Quedan clasificados para xogar a fase de ascenso a 1ª Nacional
O equipo sénior da A.C. Órdenes proclamouse esta fin de semana campión da Liga Autonómica ao gañar 13- 1 ao equipo Raxoi. Aínda que todavía queda un partido por disputar para o remate da liga, trala victoria contra o Raxoi, a A.C. Órdenes xa se fixo co campionato clasificándose así para xogar a fase de ascenso a 1ª Nacional.
Por outra banda, outro dos equipos deste clube tamén disputará próximamente encontros moi importantes. Trátase do equipo júnior que os vindeiros 22, 23 e 24 de abril xogarán en Gijón o sector clasificatorio para o Campionato de España.
Felicitacións da alcaldía
Dende o Concello de Ordes, tanto o alcalde, Manuel Regos, como o edil de Deportes, José Ramón Vázquez Raña, quixeron felicitar ao clube por estes últimos logros, mostrando ademais a súa satifacción porque os equipos ordenses leven o nome do municipio polas cotas máis altas a nivel deportivo.
*