Conseguiron o ascenso logo de gañar 9-0 aos composteláns de 'Xa Chegou'
O equipo de fútbol da AD Vila de Ordes está de noraboa ao conseguir o ascenso a 2ª Autonómica trala victoria de onte por 9-0 ante o equipo compostelán 'Xa chegou'.
Unha victoria que fai que os xogadores ordenses ascendan matemáticamente á categoría superior, e que se se repite no partido da próxima fin de semana ante o equipo de A Baña faría que se proclamasen campións de liga no seu grupo.
Felicitacións da alcaldía
O alcalde Manuel Regos e o edil de Deportes, José Ramón Vázquez Raña quixeron mostrar as súas felicitacións a xogadores, corpo técnico e directiva da AD Vila de Ordes.
*