Mostrando entradas con la etiqueta Antonio Castrillo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antonio Castrillo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de abril de 2014

A violencia en Ordes, contra as cordas

A mesa de traballo contra a violencia, reunida onte en Ordes.
A Xunta de Seguridade Local acorda a constitución dunha comisión de coordinación policial

Na mañá de note tivo lugar a Xunta Local de Seguridade do Concello de Ordes, tendo como principal punto da orde do día a constitución da Comisión de Coordinación Policial

Unha proposta que saíu aprobada co fin de apoiar e asesorar á Xunta Local, e que estará formada polos xefes da Policía Local e da Garda Civil.

Por outra banda, tamén quedou emprazada á mesa de coordinación institucional para o avance en cuestión de casos de violencia de xénero entre todos os axentes implicados. 

Outro dos asuntos abordados foi o referente á seguridade viaria, punto no que a comisión acordou realizar unha valoración dos problemas que se presentan nesta materia nas entradas ao Concello da N-550. 

Seguridade cidadá
Por outra banda, tamén se valorou moi positivamente o elevado grao de seguridade cidadá que presenta o Concello de Ordes, tras o informe ofrecido polas forzas de seguridade segundo as súas intervencións dentro do perímetro municipal.

Asistentes

Os asistentes á sesión que tivo lugar nos baixos da Alameda, foron: o subdelegado do Goberno, Jorge Atán; o coronel xefe da Comandancia da Coruña, Benedicto González; o comandante de posto de Ordes, Antonio Castrillón; o inspector xefe da Policía Autonómica, Vicente Carballo; o xefe da Policía Local, Eduardo Rodríguez; o alcalde e tenente de alcalde de Ordes, Manuel Regos e Silvia Marín, respectivamente; e o sarxento xefe do Parque Comarcal de Bombeiros, Honorino Raña, entre outros.

*

viernes, 14 de octubre de 2011

A Garda Civil de Ordes homenaxeou á súa patrona, Nosa Señora do Pilar


Tamén o persoal de Correos e o grupo do Goberno municipal e oposición, salvo os concelleiros do BNG, participaron na festividade

Membros do corpo da Garda Civil de Ordes así como persoal do grupo de Correos celebraron na mañá de antonte a festividade da súa patrona, a Nosa Señora do Pilar. A xornada deu comenzo ás 12:00 horas na igrexa de Santa María de Ordes, cunha liturxia á que acudiron os membros do equipo de Goberno encabezados polo seu alcalde, Manuel Regos

Poder xudicial
Como máxima representación do corpo da Garda Civil acudiu o sarxento Antonio Castrillo, quen estivo acompañado polo xuiz decano do xulgado nº1 de Ordes, José Manuel Pérez Maside, así como pola xuiza do xulgado nº2, Sandra María Iglesias Barral. Tamén participaron da cerimonia relixiosa outros membros da corporación municipal, salvo os dous concelleiros nacionalistas, que declinaron participar da festividade nacional.

*