Pedro Carrasco, número 2 das listas do Partido Popular de Ordes. |
O farmacéutico Pedro Carrasco ven de ser confirmado como número 2 na candidatura do Partido Popular a alcaldía de Ordes que encabeza o enxeñeiro forestal José Luis Martínez Sanjurjo. Carrasco, de 50 anos, comezou a súa andaina política como membro da xestora local do PP de Ordes.
A súa preocupación constante polos problemas dos veciños, o seu traballo dentro da organización local e a súa capacidade para lograr consensos e xerar adhesións foi, a xuízo de Martínez Sanjurjo, o que o convenceu para invitalo a formar parte da candidatura nese privilexiado posto.
Resto da candidatura
Segundo declaracións do PP local, os quince nomes que restan da candidatura popular serán presentados públicamente en datas próximas.
*