martes, 19 de abril de 2011

O Concello recollerá o cartón dos comercios da vila

O fará porta a porta nos sitios de maior densidad comercial en vistas a recuperar o material e mellorar a imaxe das nosas rúas

O Concello de Ordes, a través das concellerías de Medio Ambiente e Comercio e Industria, pon en marcha un sistema municipal de recollida porta a porta de cartón comercial dirixido aos establecementos situados nas zonas de maior concentración comercial do centro da vila.

Os comercios incluídos nesta inciativa serán informados nos próximos días das condicións nas que se levará a cabo a prestación do servizo. Tamén o departamento municipal de medio ambiente atenderá e resolverá calquera dúbida que haxa ao respecto desta iniciativa chamando ao 981 680002 ou na Casa do Concello no segundo andar.

A frase dos edís de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, e Industria e Comercio, José Manuel Tobío
"A recollida selectiva específica do cartón xerado nos establecementos comerciais, nas zonas de densidade comercial, ademáis do beneficio ambiental directo que supón a recuperación do material, ten aspectos positivos para o servizo público de limpieza viaria e o de recollida de papel-cartón en colector, mellorando a eficiencia de ambos servizos e, sobre todo, permite mellorar a imaxe das rúas comerciais. Esta iniciativa aportará notables melloras, tanto á cidadanía como ao propio comercio"


*