Máis dun cento de patinadores participaron o sábado na Gala de Patinaxe
O Concello de Ordes acolleu na mañá do sábado a celebración dunha gala de patinaxe artístico na que participaron máis dun cento de patinadores da escola municipal de patinaxe, o equipo do colexio Campomaior, o do colexio Castelao, así como outros catro clubes de municipios cercanos como foron o clube Coruxo de A Laracha, o Clube Alquimia de Carral, a escola Wenceslao Fernández Flórez de Cambre e o C.D.M. Cambre.
.
Medallas para todos
Tralas exhibicións o alcalde Manuel Regos, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, e o concelleiro de Cultura e Deportes José Ramón Vázquez Raña, entregaron a todos os participantes unhas medallas conmemorativas da xornada.
*