Para poder participar deberás apuntarte na Casa do Concello a partires de mañá luns
A duración de cada curso será de dez horas e as prazas son limitadas
O Concello de Ordes, a través da concellería de Sanidade, organiza dous cursos totalmente gratuítos sobre primeiros auxilios. O primeiro deles, trátase dun curso básico sobre primeiros auxilios dirixido ó público en xeral e, o segundo, en colaboración coa concellería de Deportes, destinado a persoas que realicen algunha práctica deportiva.
28 e 29 de xuño. No primeiro dos cursos, Introdución aos primeiros auxilios, abordaranse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios, facilitando as habilidades necesarias para poder facer fronte dunha maneira efectiva e segura ás diferentes situacións de emerxencia que se poden atopar en situacións cotiás. As datas de celebración serán os días 28 e 29 de xuño de 16.30 a 21.30 h. na Casa da Cultura de Ordes.
30 de xuño e 1 de xullo. O segundo dos cursos ofertados pola concellería de Sanidade de Xesús Pedreira, farase en colaboración coa concellería de Deportes xestionada por José Ramón Vázquez Raña. Trátase do Curso de primeiros auxilios no deporte, curso no que se abordarán dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios destinados á atención de situacións críticas que poden orixinarse na práctica deportiva. As datas de celebración serán os días 30 de xuño e 1 de xullo de 16.30 h a 21.30 h tamén na Casa da Cultura de Ordes.
Os encargados de impartir os dous cursos serán docentes do Centro de Formación da Cruz Vermella. A duración de cada curso é de 10 horas e as prazas serán limitadas, polo que o prazo de inscrición para participar estará aberto a partir do luns día 31 de maio chamando ao número de teléfono 981 680002 ou na concellería de Sanidade situada na segunda planta da Casa do Concello.
Podes coñecer as palabras de Xesús Pedreira para Radio Ordes:
.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"A dinámica de traballo proposta para os dous cursos facilitará a creación de habilidades de relación e axuda que melloren a atención tanto da víctima como dos testigos do incidente xa que, durante as sesións formativas realizaranse simulacións e adestramento de situacións habituais na atención de primeiro nivel”
*