![]() |
A Orquestra Panorama, na madrugada do domingo en Ordes, celebrando o seu espectáculo afterhours. |
*Por R. A. Landeira
Telecinco abriu onte domingo os seus informativos das 15:00 horas co suceso de Faramilláns: dous mortos, un deles menor de idade. Viñan da
movida de Ordes; máis concretamente do espectáculo que a Orquestra Panorama
ofreceu no Campo da feira dende as 01:30 ata as 04:10 horas. Si, len bien: o espectáculo non deu comezo ata a 01:30 h.
En calquer país civilizado, a festa musical remataría moito
antes de que aquí siquera dese comezado. En Londres e París os concertos
comezan entre as 19:00 e as 20:00 horas. En Nova Iorque, as discotecas abren ás 17:30 horas e pechan ás 01:00 horas. En Madrid, un pouco más tarde: ás 21:00 horas prográmanse os conciertos. En todos eles, ás 23:00 horas
está todo limpo e recollido.
En todos lados menos en Ordes, onde somos máis listos que ninguén e imos a
ensinarlle aos londineses e neoiorquinos, a eles que inventaron o pop e o rock, a
divertirse máis que ninguén.
"É incivilizado comezar un concerto de madrugada"
Resulta intolerable, incivilizado, insultante, comezar un concerto de
madrugada e máis ainda rematala ás 04:10 horas. Ainda que non se tome alcol, o cansancio e a fatiga é notable. O espectador leva 15 horas esperto, e rematará a festa logo de 18 horas sen durmir dende que levantou da cama, sexamos xá xenerosos dicindo que ás 10:00 horas.
Ben sei que o maior ou menor consumo de alcol resulta algo que pertence á
conciencia de cada un. Na conciencia colectiva delegada nas Autoridades
municipales deberá pesar o feito de autorizar un concerto a esas indecentes horas.
Calquer estudio de accidentes de tráfico establece como causas mediatas ou indirectas a nocturnidade e a fatiga. O alcohol o exceso de velocidade ou o mal estado do vehículo ou da estrada serían as causas directas ou inmediatas-. A conciencia debe pesar sobre quenes estimulan o ocio a eses horarios e son causa da causa mediata.
Polo momento, nin gota de remordimento dos protagonistas de festa: a Orquestra Panorama. Non hai comunicado de pésame. Deben andar moi ocupados movendo os seus sete tráilers camiño de Lariño-Carnota para repetir a festa afterhours este próximo venres.
*