A revista municipal Concello de Ordes, onte en Expo Ordes. |
Anuncian o traslado do feito aos seus avogados para estudar unha posible denuncia electoral
O PP de Ordes denunciou onte a vulneración da lei electoral por parte do alcalde, Manuel Regos ao distribuir a revista municipal Concello de Ordes no recinto de Expo Ordes coincidindo cos días previos á XXII Festa do Champiñón. Segundo os populares, a recente reforma da lexislación electoral prohibe que as Administracións públicas financien medidas como as de “ensalzar [na revista] a xestión municipal destes últimos catro anos”.
Distribuida onte venres
“A revista", alertan dende o Partido Popular, “quere dar a entender que foi publicada en marzo. Sen embargo, o Concello iniciou a distribución da publicación na inauguración da Festa do Champiñón, na tarde de onte venres”. E, ademais, continúan, “a publicación faise eco da inauguración dos baixos da Alameda, programados xusto cando remataba o período legal para este tipo de prácticas, e xusto tamén cando entraba en vigor a prohibición de distribuir publicacións oficiais orientadas a glosar a xestión dos responsables públicos”.
O equipo de campaña do PP de Ordes anunciou tamén o traslado da publicación ao seu gabinete xurídico en vistas a estudar unha posibilidade de presentar unha denuncia ante a Xunta Electoral.
Que di a lei?
A Lei 2/2011, de 28 de xaneiro, pola que se modifica a Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, establece no segundo punto do artículo 50 que dende a convocatoria das eleccións e ata a celebración das mesmas queda prohibido calquera acto organizado ou financiado, directa o indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou aos logros obtidos, ou que utilice imaxes ou expresións coincidentes ou similares ás utilizadas nas súas propias campañas por algunha das entidades políticas concurrentes ás eleccións.
A Instrucción 2/2011 de 24 de marzo da Xunta Electoral Central entende que deben entenderse comprendidas en dita prohibición, entre outras actividades, a edición e reparto durante o periodo electoral con financiación directa ou indirecta dos poderes públicos, de libros, revistas, folletos e outros soportes que conteñan alusións aos logros obtidos por calquera poder público.
*