Terán lugar de 10 a 14 horas no Centro Comarcal e para poder participar é necesario facer unha inscrición previa no Concello
Están especialmente dirixidos a condutores habituais non necesariamente profesionais
A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes está a preparar a programación para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño. A primeira das actividades propostas consistirá en cursos de conducción eficiente totalmente gratuítos os días 3 e 4 de xuño en horario de mañá no Centro Comarcal de Ordes, de 10.00 a 14.00 horas. A duración destes cursos é de dúas horas. Para poder participar será necesario facer unha inscrición previa no Concello que se poderá realizar a través do teléfono 981 680002.
Trátase de unidades didácticas orientadas a condutores habituais, non teñen que ser profesionais. Este curso vai orientado, tanto a colectivos de profesionais, policías, bombeiros, parques móbiles, como a particulares.
Podes escoitar as palabras de Xesús Pedreira para Radio Ordes:
.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Estes cursos son unha resposta á necesidade de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente. Segundo as experiencias recollidas, podemos saber que o aforro medio de combustible por alumno está arredor do 15%, ao tempo que contribuímos á reducción das emisións contaminantes de maneira considerable”
*