martes, 5 de abril de 2011

Pedreira confía en que a parcelaria de Montaos estea rematada o ano que ven

Foron 32 os recursos presentados dos cales 18 foron desestimados

O Concello de Ordes acolleu hoxe a celebración da reunión do pleno da xunta local da concentración parcelaria de Montaos. Unha reunión na que se trataron os recursos presentados ao acordo. En total foron 32 os recursos presentados, dos cales sete foron estimados, outros sete estimáronse en parte e 18 quedaron desestimados.

Agora, tal e como explicou o edil de Medio Rural do Concello de Ordes, Xesús Pedreira, enviarase á Consellería de Medio Rural o acordo para que se faga definitivo, estando previsto que esta concentración estea rematada en 2012.

Avances nas outras concentracións
Por outra banda, o edil ordense, anunciou tamén unha serie de avances no resto de concentracións parcelarias do municipio e adiantou que a de Ardemil entregarase definitivamente nos vindeiros meses dándose así por rematada; as concentracións de Leira e Buscás tamén se darán por finalizadas neste ano; as de Vilamaior e Montaos en 2012; e a de Beán- Pereira estará terminada en 2013.

*