O responsable do BNG de Ordes, Ramiro Recouso. |
O responsable local do BNG de Ordes, Ramiro Recouso declarou onte que “ao contrario do manifestado polo alcalde no pleno municipal celebrado este martes, a realización de debates na Radio Municipal é totalmente legal e está amparada tanto pola lei electoral como polas instruccións da xunta electoral”
O nacionalista esgrimiu que a Instrucción 4/2011, da Xunta Electoral Central, de 24 de marzo de 2011, regula a realización de debates polos medios públicos, posibilidade contemplada na lexislación electoral.
En concreto, Recouso afirmou que a Instrucción da XEC contempla a posibilidade de que “os medios públicos incluan debates, entrevistas e programas específicos de naturaleza electoral durante a campaña”.
Debate público
Ramiro Recouso afirmou que “unha vez resolta esta dúbida legal, que era a única razón que alegou o alcalde para rexeitar a realización dos debates, agardamos que o alcalde acepte a proposta do BNG para a organización de dous debates durante a campaña electoral, xa que consideramos que os veciños e veciñas de Ordes teñen dereito a estar informados, e que mellor para conseguir este obxectivo que confrontar os diferentes proxectos políticos nun debate público”.
Finalmente, Recouso anunciou que o candidato do BNG á alcaldía, Gonzalo Castro, “participará en todos os debates que se organicen, para explicar aos veciños e veciñas de Ordes o proxecto de goberno" que ten o BNG para Ordes.
*