Mostrando entradas con la etiqueta Vázquez Raña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vázquez Raña. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de junio de 2014

O Concello de Ordes realiza tarefas de limpeza e resinalización no roteiro de Buscás


A semana que ven darán traballos no roteiro do río Mercurín

Varios membros do Goberno local de Ordes realizaron recentemente un percorrido polo roteiro de Buscás. Unha camiñata que aproveitaron para efectuar tarefas de limpeza e de resinalización ao longo deste traxecto. 

Trátase dunha das rutas de sendeirismo das que dispón o municipio, que cada ano son transitadas e desfrutadas por centos de caminantes e ciclistas. Os encargados de efectuar este traballo foron Luis Gómez Candal, Lucía Iglesias, Ramón Vázquez, Roberto Iglesias e a tenente de alcalde, Silvia Marín.


Xa de cara á vindeira semana está previsto que se levan a cabo os mesmos traballos no roteiro do río Mercurín.

*

miércoles, 2 de abril de 2014

Unha nova 'promoción de informáticos' de Ordes



O Concello fixo entrega dos diplomas dos cursos medio e básico de informática

O Concello de Ordes vén de facer entrega dos diplomas correspondente aos cursos de informática dos niveis medio e básico. Unha vez máis o nivel de aceptación foi moi elevado, cubrindo a práctica totalidade das prazas ofertadas. 

Ramón Vázquez Raña, concelleiro de Cultura, quiso estar presente neste acto de entrega de diplomas, que se levou a cabo na mesma aula de informática ubicada na Casa da Cultura.

*

martes, 25 de febrero de 2014

O artista visual Xosé Rivera expón a ‘Beleza oculta’ de Ordes nas paredes do Museo do Traxe


Durante as  vindeiras semanas poderase visitar gratuitamente esta mostra, composta na maior parte por imaxes costumbristas

O Museo do Traxe Juanjo Liñares acolleu o pasado venres 21 a presentación da mostra fotográfica ‘Beleza oculta’. Un traballo asinado polo artista local Xosé Rivera e que amosa escenas da vida cotián da comarca de Ordes, de corte costumbrista, e de elementos da natureza onde se demostra que a beleza e o momento extraordinario abundan nas nosas vidas e no que miramos esquivamente, en palabras do seu autor. 

As fotografías que se exhibirán nas vindeiras semanas son unha selección de traballos realizados ao longo dos últimos anos. Imaxes que pertencen a diversos proxectos visuais, como Celtia, Fotografía Nocturna e Vida Galega. 

Ademais de localizacións na comarca ordense tamén hai que falar de lugares como a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, ou a praia das Catedrais, en Lugo.

De esq.a der. Manuel Viqueira, Xosé Rivera e Ramón Vázquez Raña.
Visitantes
O deseñador, fotógrafo, artista visual e comunicador estivo acompañado neste día por veciños, familiares, visitantes e seguidores da súa obra. Entre eles destacaron Manuel Viqueira e Ramón Vázquez Raña, director do Museo do Traxe e concelleiro de Cultura respectivamente. 

Viqueira destacou unha vez máis “a función de apoio para os artistas locais que ten este museo, que pretende converterse tamén nun espazo de exhibición para todos eles, sobre todo para os que dan os primeiros pasos”.

Rivera, durante a exhibición de rebelado e positivado de fotografías.

Videomontaxe
Durante o acto todos os asistentes puideron desfrutar da última videomontaxe realizada polo artista para a cal se tomaron máis de 12.000 fotografías. Un traballo que se centra no Camiño de Santiago, e para o cal se traballou sobre o trazado do Camiño Inglés no seu paso polo concello de Ordes. 

Pero non foi esta a única sorpresa para o público asistente xa que tamén se levou a cabo o rebelado e positivado en papel de varias imaxes captadas polo propio artista na vila de Ordes. Incluso unha delas foi realizada in situ cunha cámara estonospeica. 

Finalmente algún que outro asistente tivo a ocasión de saír cunha imaxen das expostas baixo o brazo tras descifrar o enigma plantexado por Rivera ao longo deste entretido e original acto de presentación.

*

lunes, 17 de febrero de 2014

O BNG de Ordes solicita, cun pleno extraordinario, a dimisión de Regos, Marín e Vázquez Raña

Por mor do presunto tráfico de influencias acontecido na contratación na gardería municipal

Os concelleiros do BNG en Ordes, Ramiro Recouso Liste e Pablo Vidal Ríos, solicitaron no día de hoxe a celebración dun pleno extraordinario urxente, no que solicitarán a dimisión do alcalde, Manuel Regos, da tenente de alcalde, Silvia Marín e do concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña.

Os nacionalistas suliñan que a descalificación do sumario da operación Pokémon, revelase que o alcalde de Ordes recibiu agasallos do Grupo Vendex, grupo ao que pertence Sermasa empresa que xestiona a gardería municipal.

Lembran desde o BNG que tamén se revela que Silvia Marín xa non só enchufou á compañeira sentimental do concelleiro de Cultura, senón que tamén enchufou a varias persoas mais, unha delas vinculada a unha concelleira da oposición, que participou no goberno de coalición UxO-PSOE da pasada lexislatura -refírense os nacionalistas a Ana María Álvarez, de CideGa-. 

O recoñecemento de que ela mesma facía entrega a Sermasa dos currículums das súas candidatas. Sempre segundo o BNG local, a revelación de que a tenente de alcalde convidou á empresa que xestiona a gardería municipal a que participara no concurso do contrato de Axuda no Fogar da Mancomunidade de Ordes, aínda que o fixera fora de prazo.
  
Ramiro Recouso considera que as escoitas telefónicas confirman o que a propia tenente de alcalde recoñecera en maio de 2013, cando en declaracións aos medios de comunicación manifestou que o “volvería a facer mil veces”, recoñecemento explícito da existencia de tráfico de influencias, para beneficiar á muller do concelleiro de Cultura.

Pleno extraordinario
Por estes motivos o BNG de Ordes, solicitou a celebración dun pleno extraordinario urxente, onde se aproben os seguintes acordos.

1.     Dimisión da tenente de alcalde de Ordes en virtude dos acordos plenarios de 25 de abril e de 7 de maio de 2013.

2.  Dimisión do concelleiro de Cultura por ser beneficiario directo das actividades de tráfico de influencias exercidas pola tenente de alcalde de Ordes.


3.  Dimisión do alcalde de Ordes por ocultar é protexer as actividades de tráfico de influencias exercidas pola tenente de alcalde de Ordes.

*