Manuel Regos destacou a figura do empresario ordense, tanto dende o punto de vista profesional como persoal, que redundou en beneficio do municipio
O Concello de Ordes celebrou esta mañá o acto de nomeamento como Fillo Predilecto do municipio de Ramón Carro Romero, empresario local e fundador da empresa CRC Obras y Servicios, unha das máis importantes tanto a nivel galego como nacional.
No acto, que tivo lugar na Casa do Concello, o primeiro edil destacou a figura do homenaxeado, tanto dende o punto de vista profesional, levando o nome de Ordes por todos os sitios por onde pasou a súa empresa, así como creando empregos no municipio, e tamén dende o punto de vista persoal.
Regos entregou ao homenaxeado un pergamiño artístico no que se fai referencia a esta data e se recoñece o nomeamento realizado polo Concello, así como unha insignia do municipio, ademais de agasallar tamén á esposa de Carro, Aurora Nouche, cun alfiler de solapa e un ramo de flores, xa que tal e como explicou o alcalde, “dise que detrás dun home sempre hai unha boa muller e este é o caso”, repetindo así as palabras que o cura párroco xa realizara na misa anterior ao acto.
Pola súa banda, Ramón Carro, non tivo máis que palabras de agradecemento para o alcalde e o Concello por esta distinción que lle foi concedida. Un agradecemento que deixou tamén plasmado por escrito no Libro de Honras e Nomeamentos do Concello.
Unha comida de confraternidade

Tamén tiveron palabras de recoñecemento para este empresario ordense, xa xubilado, o concelleiro Manuel Astray, instructor do expediente para levar a cabo este nomeamento, que fixo unha traxectoria pola vida profesional de Carro Romero, destacando a importancia desta empresa ordense. Palabras de recoñecemento ás que tamén se sumou Antonio Moar, membro da comisión organizadora da homenaxe ao empresario.
O acto de nomeamento como Fillo Predilecto a Ramón Carro Romero, enmarcouse dentro dunha serie de actos programados como homenaxe, que incluiron unha misa na igrexa parroquial de Santa María de Ordes e unha comida de confraternidade nunha carpa instalada na Alameda, á que asistiron arredor de 500 persoas, entre autoridades, corporación municipal, amigos e familiares de Carro Romero, e veciños e veciñas de Ordes que quixeron recoñecer desta maneira a labor do empresario co seu pobo.

*