viernes, 27 de diciembre de 2013

Os socialistas de Ordes instan ao Concello a xestionar as reclamacións polos recentes cortes de luz

As parroquias máis afectadas foron Parada e Poulo, onde moitos veciños pasaron a Noiteboa sen luz

Os socialistas de Ordes instaron hoxe ao Concello de Ordes a xestionar as reclamacións dos veciños e veciñas do municipio afectados polos cortes de subministro eléctrico durante os últimos días, coincidindo coa cicloxénese explosiva do pasado luns. 

Unha situación que afectou especialmente ás parroquias de Parada e Poulo, onde moitos veciños tiveron que pasar a Noiteboa sen luz.

Reclamacións

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, xa trasladou esta petición ao alcalde, Manuel Regos, xa que “consideramos que o Concello de Ordes debe poñerse á fronte dos veciños afectados e tramitar esas reclamacións diante de Gas Natural-Unión Fenosa e da Consellería de Industria, sobre todo cando estamos ás portas dunha nova tormenta e tendo en conta os cuantiosos danos que a anterior ten causado en Ordes”.

*

Os nenos e nenas de Ordes aprenden a facer repostería navideña


Pasaron a mañá de onte na aula de cociña

Os nenos e nenas de Ordes enfundáronse na mañá de onte nos seus mandís de cociña para participar no obradoiro de repostería navideña. Unha cita organizada polo Concello de Ordes e que rexistrou un cheo absoluto

Bonecos de neve feitos con bolas de coco e leite condensada, piruletas e madalenas de galletas de chocolate, e moito máis foi o que prepararon ao longo de toda a mañá de hoxe na aula de cociña.

*

Ordes organiza un torneo de fútbol biberón


Terá lugar o vindeiro 4 de xaneiro en Vista Alegre

O Concello de Ordes organiza de cara ao vindeiro 4 de xaneiro un torneo de fútbol da categoría biberón no que participarán arredor de 120 rapaces de oito equipos distintos das zonas de Santiago de Compostela e A Coruña. 

Os encontros celebraranse ao longo de toda a xornada e terán lugar na Cidade Deportiva de Vista Alegre.

*

martes, 24 de diciembre de 2013

O praza de abastos luce xa a súa remodelación

Manuel Regos: "Estas reformas son a nosa aposta polo comercio de proximidade

Esta semana remataron as  obras de reparación, modernización e remodelación da praza de abastos de Ordes. Un proxecto no que se investiron 160.000 euros, en parte sufragado cunha subvención por parte da Consellería de Economía e Industria que ascende a 120.000 euros.

O proxecto supuxo intervencións no acondicionamento dun acceso directo desde o exterior para persoas con movilidade reducida, adaptáronse os aseos para calquer tipo de usuario, ademais de abrirse ocos na fachada e instalarse fiestras con carpintería con rotura de ponte térmica e vidro dobre illante de baixa emisividade. 

Demoleuse o aceirado existente e sustituiuse por outro máis ancho de formigón coloreado e bordo de granito. 

Elimináronse as xardineiras da entrada principal, procedeuse coa reposición da fachada e colocáronse outro tipo de xardineiras e bolardos. Tapiáronse os muelles de carga que estaban en desuso e restauráronse as súas portas de acceso. 

Limpiouse a fachada e a cuberta do edificio e aplicouse un tratamento funcixida á pedra. Colocáronse canalóns e cumieiras na cuberta, ademais de dotarse ao inmoble dos elementos precisos para reducir o consumo eléctrico.


A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes 
"Esta remodelación se presenta como un incentivo e unha aposta polo comercio de proximidade

*

Gala do Deporte de Ordes


Os socialistas de Ordes reclámanlle á Deputación unha senda peonil no Mesón do Vento


Xesús Pedreira: "Esta senda peonil ofrecería unha maior seguridade aos peóns e ciclistas, que xa teñen sufrido varios atropelos por mor do intenso tráfico pesado"

Os socialistas de Ordes solicítanlle á Deputación da Coruña a construción dunha senda peonil na estrada provincial CP-2405, entre a zona de Orellán de Abaixo e A Brea, nas inmediacións do Mesón do Vento

Trátase dun treito de 1.410 metros de lonxitude que necesita urxentemente a mellora da seguridade vial.

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, visitou a zona acompañado do deputado provincial e alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, representante do PSdeG-PSOE na comisión provincial de Obras. 

A instancias de Pedreira, Iglesias confirmou que presentarán no rexistro da Deputación un oficio para que a Deputación teña en conta a solicitude e valore a súa inclusión nalgún dos plans para a mellora da seguridade vial en estradas provinciais.

Apoio unánime do pleno
Pedreira explicou que a petición desta obra xa fora aprobada pola unanimidade do pleno municipal do pasado mes de xaneiro, sen que o goberno provincial a atendese ata agora. 

Segundo a memoria do proxecto, as obras desta senda peonil precisarían un orzamento de 175.000 euros. Extenderíanse entre os puntos quilométricos 2,240 e 3,650 e emprazaríase na marxe esquerda do vial provincial, en dirección Cerceda

Comezaría por tanto na zona de Orellán, onde remata a beirarrúa xa existente, e chegaría practicamente ata a entrada da central térmica de Meirama, nunha zona na que nos últimos anos se construíron múltiples vivendas unifamiliares.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro socialista de Ordes
“Esta senda peonil sería moi necesaria porque daríalle continuidade á beirarrúa xa existente desde o Mesón do Vento ata Orellán e ofrecería unha maior seguridade aos peóns e ciclistas da zona, que xa teñen sufrido varios atropelos por mor do intenso tráfico pesado e a carencia de anchura suficiente nos laterais da estrada provincial”

“Ás veces semella que é o traballo dunha única persoa, que é o voceiro e é quen dá a cara, pero detrás hai moitos máis compañeros socialistas que traballan cada día por responder ás necesidades dos veciños e veciñas de Ordes”

*

lunes, 23 de diciembre de 2013

O Concerto de Nadal de Ordes enche a Casa de Cultura


Participaron a Escola de Música de Ordes e os Reiceiros de Pontecarreira

A Asociación Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes celebrou esta fin de semana o seu tradicional concerto de Nadal. Unha cita que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura. Abrindo o acto estiveron os alumnos da Escola de Música de Ordes, que interpretaron os temas El cuco e Navidad, Navidad.

A continuación chegoulle o momento aos Reiceiros de Pontecarreira. Esta formación cantou varios temas tradicionais da época de Reices, algún deles recuperado hai anos da tradición local da zona que lle da nome ao grupo. 

Reices de Añá ou O Merlo foron algunas destas cancións, que moitos corearon dende a súa bancada.

Homenaxe a José Lisardo
Posteriromente a Banda de Música de Ordes ofreceu entre outros temas Muiñeira de Cercedo. Unha composición asinada polo director da formación, Fernando Gontad, e que dedicou especialmente a José Lisardo, integrante tanto da banda como da asociación “por todo o gran traballo e adicación que desinteresadamente ofrece á banda á música e á asociación, xa que sin elo nada sería igual nin funcionaría tan ben” explicou o director. 

En palabras de José Lisardo este foi “un momento moi especial polo agradecemento mostrado en público, pero tamén por poder ver o nome da miña parroquia plasmado nunha partitura”.


Para concluir o acto o concelleiro de Cultura de Ordes, Ramón Vázquez, fixo entrega de dúas placas conmemorativas aos organizadores e participantes deste evento que marca o inicio do programa de actos navideños organizados polo Concello de Ordes .

*

O PSOE de Ordes felicita as festas aos ordenses


jueves, 19 de diciembre de 2013

Aprobado o destino dos 420000 euros do POS 2014

O maior investimento vai para a parroquia de Ardemil, seguido das de Ordes e Leira

Esta mañá quedou aprobado o POS 2014 do Concello de Ordes, no que se investirán máis de 421.000 euros. Uns cartos que irán destinados á instalación e melloras nos sistemas de abastecemento e saneamento, así como á rede viaria tanto do casco urbán como en distintos puntos das parroquias.

Ardemil contará cun sistema de bombeo na zona de Brea, ademais da colocación de  beirarrúas en Salgueira

Tamén se executarán melloras no firme de distintas pistas, estradas e camiños, como é o caso de Ramil (Barbeiros); Vidueiro, camiños de Lavandeira-Ceidón-Bosteiros,  Regueiro Vila-Espinica-Castiñeira, Vilar, pista de Sar-Espinica e na da Cancela da Agra (Ordes); pista de Cercedo (Marzoa). 

Tamén na da Bociña e en Pumariño (Buscás), nas das zonas de Codeseda e Pedreira (Meitufe), camiño da escola na aldea de Guindiboo e nas pistas de Chán e Sobreira (Santa Cruz de Montaos), nas zonas do Mouro e de Carrillo (Parada), no cruce de Ludiño e na Aldea de Baixo e no camiño do Curro (Pereira), na pista de Lavandeira de Arriba (Poulo), nos camiños de Carballo-Casanova e no da Ameixeira, así como na pista de Adrán (Vilamaior). A todas estas hai que sumarlle o camiño de Brea e outras 2 pistas na parroquia de Mercurín.


No que respecta a instalación da rede de abastecemento e saneamento de augas procederase coa colocación de tubos e sistemas de canalización no camiño de Agromaior (Lesta), na área de Cercedo (Marzoa), na Grela (Parada) e en Folgoso (Pereira).

*