Xesús Pedreira presentou aos ordenses o seu proxecto socialista
A creación de emprego será a prioridade para o candidato
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e o secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes e candidato á Alcaldía, Xesús Pedreira, presentaron esta noite a candidatura socialista á Alcaldía de Ordes nas eleccións do vindeiro 22 de maio. Un acto no que Pedreira anunciou que a creación de emprego será a máxima prioridade dos socialistas ordenses para a vindeira lexislatura.
O xornalista Marcial Mouzo foi o conductor da presentación de Xesús Pedreira como candidato á alcaldía de Ordes. |
Momento da intervención do secretario xeral dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez |
Podes ver o vídeo do acto facendo clic baixo estas liñas:
Compromisos
Xesús Pedreira aproveitou o acto para anunciar algúns dos eixos que conforman o seu programa electoral. “Seguiremos apostando polas parroquias e por levar cada vez máis actividades a elas”, explicou Pedreira Mirás, quen indicou que outra das fortes apostas dos socialistas ordenses será “conseguir un centro de día, onde os nosos maiores poidan estar perfectamente atendidos sen teren que deixar os seus fogares”.
Outro dos eixos da campaña socialista serán os mozos e mozas de Ordes. Neste sentido, Xesús Pedreira fixo un recoñecemento do labor realizado ata o momento polo Ordes CF pero lembrou que “tamén hai outros deportes como o atletismo, o tenis, o baloncesto... que temos que potenciar porque non todo vai ser fútbol en Ordes”. Ademais, asegurou que os socialistas apostarán pola construción dun centro cívico xuvenil.
Membros da candidatura do PSdG-PSOE co candidato Xesús Pedreira e secretario xeral, Pachi Vázquez |
Xesús Pedreira amosouse convencido de poder conseguir estes e moitos logros máis para Ordes. Unha confianza que basou no labor realizado nesta última lexislatura, “onde demos estabilidade ao Goberno de Ordes e os socialistas conseguimos máis de nove millóns de euros en investimentos para o benestar dos nosos veciños e veciñas”. Entre eses proxectos, Pedreira destacou o paseo fluvial do río Mercurín, a rolda leste, as melloras no centro médico, a reducción de impostos no rural ou as distintas actuacións realizadas a prol do medio ambiente, con proxectos pioneiros en Galicia como o da recollida de plásticos.
Xesús Pedreira tivo tamén un especial recoñecemento ao labor de Xosé Manuel Tobío “pola súa fidelidade ás siglas e ao proxecto socialista, así como o seu importante labor tanto no ámbito social como empresarial, traendo o wimax ás empresas, promovendo a Feira de Saldos, mellorando a praza de abastos ou iniciando a tramitación do polígono empresarial de Pardiñas”.
Cheo absoluto no salón de actos do restaurante ordende El Túnel. |
Xesús Pedreira estivo acompañado no acto, celebrado no restaurante El Túnel, polos alcaldes socialistas da comarca de Ordes: Manuel Mirás (Oroso), Mariano Iglesias (Mesía) e Xosé García (Cerceda), así como polos candidatos socialistas ás alcaldías de Trazo (Beatriz Domínguez), Frades (José Manuel Iglesias), Tordoia (Antonio García) e Teo (Jano Leis).
Parta dos membros da candidatura socialista no Concello de Ordes. |
1 Xesús Pedreira Mirás
2 María del Carmen Fernández Reboredo
3 Antonio Morán Ferreiro
4 Verónica Gómez Fuentes
5 Víctor Manuel Villaverde Mirás (Independiente)
6 Beatriz Busto Candal
7 Javier Gómez García
8 Elisa Carneiro Uzal (Independiente)
9 Juan Carlos Souto Figueira (Independiente)
10 María Carmen Arcos Antón (Independiente)
11 Juan José Ballesteros Díaz
12 María Sol Monje Garabato
13 María Josefa Couselo Vázquez
14 María Teresa Ferreiro González
15 Alejandro Manteiga García
16 Ana Vanesa Tacón Gómez (Independiente)
17 Carlos Pérez Casas
Suplentes:
1 José Lino Gómez González
2 Esther Figueroa Rodríguez
3 Antonio Becerra Lamas
4 Miriam Carballo Rodríguez
*