazo ao goberno municipal a actuar con responsabilidade e cooperación institucional, e que coa maior brevidade realice os trámites necesarios para autorizar as obras dos camiños, xa que se trata dunha actuación moi importante para a parroquia de Vilamaior"


*

martes, 4 de noviembre de 2008

O BNG continuará coas polémicas "reunións informativas" no rural


O BNG de Ordes realizará dúas reunións informativas sobre a toma de posesión da concentración parcelaria: domingo, 9 de novembro, ás 11:30 da mañá (Local Social de Barbeiros); e ás 16:00 da tarde (Escola de Vilamaior)

Gonzalo Castro, e o responsable de Medio Rural do BNG local, Lino Gaudeoso, reuníronse coa Delegada Provincial da Consellería do Medio Rural, Olga García, para analizar os pormenores da toma de posesión provisional da Concentración Parcelaria da zona de Vilamaior-Barbeiros, cuxo acordo será publicado nas próximas semanas no DOGA, momento no que se iniciarán, de xeito efectivo, os prazos para a toma de posesión das parcelas.

Os recursos presentados non excederon do 6%
Na citada reunión informouse aos representantes do BNG de Ordes de que a Consellería do Medio Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios debido a que unha vez rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Vilamaior-Barbeiros, o número de recursos presentados e pendentes de resolver non excedía do seis por cento dos titulares das explotacións, nin os reclamantes representaban máis do dez por cento da superficie concentrada. Así mesmo, Castro anunciou que na citada reunión se confirmou a adxudicación das obras de execución dos camiños secundarios e de acondicionamento das fincas, por un importe de 769.991,98 €, traballos que serán executados nos próximos meses.

A frase
Lino Gaudeoso: "É unha satisfacción o acordo da toma de posesión da concentración parcelaria de Vilamaior-Barbeiros, que incidirá positivamente no desenvolvemento socioeconómico das citadas parroquias”

*