lunes, 31 de mayo de 2010

Remata o ciclo de charlas informativas sobre a toma de medicamentos

.
Dende o pasado mes de febreiro lévanse celebrando estas charlas polas diferentes parroquias do municipio co fin de informar aos veciños e veciñas sobre o consumo de fármacos

O Concello de Ordes pechará o próximo sábado día 5 de xuño, o ciclo de charlas informativas sobre a toma de medicamentos, que daba comenzo o pasado mes de febreiro. Unhas charlas enmarcadas dentro do programa Ordes Saudable que leva a cabo a concellería de Sanidade.

O obxectivo destas charlas é informar aos veciños e veciñas do municipio de cuestións relativas á toma de medicamentos, cómo se deben tomar, a que horas, o efecto do medicamento, e incluso outras cuestións operativas como o funcionamento da receita electrónica. As sesións foron impartidas pola licenciada en Farmacia e especialista en Nutrición e Dietética, Rosa Celia Otero Raña.

Na Casa de Cultura a partires das 18:00 horas
Os veciños das parroquias xa puideron disfrutar destas charlas que deron comenzo en Beán, para seguir en Santa Cruz, Pereira, Poulo, Parada, Mercurín, Buscás, Vilamaior, Barbeiros, Mesón do Vento, Leira, Lesta, e por último celebrarase a derradeira das sesións, o próximo sábado en Ordes, na Casa da Cultura a partir das 18 horas. Pode participar todo o mundo e non fai falta inscrición previa.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Foi moi importante que todas estas charlas se levasen polas parroquias co fin de que todos os veciños tivesen acceso ás mesmas e incidindo así no empeño deste goberno local de levar ás parroquias todos os servizos que se ofertan no municipio

Foto: Momento da charla sobre a toma de medicamentos celebrada na parroquia de Beán.

*