.
A Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo organiza o vindeiro venres 21 o encontro, que conta coa colaboración do Concello de Ordes e os establecimentos hostaleiros do Campo da Feira
O vindeiro venres, 21 de maio no Campo da Feira e a partires das 21:00 horas, a Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo organiza a I Ruada 'Vai de Troula', en colaboración co Concello de Ordes.
Unha foliada que contará coa participación de diversos grupos folclóricos da provincia coma son os ordenses 'Pelexos', de Santa Cruz de Montaos; 'Os Viqueiras'; 'Embruxo', de Leira; 'Flor da Maquía'; e 'Camiño Real'. Dende Trazo chegarán as pandereteiras de 'Xentiña de Trazo'; 'Xeitosos'; e 'Faíscas'. De Tordoia, 'Brisas do Quenllo', da Pontraga; e 'Pandereteiras Bouba'.
Dende Cerceda, 'San Martiño' e Pandereteiras de Cerceda. De Oroso, 'Buxos Verdes', de Senra; 'Lembranzas do Tambre', de Sigüeiro e 'Néboas'. Xa por último, os fradenses de 'Grupo de Aiazo'; 'Os Reiceiros', da Ponte Carreira; e Grupo de Gaitas. Dende A Coruña, 'Maghúa'; e 'Donas de Marantes'; e 'A Gracia' dende Santiago de Compostela.
A organización convida a todos os lectores de Ordessiete a participar da xornada festiva "cantando, bailando e trouleando ata que o corpo aguante". Máis información no enderezo electrónico: accaminorealdepoulo@gmail.com.
A frase de Gonzalo Álvarez Prado, secretario da Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo
"A festa estará asegurada, haberá carpa, bar, venta de rifas para sortear diversos agasallos cedidos por varias asociacións e entidades colaboradoras e a entrada é de balde. Teremos unhas uchas para quen queira aportar donativos para enviar a través da Cruz Vermella a Haití e Chile, para axudar as súas xentes e que poidan voltar a vida de novo e loitar por un futuro millor para todos eles"
*