martes, 19 de abril de 2011

Recouso quere debates electorais en Radio Ordes

O responsable local do BNG recorda que os ordenses "teñen dereito a estar informados" e que mellor que "confrontar os diferentes proxectos políticos nun debate público"

O responsable local do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, propuxo onte levar a cabo dous debates durante a campaña electoral fronte aos micrófonos de Radio Ordes. A xuízo de Recouso, “os veciños e veciñas de Ordes teñen dereito a estar informados, e que mellor para conseguir este obxectivo que confrontar os diferentes proxectos políticos nun debate público”.

O nacionalista propón ademais que estes dous debates sexan realizados dende algún dos locais municipais e de forma aberta e pública, permitindo o acceso aos mesmos a todos os veciños que desexen asistir a eles.

Recouso aproveitou a súa comparecencia para confirmar que o candidato do BNG á alcaldía, Gonzalo Castro, participaría en todos os debates que se poideran organizar co obxectivo de “explicar aos veciños e veciñas de Ordes o proxecto de goberno que ten o BNG para o noso concello”.

*