Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Iglesias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Iglesias. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de junio de 2014

Os alumnos do curso de cociña de Ordes despedíronse cunha gran cea



Asistiron corenta deles ademais do seu mestre, Manuel Iglesias Vieites

Os alumnos do curso de cociña organizado polo Concello de Ordes despedíronse note desta última edición cunha gran cea na Casa da Cultura. 

Déronse cita os preto de 40 alumnos dos dous cursos impartidos nos últimos meses, ademais do seu mestre, Manuel Iglesias Vieites. 


Menú
Arroz negro con sepia, rape ao cava, rabo de touro, calabacín recheo, merluza ao forno, mexillóns con garbanzos ao forno e en escabeche, lasaña, rosquillas de anís, tarta da avoa e moitas máis receitas foron as que se elaboraron ao nesta ocasión.

*

sábado, 15 de febrero de 2014

Éxito absoluto dos cursos de cociña en Ordes


O grupo de participantes no curso de cociña de Ordes xunto ao titor, o cociñeiro local Manuel Iglesias Vieites.
Con todas as súas prazas cubertas, unha treintena de veciños e veciñas elaboraron sabrosas receitas

Os cursos de cociña organizados polo Concello de Ordes e celebrados ao longo dos últimos meses remataron cun éxito absoluto. Con todas as súas prazas cubertas, unha treintena de veciños e veciñas elaboraron novas e sabrosas receitas, ademais de dar conta de prácticos trucos de cociña e moito máis. 

Repostería, carnes, pescados ou caldos foi o que aprenderon grazas aos consellos e ás clases impartidas polo cociñeiro local Manuel Iglesias Vieites, quen volverá a poñerse o mandil de cara á próxima convocatoria que dará comenzo en marzo. 

O prazo de inscrición estará aberto do 17 ao 26 de febreiro no departamento de Cultura, ubicado no segundo andar da Casa do Concello. 

lunes, 16 de mayo de 2011

'Alemao', invitado de honra na clausura das ligas deportivas de Ordes

O xogador do Autos Lobelle Fútbol Sala, Julio César Simonato Cordeiri, 'Alemao'
Entregáronse os trofeos aos gañadores das ligas de dardos, tenis e fútbol sala

Na noite do pasado venres dábanse por clausuradas as ligas deportivas de Ordes coa entrega dos trofeos aos gañadores de cada unha das ligas, así como a disputa da Copa Concello de Ordes de fútbol sala no pavillón Campomaior.

Estas ligas, organizadas pola Asociación Deportiva de Ordes en colaboración co Concello, celebráronse nas disciplinas de dardos, tenis e fútbol sala, servindo este acto de entrega dos trofeos como a clausura das mesmas. Centos de persoas seguiron o acto, no que tamén estivo presente o xogador do equipo Autos Lobelle, 'Alemao', quen entregou os trofeos aos gañadores acompañado polo concelleiro de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, José Ramón Vázquez Raña e o representante da Asociación Deportiva de Ordes, Manuel Iglesias.

Gañadores da Copa Concello de Ordes, co concelleiro Ramón Vázquez Raña.
Exhibición deportiva
Ademais da entrega dos trofeos, a xornada contou tamén cunha exhibición de tiro con arco, e a celebración da Copa Concello de Ordes de fútbol sala, que enfrentou na final aos equipos da cafetería Millenium e Neumáticos Magafey, saíndo vencedores os primeiros.

Unha festa puxo o broche final a esta xornada deportiva cunha churrascada para todos os participantes e discoteca móbil.

*