.
Aberto o prazo de inscrición para os campamentos deportivos e os campus de fútbol da Deputación
Os rapaces e rapazas ordenses deberán realizar as inscricións no departamento de Cultura e Deportes do Concello
A Deputación da Coruña ten xa convocada unha nova edición dos campamentos deportivos e os campus de fútbol para este verán, nos que poderán participar rapaces e rapazas do municipio ordense.
Así, en canto aos campamentos deportivos, van dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 13 anos que poderán practicar diferentes deportes como o golf, a vela, o tenis e o voleipraia. Os participantes estarán hospedados no colexio Calvo Sotelo de A Coruña e o prezo do campamento será de 85 euros.
Un prezo de 58 euros
Para Ordes están destinadas sete prazas que se adxudicarán por sorteo no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación. En canto á quenda na que participarán os rapaces e rapazas ordenses neste campamento, será do 11 ao 17 de xullo.
Por outra banda, en canto ao campus de fútbol, os participantes ordenses acudirán do 18 ao 24 de xullo. Este campus terá lugar nas instalación deportivas da Torre na Coruña e en Acea de Ama en Culleredo, tendo o aloxamento na residencia do IES Cruceiro Baleares no municipio cullerdense.
Esta actividade tamén está dirixida a rapaces e rapazas de 9 a 13 anos e o prezo é de 75 euros. Tamén haberá prazas limitadas e neste caso a Ordes corresponderanlle 5 prazas. En caso de haber máis solicitudes que prazas a adxudicación das mesmas tamén se realizará por sorteo.
Onde inscribirse?
Os interesados en participar tanto nos Campamentos Deportivos como no Campus de Fútbol poderán realizar a súa inscrición no departamento de Cultura e Deportes, na planta baixa da Casa do Concello. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 11 de xuño.
*