lunes, 31 de enero de 2011

O BNG recolle en Ordes máis de 2.000 sinaturas contra a Lei de Augas

Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes.
Castro: "Non hai política máis antisocial que incrementar o custo de servizos básicos nun contexto de forte crise económica"

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, informou onte do desenvolvemento no concello de Ordes da campaña para paralizar a aplicación da Lei de Augas, aprobada polo Goberno de Núñez Feijóo.

Castro informou de que “unha vez finalizados os 16 actos informativos realizados nas parroquias rurais do concello, temos constatado que os veciños e veciñas de Ordes rexeitan de forma clara e contundente esta lei de augas, como o demostra a asistencia de máis de 800 persoas aos actos e a recollida de máis de 2.000 sinaturas”.

O portavoz nacionalista fixo público “o agradecemento do BNG aos veciños e veciñas de Ordes pola súa gran implicación nesta campaña, o que amosa o seu rexeitamento á desproporcionada e inxusta subida de impostos que contempla esta lei, que ten como único obxectivo de aumentar a capacidade recadatoria da Xunta de Galiza, incrementando exponencialmente a presión fiscal sobre os consumos domésticos”.

Gonzalo Castro salientou que “a mobilización social será unha garantía de éxito para conseguir o que todos queremos, que é que a Xunta derrogue unha lei que o único que pretende é subir considerábelmente o canon da auga para os usos domésticos, afectando especialmente á poboación residente no rural, gravando por igual tanto o consumo ou utilización da auga procedente de traídas veciñais ou pozos, como a procedente de sistemas públicos de abastecemento, o que resulta inxusto e inaceptábel”.

O portavoz informou de que “unha vez finalizada a campaña nas zonas rurais do concello, trasladaremos a mesma á vila de Ordes, xa que tamén os veciños e veciñas dos núcleos urbáns van a verse afectados por esta lei que vai a suponer unha considerábel suba do recibo da auga, xa que, por exemplo, unha persoa que viva soa verá como a carga tributaria do seu recibo da auga se incrementa en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, terá que soportar un incremento do 171%”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Non hai política máis antisocial que incrementar o custo de servizos básicos nun contexto de forte crise económica, e por isto mesmo, opoñémonos ás modificacións da Lei de Augas, ao igual que á suba do prezo da electricidade e do gas”

*

sábado, 29 de enero de 2011

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de lingua galega para adultos da Secretaría Xeral de Política Lingüística

O prazo de inscrición remata o 22 de febreiro

O Concello de Ordes solicitará para o municipio a realización dos cursos de lingua galega destinados a adultos, preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

O Concello solicitará a realización daqueles cursos que conten cun número mínimo de 20 persoas inscritas, polo que anima aos seus veciños a que realicen a súa preinscrición. Todas as persoas que estean interesadas na realización destes cursos preparatorios para as probas de obtención dos certificados de lingua galega deberán anotarse nas oficinas municipais do Concello presentando unha fotocopia do DNI.

O prazo de inscrición remata o 22 de febreiro.

*

viernes, 28 de enero de 2011

Noite de tasca en Santa Cruz de Montaos

Talleres de saúde para os escolares ordenses

O Concello promove a participación de máis de 100 alumnos do IES Maruxa Mallo durante o mes de febreiro

O Concello de Ordes, dentro do programa Ordes Saudable, está a preparar unha serie de talleres de saúde dirixidos á mocidade do municipio. Trátase duns talleres formativos, informativos e preventivos, realizados en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia e nos que participarán, durante todo o mes de febreiro, máis de 100 alumnos do IES Maruxa Mallo e que comezarán o vindeiro martes día 1 de febreiro nas instalacións deste centro de ensino.

Os obxectivos destes talleres son sensibilizar ós mozos e mozas na necesidade de adoptar conductas promotoras de saúde a nivel individual e colectivo, facilitar o análise crítico dos aspectos sociais e culturais relacionados coa saúde e os comportamentos saudables, aportar información e orientación sobre recursos en saúde e servizos de atención, dirixidos á mocidade e previr e reducir riscos aportando información sobre as medidas de prevención axeitadas.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Mediante a realización destes obradoiros de saúde os mozos e mozas poden expresar opinións e plantexar dúbidas, debatir en grupo, intercambiar experiencias que permiten poder aclarar e resolver inquedanzas e recibir información e recursos que fagan posible manter comportamentos saudables"

*

martes, 25 de enero de 2011

Regos: "Que a Xunta faga caso ás demandas dos veciños de Ordes dunha vez por todas”


O alcalde confirma a intervención na recuperación da rúa do Ceidón

Os populares acusan ao alcalde de "incapacidade" para xestionar o Concello "culpando" da situación a outros

O BNG apoia a proposta pola que o Pleno instará á Xunta de Galicia a dotar de investimento varias obras de saneamento

O pleno da corporación municipal do Concello de Ordes, reunido esta mañá en sesión ordinaria, aprobou unha proposta do grupo de goberno a través da que se solicitará novamente a Augas de Galicia a realización dunha serie de obras relativas á mellora do saneamento e abastecemento de auga en diferentes zonas do municipio, proposta que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos.

Así, tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, trátase dunhas obras que estaban aprobadas polo goberno bipartito da Xunta dende comenzos de 2009, e que, segundo o goberno municipal, foron denegadas coa chegada ao goberno autonómico da actual Xunta do PP.

Melloras na saneamento en rúas
Entre estas obras encóntranse as de mellora do saneamento e abastecemento de auga na rúa Nova, na rúa Laranxal, na rúa República Arxentina, na rúa Coruña, mellora de saneamento na Espenica, saneamento en Reboredo e na Gorita, saneamento na Lavandeira e o saneamento no núcleo do Ceidón.

Manuel Regos explicou que en ningún momento se quixo enganar aos veciños sobre a realización destas obras, xa que se trataba dun compromiso do goberno autonómico do bipartito e que a actual Xunta denegou. Insistiu ademais en que o goberno local leva dous anos traballando para que se leven a cabo, e con este acordo plenario trátase de que a Xunta “faga caso ás demandas dos veciños e veciñas de Ordes dunha vez por todas”.

Regos volveu a insistir en que nestes catro anos nos que o grupo que preside está no goberno, fíxose a máxima inversión en obras da historia de Ordes, unhas obras que aclarou teñen como único obxectivo “mellorar a calidade de vida dos ordenses, facilitándolles os mellores servizos e poñéndoos á súa man”.

"A travesía do Recreo non pertence ao Concello"
Por outra banda o pleno rexeitou tamén a urxencia de varias mocións do BNG. Nunha instábase ao goberno local a realizar as melloras necesarias na rúa do Recreo. A pesar de non aprobarse a urxencia, o alcalde Manuel Regos, sí contestou a esta moción, aclarando que se trata dunha travesía que non pertence ao Concello, e que polo tanto a administración local non é a que ten que realizar estas actuacións. Engadiu que a pesar disto, dende o goberno local estase insistindo á Deputación para que se leven a cabo estas melloras, de quen recibiron a resposta de que en breve se realizará a mellora do firme.

Outra das mocións dos nacionalistas, da que tampouco se aprobou a urxencia, instaba ao alcalde a que se executaran as obras de urbanización no Ceidón. O concelleiro nacionalista Ramiro Recouso afirmou que “o alcalde anunciou hai dous anos que no Plan de Obras e Servizos incluiriase o abastecemento e a urbanización da Rúa do Ceidón, no barrio do Paraiío, e pasado ese tempo esta zona atópase nun estado de total abandono, facéndose totalmente intransitábel e enchéndose de lama cando chove, o que está a ocasionar numerosos problemas aos veciños que residen nesta zona”. Regos explicou que xa estaba previsto a realización de melloras nesa zona, tratándose dunhas obras importantes e necesarias. Unhas obras ás que se poderían sumar ademais as de saneamento e abastecemento que se acordaron solicitar novamente a Augas de Galicia tamén neste pleno, e que tamén afectarán ao Ceidón.

Outras dúas mocións do BNG, unha relativa a instar ao goberno do Estado a dar marcha atrás na suba da luz, a auga e o gas, e outra na que se pedía tamén ao goberno central a retirada da reforma das pensións, non pasaron o trámite da urxencia, xa que tal e como explicou o concelleiro de Réxime Interior, Manuel Astray, “son cuestións que aínda que esteamos dacordo con elas, non son competencia da administración local e non podemos facer nada ao respecto”.

O BNG tamén propuxo que o pleno de Ordes instase ao Goberno do Estado a retirar a actual proposta sobre a reforma das pensións, e a defender o mantemento da idade legal de jubilación nos sesenta e cinco anos e o período para o cálculo da contía da pensión nos quince anos de cotización.

Así mesmo, os nacionalistas propuxeron que o Pleno instase ao Goberno do Estado a manter o Programa Temporal de Protección por Desemprego e Inserción (PRODI), co fin de asegurar que ningunha persoa desempregada quede sen cobertura, así como instar á Xunta de Galicia a incrementar substancialmente a dotación orzamental para a inclusión social dos máis desfavorecidos. Gonzalo Castro defendeu esta moción manifestando que “resulta inaceptábel que baixo o pretexto de reducir gastos e fomentar unha política de austeridade, se acometa un forte recorte das prestacións e servizos sociais, e polo tanto, un empeoramento das condicións de vida da maioría da poboación, como se pretende facer coas pensións”. Esta moción foi rexeitada cos votos en contra do Goberno municipal, do PP e dos concelleiros non adscritos.

Incapacidade do alcalde, segundo o PP
Se embargo, a actitude do goberno municipal respecto a esta sesión plenaria foi interpretada de diferente xeito polo grupo municipal popular. Para estes, o alcalde recoñeceu, implicitamente, a súa incapacidade para xestionar o municipio, "culpando da situación a outras administracións e pedindo a unidade de todolos grupos para así intentar que a Xunta de Galicia lle financie os proxectos que o Goberno por si solo non consegue quitar adiante, logo de venderlle aos veciños esas obras coma se foran unha realidade cando o que realmente había era fume, igual que noutras ocasións".

Mobles do centro social de Buscás
O grupo popular preguntou tamén polo paradoiro dos mobles adquiridos e pagados en 2008 por un importe de 7.300 euros e destinados inicialmente ao centro social da parroquia de Buscás. Eses mobles, aseguran os populares, "non chegaron ao seu destino ata a pasada fin de semana, logo dunha pregunta dos membros do Partido Popular,  pero curiosamente volveron desaperecer onte mesmo luns, deixando de novo valeiro o local social de Buscás".
*

lunes, 24 de enero de 2011

Orde do día do pleno de mañá martes 25 de xaneiro

PUNTO PRIMEIRO: APROBACIÓN SE PROCEDE, ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES DE DATAS 30/11/2010 E 07/01/2011

PUNTO SEGUNDO: INFORMES DA ALCALDÍA

PUNTO TERCEIRO: SOLICITUDE, SE PROCEDE, AUGAS DE GALICIA CONTRATACIÓN E EXECUCIÓN OBRAS DE ACORDO CO DECRETO 86/1997, DO 10 DE ABRIL.

PUNTO CUARTO: DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS E DECRETOS DA ALCALDÍA

PUNTO QUINTO: MOCIÓNS

PUNTO SEXTO: ROGOS E PREGUNTAS
 
*

O BNG condena o abandono do Ceidón, no barrio do Paraíso

Recouso acusa a Regos de non facer obras na zona cando hai dous anos anunciou o seu abastecemento e urbanización

Ramiro Recouso acusou hoxe ao alcalde Manuel Regos de non atender ás obras de saneamento e urbanización da zona do Ceidón, situado no barrio do Paraíso, “cando hai dous anos anunciounas”.

O concelleiro nacionalista afirmou que “o alcalde anunciou hai dous anos que no Plan de Obras e Servizos incluiriase o abastecemento e a urbanización da Rúa do Ceidón, no barrio do Paraiso, e pasado ese tempo esta zona atópase nun estado de total abandono, facéndose totalmente intransitábel e enchéndose de lama cando chove, o que está a ocasionar numerosos problemas aos veciños que residen nesta zona”.

Compromiso do BNG
Recouso salientou a “incapacidade do alcalde para executar as obras de saneamento e urbanización da zona do Ceidón” e manifestou que “un dos compromisos do BNG no próximo goberno municipal será dotar de servizos e urbanizar esta zona residencial de expansión do concello de Ordes”.

Foto: Estado da Rúa do Ceidón, no barrio do Paraíso, o día 6 de xaneiro de 2011. / BNG de Ordes.
 
*

Ofértanse quince prazas para o curso de mantemento industrial para desempregados

O prazo para inscribirse remata o xoves 27 de xaneiro

O Concello de Ordes, en colaboración coa Federación de Industria de Comisións Obreiras de Galicia, promove un curso de mantemento industrial que terá lugar do 31 de xaneiro ao 18 de febreiro.

O curso está dirixido preferentemente a desempregados, que terán ademais a posibilidade de solicitar unha bolsa de transporte. Ofértanse un total de 15 prazas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro xoves 27 de xaneiro. As inscricións deberán realizarse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes, situada na segunda planta da Casa do Concello, onde tamén se poderá recibir máis información acerca do mesmo.

Horarios de luns a venres de 16:00 a 20:00 h.
As clases, que darán comenzo o vindeiro luns 31 de xaneiro no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento, está previsto que se celebren nun horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, ata o 18 de febreiro. O curso ten unha duración de 60 horas, e trataranse contidos relacionados coa electricidade, electrónica, neumática, hidráulica e fontanería.

*

domingo, 23 de enero de 2011

O Concello felicítanos polo uso dos contedores de aceite usado e nos convida a usalo aínda con máis frecuencia


Están ubicados no Recreo 34, Rúa da Feira (Escola de Música), Pascual Veiga 1, Rúa do Muíño, Rúa Nova 36, na Avenida de Alfonso Senra e na Praza da Igrexa do Mesón do Vento

Con esta práctica, os ordenses xa evitaron a contaminación dun millón de litros de auga dos nosos ríos

O Concello anima a tódolos veciños da vila a que depositen o aceite doméstico usado nos distintos contedores de recollida deste residuo de que dispón o municipio, e que recentemente se ampliaron cun máis que está ubicado no Mesón do Vento, na praza da Igrexa.

Así, son xa oito os contenedores que o Concello de Ordes ten instalado no municipio para este fin. Ademais do de Mesón do Vento, o resto de contenedores están ubicados, un na rúa do Recreo 34, outro na Rúa da Feira (ao lado da Escola de Música), outro na Rúa Pascual Veiga 1, outro na Rúa do Muíño, outro na Rúa Nova 36, e outros dous na Avenida de Alfonso Senra.

Dende que o pasado mes de novembro de 2008 se puxera en marcha a campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña 'Tirar aceite polo fregadeiro contamina', a concellería de Medio Ambiente de Xesús Pedreira xa leva xestionado máis de 5.000 litros deste residuo evitando así por cada un destes litros xestionados, contaminar 1.000 litros de auga dos nosos ríos.

Foto: O concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Xesús Pedreira, explica ao alcalde Manuel Regos (esq.) e a un grupo de concelleiros o funcionamento do contedor de aceite usado da Avenida de Alfonso Senra xunta á Alameda de Ordes // Arquivo.

*

sábado, 22 de enero de 2011

O PP reclama ao Concello a inmediata reparación do peche perimetral da pista deportiva do parque municipal

Numerosos pais teñen manifestado ao candidato popular, Martínez Sanjurjo, a súa preocupación polo risco de atropelo dos nenos que poidan escapar detrás do balón

O Partido Popular de Ordes informa hoxe que rexistrará un rogo para instar ao Concello a que repare, de xeito inmediato, os grandes buratos que presenta o peche perimetral da pista deportiva situada na parte inferior do parque infantil municipal “Félix Rodríguez de la Fuente”, ante o risco de atropelo que rexistran os rapaces que xogan habitualmente neste recinto.

O peche perimetral de rede metálica desta pista deportiva -utilizada habitualmente polos nenos e adolescentes da vila para a práctica de fútbol- presenta enormes buratos (como pode apreciarse nas fotografías difundidas polo Partido Popular de Ordes) polos que se escapan os balóns. Se algún rapaz sae detrás do esférico corre un serio risco de ser atropelado, dado que esta pista está circundada, por tres dos catro lados, por rúas coa consecuente densidade de tráfico rodado, en especial a Rua do Recreo.

Preocupación dos pais
Diferentes pais teñen manifestado ó candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, a súa preocupación polo risco de atropelo dos rapaces que utilizan esta instalación deportiva.

Os pais dos cativos non poden entender como se puido arranxar o parque fai uns meses e deixar este peche, que xa neses momentos estaba nun estado lamentable, sen cambiar a malla, posto que o custo que supón e mínimo. Con actuacións deste tipo, asegura dende o PP, os gobernantes de Ordes demostran que carecen de sensibilidade cos máis pequenos, a vez que tamén deixan clara a situación económica que atravesa o Concello, cando só se executan os traballos que veñen subvencionados por outros organismos, e se deixan os que se terían que executar con fondos propios.

Foto: Aspecto que luce a malla metálica do campode xogo do parque municipal Félix Rodríguez de la Fuente // PP de Ordes.
*

Xesús Pedreira xa é o candidato socialista á alcaldía de Ordes


A súa candidatura logrou o respaldo total da Agrupación Socialista de Ordes, nunha asamblea na que participaron máis do 70% dos militantes

Pedreira:"O futuro de Ordes pasa polo partido socialista"

O secretario xeral da Executiva Local da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, será o candidato do PSOE á alcaldía de Ordes nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Así o acordaron os máis de cincuenta militantes da Agrupación Socialista ordense que participaron na asamblea extraordinaria celebrada na noite de onte venres en Ordes.

Unha asamblea na que se amosou o total respaldo da militancia socialista ao seu secretario xeral, cuxa candidatura foi a única presentada. E é que ademais de contar cos votos a favor de todos os asistentes, a candidatura de Pedreira conseguíu un “plus” de representatividade grazas á elevada participación rexistrada na votación, pois ao acto asistiron máis do 70% dos militantes da Agrupación Socialista de Ordes.

Xesús Pedreira agradeceu o apoio e as mostras de cariño ofrecidas pola militancia socialista pois “a gran participación rexistrada hoxe é mostra non só da unidade do Partido Socialista en Ordes, senón de que contamos cun gran número de persoas que están dispostas a seguir traballando polo futuro de Ordes. Un futuro que pasa polo partido socialista”.

Neste sentido, lembrou o aval destes últimos catro anos “nos que demos estabilidade ao Goberno municipal e desenvolvemos un gran traballo a prol dos nosos veciños dende as nosas áreas de responsabilidade como a sanidade, os asuntos sociais, a atención á terceira idade, o medio ambiente, o comercio, a industria ou o medio rural de Ordes”. Por iso, Xesús Pedreira animou aos presentes a traballar nestas eleccións “para dar a coñecer todo o que os socialistas temos feito polo benestar dos nosos veciños e todos os investimentos que o Partido Socialista trouxo a Ordes”.

"Unha persoa moi válida e de perfil gañador"
O coordinador comarcal do PsdeG-PSOE, Antonio Leira, foi o primeiro en felicitar a Xesús Pedreira pola súa elección dicindo que se trata “dunha persoa moi válida e cun perfil gañador”. Leira adiantou que se achega “unha época apaixonante, na que entre todos temos que traballar por conseguir que o salto cualitativo que experimentou Ordes nestes últimos catro anos se manteña”. “Foron catro anos onde a presencia dos socialistas foi vital e fundamental”, sinalou Leira, “e a realidade está aí, á vista de todos os veciños”.

*

viernes, 21 de enero de 2011

O alcalde Manuel Regos inaugurou onte a exposición de bonecas de Juanjo Liñares


Poderáse coñecer gratuitamente ata o 20 de febreiro no Museo do Traxe Juanjo Liñares do Campo da Feira

O alcalde Manuel Regos, inaugurou onte pola noite a exposición 'A pequena colección de Juanjo: Un cento de Bonecas do Mundo', que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 20 de febreiro no Museo do Traxe Juanjo Linares. No acto estivo acompañado polo director do Museo, Manuel Viqueira, así como por membros de corporación e demais asistentes.

Trátase dunha mostra dun cento de bonecas ataviadas con traxes característicos de diferentes partes de todo o mundo, colección do coreógrafo e bailarín ordense, Juanjo Linares. Traxes típicos de Noruega, a India, Ucrania, Israel, Brasil e infinidade de países máis de todo o mundo, son os que lucen estas bonecas, nunha mostra que xa foi solicitada por outros museos.

A exposición conta ademais cunha boneca moi especial, que preside a sala, e que tal e como explicou o director do Museo ordense, é doazón do Museo de Mariemma de Iscar, en Valladolid. Unha boneca ataviada co traxe de bailar a Jota de Iscar e confeccionado pola agulla de ouro Tomasa Benito Martín “Tomy”, e que se suma así ao cento de bonecas da colección de Linares.


"O Museo Juanjo Liñares segue a ser un referente"
Manuel Regos mostrou unha vez máis a súa satisfacción porque o Museo do Traxe Juanjo Linares de Ordes siga a ser un referente, mostrando novamente “o seu dinamismo e actividade coa celebración desta exposición que volve a poñer de manifesto o gran traballo de Juanjo Linares e o legado que deixou ao noso municipio cunha gran colección de traxes e accesorios, crucifixos e tamén de bonecas”.

A mostra, que ten entrada gratuita, poderá visitarse ata o 20 de febreiro no horario habitual de apertura do Museo, de martes a sábado de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e os domingos e festivos de 10 a 14 horas (luns pechado).

Foto arriba: Manuel Regos (izq.) e Manuel Viqueira durante a presentación da colección de bonecas de Juanjo Liñares.

Foto abaixo: Detalle dunha vitrina cunha mostra de bonecas ataviadas con traxes rexionais do mundo.


*

Martínez Sanjurjo e Estrella Vázquez dan a coñecer aos veciños o acordo coa Xunta da parcelaria de Beán-Pereira

José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do PP á alcaldía de Ordes.
O PP de Ordes valora o esforzo do Goberno de Feijóo para axilizar o acordo 
Serán máis de dous millóns de euros investidos, máis o amollonamento das fincas de reemprazo

O acordo da zona de concentración parcelaria das parroquias de Beán e Pereira, feito público na mañán de onte nunha reunión do xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Enrique de Salvador, cos veciños das dúas parroquias de esta zona acredita a aposta do Executivo de Núñez Feijóo por mellorar as condicións de vida e as infraestruturas a disposición dos veciños de Ordes, declarou hoxe o candidato do PP á Alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo.


O candidato popular acompañou ao xefe territorial en cadansúa das reunións convocadas cos veciños para explicarlles o estado de execución da parcelaria, decretada en 1991 e que, unha vez axilizados os trámites, podería acadarse a firmeza en menos de dous anos logo da toma de posesión dos novos predios. A presidenta da xestora local do PP de Ordes, Estrella Vázquez, tamén participou nestas xuntanzas, que contaron cunha elevada afluencia de propietarios.

Martínez Sanjurjo, que pola súa formación universitaria como enxeñeiro forestal, é un bo coñecedor dos procesos de concentración parcelaria, valora o esforzo desenvolvido pola Xunta de Feijóo neste ano e medio de lexislatura, superando a parálise dos catros anos de bipartito autonómico. Este esforzo tradúcese, segundo o candiato popular e a día de hoxe, nun investimento global de dous millóns de euros. A seguinte fase, na zona de Beán-Pereira consistirá no amollonamento (colocación dos marcos) das fincas de reemprazo. En breve procederase a notificación individual (correo postal certificado) a cada propietario, e abrirase o prazo de 30 días naturais de interposición de recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Rural.

O PP reclamou axilizar os traballos "para superar a parálise do bipartito"
Para reclamar a axilización das concentracións parcelarias pendentes de rematar en Ordes, o candidato do PP á Alcaldía e maila presidenta da xestora local reuníronse, o pasado mes de outubro, cos responsables dos servizos centrais da Consellería de Medio Rural, en Santiago, aos que reclamaron celeridade nos traballos e máxima transparencia e información para os veciños.

Froito destas xestións, o Partido Popular reitera tamén que ao longo deste ano 2011 se decretará a firmeza do acordo e se procederá a contratar a elaboración dos títulos de propiedade nas zonas de Ardemil, Leira, Buscás II e Barbeiros-Vilamaior II.

Mentres, os propietarios de Montaos II, asegura Martínez Sanjurjo, están a sufrir as consecuencias derivadas da "xestión chapuceira" do anterior Goberno bipartito, que deu posesión das fincas de reemprazo sen resolver os recursos presentados, os erros do amojonamiento, nin solucionar a afectación derivada do trazado do Camiño Inglés que atravesa a parroquia.

Nas vindeiras semanas informarase da data para facer pública a exposición do proxecto das novas fincas da zona de Parada II.

*

Cine ambiental para os escolares durante os próximos meses

O Concello pon a disposición dos centros de ensinanza diferentes documentais para proxectar nas súas instalacións

O Concello de Ordes organiza un novo ciclo de cine ambiental para os centros de ensinanza do municipio. Así, durante este mes de xaneiro, e os vindeiros de febreiro, marzo e abril, póñense a disposición dos centros escolares ordenses diferentes documentais para proxectar nas súas instalacións.

Os documentais repártense en seis ciclos. Así durante os próximos meses estarán dispoñibles títulos como:

- Ciclo 1: Home – Oro negro – El viaje del Emperador

- Ciclo 2: La Espalda del Mundo – La Hora 11 – Tierra

- Ciclo 3: La pesadilla de Darwin – Manual de uso para una nave espacial – Planeta Blanco

Estes tres primeiros ciclos xa estiveron en edicións anteriores a disposición dos centros e este ano ademáis ofértanse novos títulos dentro dos seguintes ciclos:

- Ciclo 4: The Cove - En el mundo a cada rato - La Mar del Silencio

- Ciclo 5: Océanos - Nosotros alimentamos el Mundo - 2050

- Ciclo 6: Tukki, la Huella Ambiental - El Viaje de la Tortuga - Kosovo, la última cicatriz de los Balcanes

Esta iniciativa que organiza o Concello a través do departamento de Medio Ambiente, conta tamén coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), quen facilita os deuvedés dos documentais ao Concello.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O programa de ciclo ambiental que ofertamos dende a Concellería de Medio Ambiente pretende ser unha ferramenta pedagóxica de enorme eficacia para chegar fácilmente ao público, transmitir mensaxes de divulgación científica e ambiental e ofrecer unha oportunidade de reflexión sobre a corresponsabilidade de cada un de nós na adopción de conductas sostibles para a conservación do noso patrimonio natural"

*

jueves, 20 de enero de 2011

Os propietarios da parcelaria Beán- Pereira coñeceron os planos definitivos das novas fincas

Ao recibiren unha notificación no seu domicilio, ábrese un prazo de 30 días para recurrir

Os propietarios da concentración parcelaria Beán- Pereira coñeceron esta mañá os planos definitivos das novas fincas da concentración parcelaria nunha reunión celebrada nas parroquias.

Na reunión estiveron presentes o xefe territorial da Consellería de Medio Rural en A Coruña, Enrique de Salvador e técnicos de dito departamento autonómico, así como o concelleiro de Medio Rural do Concello de Ordes, Xesús Pedreira.

Informouse aos asistentes de que próximamente cada propietario recibirá unha notificación no seu domicilio a partir da que terán todavía 30 días para recurrir o acordo. Ademais, tamén se informou ao respecto desta concentración parcelaria, de que se están xa a colocar os marcos das fincas, está previsto a elaboración dos proxectos para os camiños secundarios, e se espera que para o ano próximo se entreguen definitivamente os títulos.

*

A Xunta publica a lista de admitidos e excluídos nas novas VPO de Ordes

miércoles, 19 de enero de 2011

O Concello oferta un programa de cursos de informática para os vindeiros meses


Enmarcados dentro dunha nova convocatoria do Circuito Deportivo e Cultural para os meses de febreiro, marzo e abril

O Concello de Ordes porá en marcha o vindeiro mes de febreiro unha nova convocatoria do Circuito Deportivo e Cultural cun amplo programa de actividades formativas para os primeiros meses do ano.
Unhas actividades que se centrarán nesta ocasión en diferentes cursos de informática, moi demandados polos veciños e veciñas de Ordes e que contan cun gran éxito de participación en cada unha das convocatorias nas que se realizan. Así, o Concello oferta para todos aqueles que estean interesados, dous cursos de iniciación a Windows XP e outros dous de perfeccionamento, que terán lugar en diferentes horarios durante os meses de febreiro e marzo.

A estes cursos sumaranse tamén un de iniciación a Access e outro de iniciación a Excel que se celebrarán durante febreiro, marzo e abril, así como outro curso de perfeccionamento de Windows XP, outro máis de iniciación a internet e correo electrónico, e por último un curso de Photoshop que terán lugar durante os meses de marzo e abril, sendo así un total de nove cursos de informática, os que o Concello porá a disposición dos seus veciños e veciñas.

Inscripcións antes do 28 de xaneiro
Todos aqueles que estean interesados en participar nos novos cursos ofertados polo Concello deberán realizar a súa inscrición antes do vindeiro 28 de xaneiro na concellería de Cultura e Deporte, onde tamén poderán recibir máis información acerca dos mesmos. Para a realización dos cursos requerirase un mínimo de participantes, asignándose as prazas por orde de inscrición e tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello.

A frase de José Ramón Vázquez Raña, concelleiro de Cultura e Deporte de Ordes
"Animo aos veciños a que participen nestas actividades ofertadas dende o noso departamento que xa contaron cun gran éxito de participación en edicións anteriores e que, como é o caso dos cursos de informática, son moi demandadas polos nosos veciños, esperando que con esta nova convocatoria se vexan satisfeitas as súas demandas

Foto: Momento do curso de informática do Concello de Ordes dunha pasada edición.

*

O BNG de Ordes, contra a suba da luz, auga e gas

Presentan unha moción pola que o Concello de Ordes pediríalle ao Goberno de Rodríguez Zapatero unha marcha atrás na aplicación do incremento das tarifas destes servizos básicos

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou onte a presentación dunha moción na que propoñen que o pleno da corporación inste ao Goberno do Estado a “dar marcha atrás á subida da luz e gas decretada polo Goberno, de xeito que en ningún caso o seu prezo se incremente por riba do IPC”, segundo manifestou Castro.

Asimesmo, o portavoz nacionalista informou de que na moción proponse tamén “instar ao Goberno da Xunta de Galiza a modificar a Lei de Augas, de xeito que, de ningunha maneira, supoña un incremento da carga impositiva na situación actual de crise”.

Na presentación desta moción, Castro salientou que “a actual situación de crise económica está a provocar maiores dificultades económicas en moitos fogares da nosa comarca e, neste contexto, non se debe cargar ás economías familiares con subidas no custo dos seus consumos básicos. Xusto o contrario do que están a facer o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza”.

O portavoz nacionalista fixo fincapé en que “a decisión do Goberno Central do PSOE de subir un 9,8 por cento o recibo da luz e en torno ao 4% o gas é un duro golpe para as economías máis modestas, isto é, para aqueles sectores sociais que xa están a sufrir as peores consecuencias da crise”.

Gonzalo Castro tamén salientou, con respeito á suba da auga que “o Goberno da Xunta de Galiza do PP segue esta mesma política de incrementar o custo dos servizos básicos para a cidadanía. Así, acaba de aprobar en solitario unha lei de augas, coa única intención de aumentar a recadación, a costa de familias e particulares. Así, unha persoa que viva soa e que teña un consumo medio, duns 3 m3. ao mes, verá como a carga tributaria do seu recibo da auga se incrementa en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, con ese mesmo consumo por persoa, terá que soportar un incremento do 171%”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Agardamos que o pleno apoie por unanimidade esta moción, porque non hai política máis antisocial que incrementar o custo de servizos básicos nun contexto de forte crise económica, e todos debemos opoñémonos á suba do prezo da electricidade, do gas e ás modificacións contempladas na Lei de Augas de Galiza, que incrementarán o custo da auga”.

*

Os escolares ordenses, fronte ao cambio climático

Ata o 22 de xaneiro pódese visitar unha exposición no Centro Comarcal

O Concello de Ordes, baixo o programa Ordes SOStible da concellería de Medio Ambiente, segue a traballar en diferentes propostas que contribúan a unha maior educación ambiental dos veciños e veciñas do municipio, e nesta ocasión puxo en marcha un bloque de actividades fronte ao cambio climático.

Así, na tarde de onte no Centro Comarcal de Ordes, foron un total de trinta alumnos e alumnas do IES Nº 1 os que participaron nun obradoiro promovido polo Concello, co que se pretendeu favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático. Diferentes monitores se encargaron por medio dunha exposición, xogos interactivos e documentais de conducir diferentes dinámicas de grupo nas que os asistentes pasaron unha tarde divertida aprendendo cómo actuar de forma individual fronte ao cambio climático.

'O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción'
Ademais, tamén no Centro Comarcal, dende o pasado luns e ata o vindeiro día 22 de xaneiro, está a disposición de todo aquel que queira visitala a exposición sobre cambio climático 'O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción', facilitada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta. O horario para poder visitala é de 10 a 14 horas e de 17 a 19.30 horas de luns a venres e os sábados de 10 a 14 horas. Esta exposición pretende dar a coñecer o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia.

*

lunes, 17 de enero de 2011

A Mancomunidade pedirá 150.000 euros á Deputación para servizos sociais e mobiliario


Ordes será a sede da IV Gala do Deporte 2011 no mes de abril

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes solicitará unha axuda de 150.000 euros á Deputación Provincial da Coruña para os seus programas de servizos sociais e para a dotación de novo mobiliario para as súas instalacións. Así o acordou por unanimidade o pleno reunido esta mañá en Ordes na súa sesión mensual ordinaria e ao abeiro da convocatoria realizada pola entidade provincial no Boletín Oficial da Provincia do 22 de decembro de 2010.

A maior dotación económica destinarase aos programas de servizos sociais que presta a Mancomunidade aos municipios da comarca. Neste caso, o pleno solicitou unha axuda de 45.000 euros para o mantemento do Programa de Educación Temperá, que inclúe actuacións para mellorar o desenvolvemento cognitivo, afectivo e de linguaxe de nenos de 0 a 6 anos e rapaces con discapacidade (ata os 14 anos).

Para o CIM, novo mobiliario
Ademais, pediu outros 40.000 euros para o desenvolvemento dunha serie de obradoiros de sensibilización ao abeiro das subvencións provinciais para a loita contra a violencia de xénero.
De feito, a Mancomunidade de Ordes asumíu o pasado mes de decembro o servizo que presta o Centro de Información á Muller (CIM), que seguirá tendo a súa sede en Ordes pero que agora poderán desprazarse ata calquera dos sete concellos da comarca se así o precisan. Para este servizo, o pleno celebrado hoxe pediu outra subvención, neste caso de 65.000 euros, para dotar ao CIM de novo mobiliario.

O horario de atención ao público será de luns a venres, de 9:00 a 15:00 horas e os luns de 15:30 horas a 20:30 horas. O persoal será o mesmo que ata o de agora vén presentando atención en Ordes, é dicir, unha directora e unha psicóloga a xornada completa e unha asesora xurídica.

Gala do Deporte e Obradoiros Culturais
O pleno celebrado esta mañá tamén acordou que Ordes será a sede da IV Gala do Deporte da Mancomunidade, que premiará aos 35 deportistas e entidades deportivas máis destacadas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo durante o ano 2010. O Concello de Ordes toma o relevo de Tordoia e encargarase da organización dunha gala á que asisten unha media de 250 persoas e nas que cada Concello entregará cinco premios: tres galardóns aos tres mellores deportistas ou entidades deportivas do curso 2010-2011, un premio á mellor promesa e outro recoñecemento especial á traxectoria dun deportista ou clube deportivo. Falta por confirma a data definitiva.
Finalmente, o pleno da Mancomunidade aprobou definitivamente a Conta Xeral de 2009, logo de que non se presentase alegación algunha durante o seu periodo de exposición pública.

A esta sesión ordinaria do pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes asistiron asistiron os alcaldes José García Liñares (Cerceda), Miguel Prado Patiño (Frades), Mariano Iglesias Castro (Mesía) e Manuel Mirás Franqueira (Oroso), así como o vicepresidente da Mancomunidade, Manuel Astray Mariño. O tenente de alcalde de Tordoia, Amadeo Cancela, asistiu en representación de Antonio Pereiro Liñares, mentras que o alcalde de Trazo, Xosé Dafonte Varela (Trazo), excusou a súa presenza.

*

sábado, 15 de enero de 2011

Castro encabezará unha lista na que Montse Rey será número 2 e Recouso o 3

María Xosé Raña abandona a corporación pechando as listas no posto de honra

Castro: “Chegou a hora dun cambio real en Ordes, un cambio que liderará o BNG”

A asamblea do BNG de Ordes ven de aprobar por unanimidade  a candidatura ás vindeiras eleccións municipais que encabezará o actual portavoz municipal, Gonzalo Castro.

A candidatura inclue ás seguintes persoas:

1. Gonzalo Castro. Avogado, portavoz municipal do BNG de Ordes.

2. Montse Rey Patiño. Licenciada en Química, presidenta de Adega Ordes.

3. Ramiro Recouso. Empresario, actual concelleiro do BNG en Ordes.

4. Pablo Vidal Ríos. Arquitecto técnico, membro de Galiza Nova.

5. Rosa Neira Noy. Membro do comité de empresa de Viriato, S.A.

6. José Antonio Raña, de Buscás.

7. Lino Gaudeoso, de Vilamaior.

8. Mónica Pedreira, de Ardemil.

9. Paula Costa, de Mercurín

10. Gonzalo Álvarez Prado, de Poulo.

11. Oscar Martínez, de Parada.

12. Paula Castenda, de Ordes.

13. Gonzalo Veiras, de Ordes.

14. Carlos García, de Lesta.

15.  Pilar Rivera, de Ordes.

16. Manuel Veiras, de Pereira.

17. María Xosé Raña, de Barbeiros e actual concelleira do BNG de Ordes.

As frases de Gonzalo Castro, candidato á alcaldía de Ordes polo BNG

“chegou a hora dun cambio real en Ordes, un cambio que liderará o BNG”.

"A creación de emprego, o saneamento económico do Concello e a participación dos veciños e veciñas na xestión municipal, son os tres principais obxectivos do próximo goberno municipal do BNG”.

“Síntome moi satisfeito por poder contar cun equipo tan capacitado, unido e ilusionado para cambiar Ordes”

"Emprazo a todos os membros da candidatura e da asamblea local a traballar intensamente, con cercanía e humildade, para lograr o vindeiro mes de maio o verdadeiro cambio que os veciños e veciñas de Ordes levan esperando desde hai moitos anos”

*

jueves, 13 de enero de 2011

Recouso alerta do abandono da rúa do Recreo por parte do Goberno

Segundo o nacionalista, no verán de 2009 o alcalde comprometeuse a investir 430.000 euros en obras de mellora 

O concelleiro do BNG de Ordes, Ramiro Recouso acusou hoxe ao alcalde Manuel Regos de “mentir e enganar aos veciños de Ordes, cando en xuño de 2009 anunciou a realización de obras de mellora e urbanización da rúa do Recreo, por un importe de 430.000 euros”.

O concelleiro nacionalista afirmou que “o alcalde anunciou hai ano e medio que se ía cambiar o aglomerado da rúa do Recreo, construir novas beirarrúas, instalar novo alumeado e reparar o saneamento aló onde fose preciso”.

Ramiro Recouso salientou que “neste anunciou, o alcalde manifestou que en novembro de 2009 adxudicaríanse as obras e que estarían finalizadas antes de xuño de 2010, mais o único que se fixo é un simple rebacheo para disimular o estado de abandono desta rúa”.

Ramiro Recouso salientou a “incapacidade do alcalde para executar as obras de mellora e urbanización da rúa do Recreo, deixando a esta importante rúa do centro da vila nun estado de abandono”.

  Tes fotos do abandono da rúa do Recreo? Fainoslas chegar a: blogsantiagosiete@gmail.com
 


*

Los alumnos del IES Maruxa Mallo emulan a Don Omar en un original videoclip

Álvaro Rivas firma un excelente trabajo videográfico con un espectacular y larguísimo plano secuencia

Un extenso grupo de alumnos del IES Maruxa Mallo participó recientemente en la elaboración de un complejo videoclip en varios lugares de las propias instalaciones del centro de enseñanza. Bajo la dirección de Álvaro Rivas y con coreografías de Adrián García, Christian Rodríguez, Fernando Conde, Lydia Veiras, Victoria Estévez, Natalia Couto, Alba Ramos y Verónica Cruz, el clip sincroniza el conocido reggaeton del puertorriqueño Don Omar, Danza Kuduro, con un larguísimo plano secuencia. A través de este extenso travelling y al ritmo de la música, el espectador se va tropezando con variadas coreografías a cargo de los alumnos del centro.

Puedes ver el vídeo haciendo clic bajo estas líneas:



Un magnífico trabajo videográfico artesanalmente producido y que esperemos sirve para que este grupo de alumnos ordenses sigan experimentando y ofreciéndonos nuevas sorpresas con más creaciones artísticas audiovisuales.

También puedes conocer uno de los planos secuencia (en inglés, long take) más famosos de la historia del Cine, como el preparado para Goodfellas (Martin Scorsese, 1990), conocida en España como Uno de los Nuestros



*

miércoles, 12 de enero de 2011

Medio cento de nenos e nenas participaron na edición de Nadal do programa de conciliación laboral e familiar


O obxectivo era ofrecer aos participantes un tempo de diversión e ocio durante as festas

O programa voltará para o parón escolar de Semana Santa e verán

O pasado venres 7, o Concello clausuraba unha nova edición do programa 'Conciliar será fácil e divertido' posto en marcha, con motivo destas festas de Nadal, pola concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe a concelleira Silvia Marín.


Unha nova edición que sumou un novo éxito deste programa dirixido ás familias do municipio, que daba comenzo o 23 de decembro e no que participaron máis de medio cento de nenos e nenas ordenses.

Tratouse de actividades dirixidas aos pequenos do municipio nas mañás das vacacións de Nadal, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias, á vez de que os nenos e nenas participantes tiveran un tempo de diversión e ocio con xogos e obradoiros.

Non é a primeira vez que se leva a cabo este programa de actividades de conciliación, que ademais de celebrarse no Nadal tamén organiza o Concello de Ordes noutras épocas de vacacións escolares como a Semana Santa e o verán. Tralo éxito desta nova edición espérase xa a celebración dunha próxima nas vindeiras vacacións escolares dos pequenos ordenses.

*

martes, 11 de enero de 2011

O Concello recolle na tua casa a tua árbore natural de Nadal para a súa replantación

Chama ao 981 680002 e pasarán a recoller a túa árbore

O Concello de Ordes dende a súa concellería de Medio Ambiente puxo en marcha un ano máis a campaña “Compra árbores con vida” a través da que animou aos seus veciños a mercar árbores naturais con raíz para que poidan ser replantados despois das festas.


Así, todos os veciños que o desexen todavía poden chamar ao Concello ao teléfono 981680002 para que se lle recollan a domicilio estas árbores con raiz para a súa replantación, así como aquelas que non teñan raiz para xestionalas adecuadamente como residuo.

*

sábado, 8 de enero de 2011

ORDENSES DEL AÑO (VII): ORDENSE DEL AÑO 2010

Candidatos:

Alberto Bouzas Mosquera. Cardiólogo del Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). En febrero de 2010, la pestigiosa revista médica británica The Lancet seleccionaba un trabajo suyo como el mejor artículo publicado en 2009, una reveladora investigación sobre la precisión diagnóstica de la ecocardiografía de esfuerzo en pacientes con problemas cardiacos. A sabiendas de este hito, por unanimidad del pleno municipal se acordó impulsar su nombre para los Premios Galicia de Investigación que convoca anualmente la Xunta de Galicia. Bouzas forma parte del equipo del también cardiólogo Jesús Peteiro y ya en 2002 había obtenido la más alta puntuación en el examen MIR de toda la universidad compostelana. En agosto, recibiría el Premio del Congreso Europeo de Cardiología, único médico español de la edición de 2010 en conseguirlo. Finalmente en diciembre de 2010, Diario Médico, la publicación de referencia en la Medicina profesional en España reconocía su investigación como una de las Mejores Ideas de la Sanidad durante 2010.

Ramón Carro. Empresario fundador de la constructora CRC Obras y Servicios. El 8 de mayo de 2010 recibía el reconocimiento de toda la corporación municipal haciéndolo merecedor de la más alta distinción que otorga el Concello de Ordes a sus vecinos: Hijo Predilecto de Ordes. Carro lo tuvo merecido, en palabras del alcalde Manuel Regos, por su trayectoria profesional, llevando el nombre de Ordes por todos sitios. Fundada en 1940, CRC es una de las mayores constructoras de Galicia con delegaciones abiertas en Madrid y Barcelona. Están especializados en obras hidráulicas, urbanizaciones, obras eléctricas y edificación. Solo durante 2010 le fueron adjudicadas 19 obras públicas entre Cataluña y Galicia. También el año 2010 le trajo una buena noticia al empresario, ya que el Tribunal Supremo fallaba a su favor en la confrontación judicial que tenía abierta contra el por aquel entonces alcalde de Ordes, Teodosio Martino en una demanda de intromisión ilegítima en el derecho al honor.    

Jaime de Castro García. Nacido en Ordes en 1913, el insigne jurista fallecía en A Coruña en mayo de 2010 a los 93 años de edad. Estudió la carrera de Derecho en la Universidad de Santiago de Compostela y fue juez en Cambados, Vigo y Bilbao antes de ser nombrado presidente de la Audiencia Provincial de A Coruña y posteriormente de las de Albacete, Extremadura y Valladolid. Condecorado con la Gran Cruz de Raimundo de Peñafort y miembro de honor de la Asociación de juristas gallegos en Madrid (Iurisgama), se jubiló como magistrado del Tribunal Supremo en Madrid. Era miembro de la Real Academia de Jurisprudencia de Galicia. Dos de sus hijos, Jaime y Luis, como uno de sus nietos, Luis de Castro, han seguido sus estela en la carrera judicial, este último en la actualidad magistrado del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Rosa Maceiras. Directora del IES Maruxa Mallo y coordinadora, junto a la profesora Isabel Mato, del Programa europeo Comenius que posibilitó que un grupo de cuatro alumnos ordenses (Paula Martínez, Adrián García, Luis Fernando Cruz y Andrea Ariño) hicieran un intercambio de estudios con jóvenes de Polonia y Lituania. Por primera vez en su historia, el instituto ordense se abría a este Programa de Aprendizaje Permanente creado por la Unión Europea a través del Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE). Ya en noviembre de 2009, estos cuatros ordenses, junto a Maceiras y Mato, pasaron una semana de intercambio en la ciudad polaca de Pszczyna. Tres meses más tarde, en febrero de 2010, ejercían de anfitriones de un grupo de seis estudiantes polacos y cuatro lituanos junto a cuatro docentes. Finalmente, a principios de octubre de 2010, cuatro profesoras del IES Maruxa Mallo y seis de sus alumnos viajaban hasta la ciudad lituana de Druskininai con ese mismo objetivo de enriquecerse cultural y educativamente en la inmersión en otras culturas y lenguas europeas.

Vota por tu favorito Ordense del Año 2010.

*

Regos: "Os orzamentos 2011 son os máis realistas e austeros da historia de Ordes"

O pleno desestima as alegacións do PP por haber sido presentadas fóra de tempo

O interventor municipal avala as propostas financieiras do grupo de goberno 

O BNG propón uns "orzamentos participativos" na vindeira lexislatura

O Concello de Ordes celebrou esta mañá un pleno extraordinario para tratar as alegacións presentadas á aprobación inicial do orzamento municipal de 2011, unhas alegacións realizadas polo Partido Popular, e que foron desestimadas por ser presentadas fóra de prazo, tal e como indicou o interventor municipal no seu informe.


Dende o grupo de goberno o alcalde Manuel Regos, lamentou que o PP queira paralizar o Concello presentando unhas alegacións fóra de tempo aos orzamentos de 2011, uns orzamentos que calificou como os “máis realistas e austeros da historia de Ordes”.

O interventor municipal, dando conta do seu informe, explicou que as alegacións dos populares estaban presentadas fóra de prazo, aínda que a pesar de estar xa desestimadas por este motivo, tamén fixo unha serie de aclaracións e explicacións sobre as mesmas. Así, en canto á primeira das alegacións na que o PP facía referencia ás previsións de ingresos, que calificaron como "inflados", o informe do interventor indica que poden ser cumpridas razonablemente, tendo en conta ademais que no exercizo de 2011 haberá máis recadación pola taxa do cemiterio, así como se cobrarán licenzas previstas para este ano, e ingresos a maiores que se percibirán debido á suba do IPC en diferentes taxas.

En canto á segunda das alegacións na que os populares facían referencia á redución do gasto, o informe do interventor tamén é claro explicando que nos orzamentos elaborados para o exercizo de 2011 recóllense créditos suficientes para atender as obrigas previstas, e que a disminución débese tamén a que se disminuiron unha serie de servizos como o obradoiro de emprego. Manuel Regos mostrou o seu asombro porque os populares critiquen que se faga unha redución no gasto tendo en conta o momento que estamos a vivir, e asegurou que aínda que sí se reduce, mantéñense os servizos máis necesarios, como todo o relativo aos servizos sociais ou ás prestacións para os veciños e veciñas de Ordes.

O interventor quixo aclarar tamén que nestes orzamentos séguense as recomendacións feitas pola intervención municipal para tratar de reducir na medida do posible os gastos correntes.

Unha débeda investida en melloras para o municipioEn canto ás críticas da oposición sobre a débeda do Concello, Regos explicou que sí hai débeda, pero que esa débeda tradúcese en investimentos e melloras para o municipio. Así, destacou obras como a ampliación do tanatorio, a nova Casa do Concello que se está a construir e que aclarou novamente conta cunha subvención da Xunta para o seu financiamento, ou os baixos da Alameda acondicionados a través de subvencións conseguidas provintes dos fondos estatais e a Deputación, e que dotarán ao municipio dun novo museo, unha sala de conferencias, locais de ensaio, unha nova biblioteca xa en pleno funcionamento e que duplica o espazo das instalacións anteriores, e demais oficinas, entre elas unha que xa está a utilizar a Cruz Vermella. “Nestes catro anos convertimos a Ordes nun municipio en pleno desenvolvemento” dixo o alcalde.

Ás alegacións dos populares ordenses sumáronse outras dúas, unha presentada por un veciño, que foi desestimada, xa que tal e como explicou o interventor, para que un veciño poida impugnar un orzamento debe alegar algún interese directo ou resultar afectado directamente, e neste caso non se xustificaba.

Pola súa banda, o portavo municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro fixo fincapé en que “o que precisan os veciños é un cambio de rumbo profundo na xestión municipal, que conteña medidas para paliar a situación económica do concello, como a redución do gasto e a priorización do mesmo para dotar de recursos aos servizos públicos básicos, e facer fronte ao pago das débedas cos proveedores do concello, así como a orientación dos investimentos á creación de emprego, con actuacións como a creación dun viveiro de empresas ou a modernización e promoción da praza de abastos, tal e como ten proposto o BNG reiteradamente”.

O interventor asegura que os créditos de persoal son suficientes
A outra alegación presentouna o sindicato CC.OO. na que alegaba que o capítulo de gastos de persoal non era suficiente para facer fronte aos postos de traballo incluidos na RPT aprobada. Cuestión que o interventor tamén desestimaba no seu informe xa que tal e como explicou, os créditos de persoal son suficientes tendo en conta ademais que todavía non se realizou a convocatoria da oferta pública de emprego das prazas vacantes e non está previsto cubrilas antes de que entre a nova corporación, iso sí, insistiu en que sí existe consignación orzamentaria dende agosto ata fin de ano para ditas prazas.

O alcalde insistiu en que nas diferentes mesas de negociación, incluida a última das reunións, estiveron presentes os sindicatos estando dacordo en todo o exposto. Sen embargo, Gonzalo Castro afirmou que “estas alegacións son a mostra evidente da falta de capacidade para a xestión do alcalde e o seu goberno” afirmando que “a negociación colectiva e a RPT que vendeu a bombo e platillo o alcalde, non eran máis que fume, algo moi característico deste goberno municipal”.

A favor: Goberno+Hermida. Abtención: BNG+Pampín. En Contra: PP
Asi, os orzamentos de 2011 quedaron aprobados de forma definitiva e desestimadas as catro alegacións presentadas aos mesmos cos votos a favor dos edís do grupo de goberno e o non adscrito José Luis Díaz Hermida, a abstención do BNG e do edil Jesús Pampín, e os votos en contra do PP.

Finalmente, Gonzalo Castro comprometeuse a dotar a Ordes de orzamentos participativos no vindeiro mandato municipal e xustificou a abstención do BNG na votación das alegacións aos orzamentos municipais de Ordes, porque “Ordes precisa dun cambio profundo para resolver os seus problemas económicos, non da maquillaxe que propón o PP nas alegacións aos orzamentos”.

*
*

jueves, 6 de enero de 2011

ORDENSES DEL AÑO (VI): POLÍTICO DE 2010

Candidatos:

Manuel Regos. Alcalde de Ordes desde mayo de 2007. Ha aguantado estoicamente las críticas a su gestión por la oposición de los grupos municipales del Partido Popular y del BNG. En 2010 ha sabido ejercer una autoridad que ya prácticamente nadie en Ordes pone en duda y ejemplo de ello fue el no haberle temblado el pulso a la hora de expulsar del grupo de gobierno al socialista Xesús Pampín después de unas polémicas declaraciones de este tras la aprobación del presupuesto municipal de2011. A lo largo de 2010, Regos ha pisado mucha calle y todos y cada uno de los vecinos y vecinas de Ordes han podido acercarse a él en cualquier momento y transmitirle sus cuestiones o preocupaciones.   

Estrella Vázquez. El 22 de enero de 2010, Estrella Váquez era nombrada presidenta de la gestora local del Partido Popular de Ordes. Desde ese momento y junto a un grupo de estrechos colaboradores, ha tirado del carro de sus afiliados y simpatizantes hasta reactivar un partido hasta el momento únicamente representado por el grupo municipal en el Concello de Ordes. A lo largo del año 2010, Vázquez ha sabido liderar un PP local en cohabitación con un grupo municipal comandado por Teodosio Martino, si bien será recordada por haber abierto muchas puertas en el gobierno popular de la Xunta de Galicia en beneficio de Ordes, en especial en beneficio de los centros educativos ordenses.

Xesús Pedreira. Al frente de las delegaciones de Sanidade, Medio Rural y Medio Ambiente, el socialista ha mostrado una admirable predisposición en beneficio de los vecinos y vecinas a la hora de programar todo tipo de actividades y actuaciones de gran trascendencia para nuestra villa. En 2010 ha visto como uno de sus grandes proyectos, los cursos de la Universidade de Verán de la USC volvían a Ordes entre las felicitaciones de la universidad compostelana y la consellería de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia. Dentro del gobierno municipal, se ha mostrado como un socio fiel, y dentro del PSdG-PSOE de Pachi Vázquez ha demostrado en numerosas ocasiones a lo largo del año, su influencia a nivel regional. 

Gonzalo Castro. Durante todo el año 2010 ha vuelto a mostrarse como uno de los concejales no de gobierno más activos de toda la corporación. En numerosas ocasiones ha sido el jefe de oposición de facto en los debates del pleno municipal con una argumentación fiel a la ideología nacionalista, pero teniendo también muy en cuenta las peculiaridades de la sociedad ordense sabiéndose adaptar a ellas. En 2010 se ha caracterizado tanto por su oposición al gobierno municipal de Manuel Regos como a las actuaciones de la Xunta de Galicia de Núñez Feijóo de incidencia en nuestra villa. Es también un gran estudioso de las particularidades del rural gallego en general y ordense en particular.       

Vota por tu favorito Político del Año 2010 en Ordes.

ORDENSES DEL AÑO (V): PROGRAMA MUNICIPAL DE 2010

Candidatos:

Conciliar é fácil e divertido. A lo largo de los periodos estivales de Navidad, Semana Santa y verano, la concellería de Educación de Ordes organiza unos talles de juegos para los más pequeños de la casa. El objetivo, según su promotora Silvia Marín, es que durante las vacaciones escolares de sus hijos, los padres y madres del municipio puedan conciliar su vida laboral y familiar. Además, cuenta con servicio de transporte gratuito a las parroquias.

Venres Saudables. Diabetes, hipertensión, fibromialgia, menopausia...El cuidado de nuestra salud ya es un secreto menos para los numerosos vecinos de Ordes participantes en las charlas saludable de la noche de los viernes que organizó durante 2010 la concellería de Sanidade de Xesús Pedreira. En cada una de ellas, un experto en la materia explicaba las fórmulas para alcanzar una vida saludable larga y de calidad.  

II Feira de Saldos. Promovida por la Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes) en colaboración con la concellería de Comercio de Xosé Manuel Tobío, la segunda edición de este particular outlet traía hasta la Alameda de Ordes n importante número de visitantes de otras localidades en busca de las mejores ofertas del comercio local.

Noites Psicoeducativas. Enmarcadas dentro del Programa Faro de prevención del alcoholismo entre adolescentes, más de 60 jóvenes entre los 12 y los 17 años pudieron disfrutar de manera gratuita de enriquecedoras actividades como baile latino, risoterapia o karaoke como alernativa de ocio a las noches de botellón.

Vota por tu favorito a Programa Municipal de 2010 en Ordes.

*

Cabalgata de Reis. Galería fotográfica

miércoles, 5 de enero de 2011

O PP presentará no pleno extraordinario deste venres tres reclamacións contra os orzamentos 2011

Acusan ao Goberno local de elaborar unhas "contas ficticias" para o presente exercicio económico

Pedirán que se corrixan as deficiencias localizadas para posteriormente someter os novos números a debate e aprobación da corporación municipal

A xestora do Partido Popular de Ordes informa hoxe en nota de prensa de que as anomalías detectadas nos orzamentos do Concello de Ordes para o ano 2011 obrigaron ao Goberno local a connvocar un pleno extraordinario para o venres 7 de xaneiro. O obxectivo desta reunión da corporación muncipal via ser debater as reclamacións administrativas formuladas polo grupo municipal popular contra o documento aprobado inicialmente o pasado 30 de novembro. Nese pleno extraordinario, o PP pedirá que se corrixan as deficiencias observadas para, posteriormente, someter o orzamento a debate e aprobación por parte da corporación.

Para os populares ordenses, anomalías como inflar artificialmente a previsión de ingresos ou non consignar créditos suficientes para facer fronte aos pagamentos previstos constitúen non só un atentado contra os intereses dos veciños, senón que tamén unha infracción da Lei de Facendas Locais.

Previsións de ingresos de 1,6 millóns de euros
As alegacións formuladas polo PP constatan que a previsión de ingresos dos orzamentos do Concello para 2011, e moi especialmente as taxas -Capítulo III, licenzas de obra, primeira ocupación, apertura e cemiterio-, programan un importe de 1.606.787,62 euros. Este feito, aseguran os populares, semella unha alteración do orzamento, xa que a liquidación do ano 2009 correspondente a este concepto suma tan só 827.984,13 euros. A xuízo dos populares ordenses, a previsión orzamentaria está inflada artificialmente ata duplicar, no mellor dos casos, a recadación previsible no actual contexto de crise.

No estado de execución a xullo de 2010 pódese comprobar, continúan os populares, que o total recadado por ese mesmo concepto ascendía a 420.191,12 euros, o que parece indicar que a recadación de todo o exercicio vai ser semellante á do ano 2009. Por iso, o PP de Ordes considera que inflar ficticiamente os conceptos de ingresos para poder gastar máis do debido é unha irresponsabilidade, ademáis dunha infracción do ordenamento en materia de facendas locais.

Simultaneamente, alertan de que os gastos previstos no capítulo 2 sofren unha notable disminución, ao pasar de 3.808.422,54 euros na liquidación do ano 2009 aos 3.013.091,30 euros do presente orzamento, nos que consta a eliminación do obradoiro de emprego e o paso dos servizos sociais a Mancomunidade, sen aclarar suficientemente cales son o resto dos servizos que desaparecen ou disminuen ata acadar a cantidade reseñada.

A terceira das reclamacións formuladas polo Partido Popular baséase no informe elaborado polo interventor municipal e no que pon de manifesto a delicada situación financeira do Concello de Ordes e o volume crecente de facturas impagadas que se amorean nas súas dependencias. A fama de moroso do Concello, din dende a Xestora do PP, acada tal extremo que moitas empresas da localidade se negan xa a subministrarlle materiais que non saben se van cobrar.

Recoñecer obrigas de 2010 no exercicio de 2011
Así, o interventor subliña que ao longo de 2011 haberá que recoñecer obrigas de 2010, polo que o crédito consumido neses recoñecementos extraxudiciais impidirá atender os gastos correntes que o Concello vaia xerando. Deste xeito, as facturas de 2011 quedarán pendentes de pago ata, polo menos, o ano 2012, incumprindo de maneira reiterada o principio de anualidade, así como a nivelación orzamentaria para facer fronte a todos os gastos.

Ademais das reclamacións formuladas desde o grupo municipal popular, o sindicato Comisións Obreiras e veciños de Ordes rexistraron tamén alegacións en termos semellantes por entender que o Goberno local está sumindo ao Concello nunha situación de bancarrota que resultará especialmente difícil de superar.

*

ORDENSES DEL AÑO (IV): ORDENSE DE ADOPCIÓN DE 2010

Candidatos:

José Blanco. Pese a no pisar nuestra villa durante el pasado año (sí estuvo en febrero de 2009), su huella sí se ha dejado notar en numerosas actuaciones, como la financiación dela variante de Ordes o las obras de mejora de la N-550. Además, personalmente el ministro de Fomento del Gobierno de Madrid presume de conocer, y muy bien, el concello de Ordes.

Diego Calvo. El delegado de la Xunta de Galicia en la provincia de A Coruña ha sido el auténtico valedor de Ordes en el Gobierno autonómico durante el año 2010. A lo largo de los meses, su presencia en la villa ha sido una constante, como así fue en la inauguración de la primera fase de la ronda leste en agosto de 2010 o durante la clausura del obradoiro de traballo Ramón Ruibal en el mes de septiembre.  

Ana Pontón. La diputada nacionalista, responsable del área compostelana en el Parlamento de Galicia ha estado muy atenta a la actualidad ordense y han sido numerosas las veces que visitó nuestro municipio. Entre ellas destacan sus protestas por la supresión del Noite Bús en Ordes y por el recorte presupuestario del municipio en los presupuestos de la Xunta de Galicia.

Miguel Prado Patiño. Alcalde de Frades y presidente de la Mancomunidade de Municipios de la Comarca de Ordes. Al frente de este ente supramunicipal logró en 2010 presidir acuerdos como las cesiones del Centro Gallego de la Comarca de Ordes en Buenos Aires, o la del Centro de Información á Muller desde el Concello de Ordes a la Mancomunidade. 

Vota por tu favorito a Ordense de Adopción del Año 2010.

*

ORDENSES DEL AÑO (III): CLUB DEPORTIVO DEL AÑO 2010

Candidatos:

Asociación Deportiva de Ordes (A.C. de Ordes). Mantuvieron una incipietnte actividad a lo largo de 2010 cuyo momento cumbre llegó en septiembre a la hora de organizar con gran éxito las Ligas Deportivas da Comarca de Ordes en sus modalidades de fútbol sala, badminton, tenis, tenis de mesa y ajedrez, entre otros deportes.

Rápido de Ordes. El club de fútbol se proclamó en agosto de 2010 campeón del Maratón de Fútbol 7 de Frades, junto al Combinado de Frades, en categoría infantil-cadete. Fueron los primeros clasificados en una agotadora jornada futbolística en la que participaron más de 60 jugares de Ordes y Frades.

Clube Atletismo Ordes. Participaron activamente en numerosos encuentros deportivos a lo largo de 2010, siendo además el club permiado con el primer premio en la III Gala do Deporte da Mancomunidad de Municipios de Ordes en mayo de 2010.

S.D. Club Órdenes. Desde Vista Alegre fueron capaces de organizar, en colaboración con el Concello de Ordes, el VI torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes con  la presencia de diez clubes en sus categorías prebenjamín, benjamin y alevín, de entre otros, el R.C. Deportivo de La Coruña y el R.C. Celta de Vigo.

Vota por tu favorito Club Deportivo del Año 2010.

*

Os desempregados ordenses poderán participar nun curso sobre creación de empresas

Promovido pola Rede Xiana da Deputación en colaboración co Concello de Ordes



Regos: "Tratamos de dar unha ferramenta máis para facilitar a incorporación ao mercado laboral"

O Concello de Ordes ten aberto o prazo de inscrición para participar nun curso sobre creación de empresas dirixido a desempregados que está promovido pola Rede Xiana da Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello.

Un dos obxectivos deste curso é axudar ás persoas beneficiarias participantes a transformar as súas ideas de empresa en proxectos reais, dándolles os coñecementos necesarios, así como orientación no proceso de elaboración do plan de empresa, á vez de fomentar iniciativas que desenvolvan novas actividades que respondan ás necesidades locais de prestación de servizos.

Os destinatarios deste curso, de carácter semipresencial e que conta cunha duración de 50 horas, son os demandantes de emprego coa tarxeta actualizada, maiores de 18 anos e empadronados no Concello de Ordes.

Prazo de inscripción ata o 23 de xaneiro
O prazo para inscribirse no curso permanecerá aberto ata o 23 de xaneiro, debendo realizarse a inscrición na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes, ubicada no 2º andar da Casa do Concello, lugar onde tamén se poderá recibir máis información ao respecto, ao igual que na web www.redexiana.org.


Esta actividade súmase á gran cantidade de iniciativas dirixidas a desempregados que durante o pasado ano 2010 levou a cabo o Concello de Ordes. Unhas iniciativas baseadas primordialmente na formación e que tiveron como obxectivo, tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, “dar aos desempregados unha ferramenta máis para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral”.

*

Recouso insiste en que Manuel Regos retrasa "deliberadamente" a tramitación do Plan de Ordenación Municipal

Continúan as críticas dos nacionalistas á falta de aprobación do PXOM de Ordes

O concelleiro do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, acusou hoxe ao alcalde de mentir continuamente aos veciños, "para intentar disfrazar a súa manifesta incapacidade para mellorar as condicións de vida dos veciños de Ordes".

Recouso manifestou que “a zona industrial de Poulo está vinculada á tramitación do PXOM de Ordes, tramitación que pola desidia do alcalde aínda está nun período embrionario, polo que vai tardar varios anos en ser aprobado”.

O concelleiro nacionalista volveu acusar ao alcalde de Ordes “de retrasar a tramitación do PXOM deliberadamente para defender intereses especulativos, impedindo que se aprobara definitivamente o mesmo no presente mandato municipal, o que abocará a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostíbel.”

No tocante ao desemprego, Recouso manifestou que “o alcalde ten despilfarrado millóns de euros que podían ser invertidos en actuacións para crear emprego, como a creación dun viveiro de empresas, no actual parque empresarial, ou a reforma e promoción da praza de abastos, actuacións que foron propostas reiteradamente polo BNG e rexeitadas polo goberno municipal ”.

A frase de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes
“Desde o BNG lamentamos que o alcalde pretenda vivir nun mundo irreal e enganar aos veciños, cando o certo é que Ordes convertiuse no concello da provincia da Coruña onde máis medrou proporcionalmente paro, ao pasar, en ano e medio, de 600 a máis de 1.100 desempregados”.

*