Mostrando entradas con la etiqueta Lucía Iglesias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lucía Iglesias. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de junio de 2014

O Concello de Ordes realiza tarefas de limpeza e resinalización no roteiro de Buscás


A semana que ven darán traballos no roteiro do río Mercurín

Varios membros do Goberno local de Ordes realizaron recentemente un percorrido polo roteiro de Buscás. Unha camiñata que aproveitaron para efectuar tarefas de limpeza e de resinalización ao longo deste traxecto. 

Trátase dunha das rutas de sendeirismo das que dispón o municipio, que cada ano son transitadas e desfrutadas por centos de caminantes e ciclistas. Os encargados de efectuar este traballo foron Luis Gómez Candal, Lucía Iglesias, Ramón Vázquez, Roberto Iglesias e a tenente de alcalde, Silvia Marín.


Xa de cara á vindeira semana está previsto que se levan a cabo os mesmos traballos no roteiro do río Mercurín.

*

domingo, 22 de junio de 2014

O Jogafán Ordes, subcampión da Copa Autonómica


Perderon na final contra o Autos Leiros por 4-5

O Jogafán Ordes F.S proclamouse subcampión da Copa Autonómica e campión da Sección Norte tras un partido contra o Autos Leiros (Mos) no que o marcador finalizou plasmando un resultado de 4-5. 

O partido foi seguido por un numeroso público que encheu as instalación do pavillón Castelao II. Previamente o Riazor F.S venceu por 3 - 0 ao Libertad F.S. o que lle permitiu aos herculinos alzar a Copa Provincial.

Gran churrascada
A xornada en Ordes estivo caracterizada non só pola deportividade senón tamén pola festa e a diversión, e en gran medida grazas á gran churrascada que se organizaou a mediodía para os xogadores, cadro técnico, directiva e seguidores.
Tanto a tenente de alcalde, Silvia Marín, como es concelleiros Lucía Iglesias e Roberto Iglesias estiveron apoiando aos locais en todo momento. Tamén se contou coa presencia do representante da Federación Galega de Fútbol Sala.

*

martes, 3 de diciembre de 2013

Os alumnos de autonomía persoal celebran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Un grupo de alumnos do curso, na aula adaptada do Mesón do Vento (Ordes).
Regalaron portavelas nos centros escoles de Ordes que eles mesmos fixeron 

Os alumnos e alumnas do curso de autonomía persoal que o Concello de Ordes imparte na aula adaptada do Mesón do Vento celebraron hoxe o Día Internacional das Persoas con Discapacidade elaborando portavelas artesanais construidos con corchos de botellas, cartón e pequenos vasos de cristal que eles mesmos decoraron. 

Ao longo desta mañá, a concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias, desprazouse ata os centros académicos do municipio para facer entrega en cada un deles destes agasallos.

Manifesto
Ademais dende o Concello de Ordes hoxe físoxe público o manifesto titulado ‘Mírame como eu te miro’, onde se incide na importancia da inclusión na sociedade actual de todas as persoas que presentan algún grao de discapacidade.


* 

viernes, 15 de noviembre de 2013

Os maiores de Ordes visitaron Andalucía


Todos xuntos posaron na Praza de España de Sevilla

Un grupo de maiores de Ordes desfrutaron recentemente dunha excursión que os levou por terras andaluzas. Entre os lugares máis destacados de todos os que visitaron destacou a cidade de Sevilla.

 Nesta ocasión todos eles estiveron acompañados polos concelleiros Ramón Vázquez Raña e Lucía Iglesias.

*


viernes, 16 de agosto de 2013

Ordes rendiulle homenaxe aos seus emigrantes


Manuel Brandarís, hoxe coa súa dona e o alcalde de Ordes, Manuel Regos.

Nesta edición estiveron representados por Manuel Brandarís, emigrado a Venezuela

Coincidindo co día de San Roque, Ordes viviu hoxe unha xornada dedicada aos emigrantes. Este ano, a responsabilidade de asumir a representación de todos os que un día tiveron que abandoar a comarca de Ordes na procura dun mellor futuro foi para Manuel Brandarís.

Nado en 1930 en Ordes, con 22 anos, Brandarís marchou cara a Venezuela cun contrato de traballo no sector da construcción. Alí fundou unha familia, ata que fai 22 anos quedou viuvo, momento no que decidiu instalarse na Arxentina. 

Saída da igrexa parroquial de San María. Ao fronte, a tenente de alcalde, Silvia Marín, e a concelleira Lucía Iglesias.
Solución ao problema da emigración
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, destacou da súa figura o que “actualmente supón para tantos xóvenes talentosos que formamos na nosa terra que teñen que coller as maletas e marchar fóra na procura dun futuro”. 

Regos fixo un chamamento ás altas instancias políticas e cúpulas de poder ”para que poñan solución a este problema que afecta moitas familias”. 

O alcalde, Manuel Regos, e Manuel Brandarís, durante a ofrenda floral aos emigrantes ordenses.
Monumento ao Emigrante
Unha vez rematada unha misa previa, Brandarís recibiu de mans do alcalde unha placa conmemorativa en lembranza deste día. A continuación, todos os presentes trasladáronse ata o Monumento ao Emigrante, ubicado nos parques municipais, para facer unha ofrenda floral e escoitar o Himno Galego.

Posteriormente, os presentes trasladáronse ata a Alameda para desfrutar do concerto ofrecido pola Banda de Música de Ordes e a orquestra Magos de España. 

Xa pola noite actuarán Tania Veiras e á formación París de Noia. Mañá sábado será o turno para Bahía Blanca, que este ano poñerá o peche ás festas patronais de Ordes.

*

martes, 13 de agosto de 2013

O Día da Muiñeira encheu a Alameda de Ordes de música e folclore



Nesta ocasión participaron catro agrupacións musicais da comarca 

Un ano máis, Ordes rendeu tributo ao noso folclore o pasado domingo na Alameda coa celebración do Día da Muiñeira. 

Nesta ocasión contouse coa participación de catro agrupacións da comarca: a Asociación Cultural Veciños de Leira, a Asociación Cultural Os xeitosos de Trazo, a Asociación Cultural ‘Camiño Real’ de Poulo e a Agrupación Folclórica Sementes do Arte. 


Pasarrúas
Previamente, os integrantes de cada grupo realizaron un pasarrúas polo centro da vila interpretando pezas musicais en vivo para preto dos 1500 asistentes ao acto.

Para finalizar, os concelleiros Ramón Vázquez Raña e Lucia Iglesias fixeron entrega dunha placa conmemorativa a cada un dos grupos.

*