.
Regos: "Carro o ten ben merecido pola súa traxectoria profesional, levando o nome de Ordes por todos sitios"
O Concello de Ordes celebrará mañá o nomeamento como Fillo Predilecto do municipio, de Ramón Carro Romero, empresario local fundador de CRC Obras y Servicios.
Este acto de nomeamento de Fillo Predilecto de Ordes enmárcase dentro dunha serie de actos de homenaxe que se farán no municipio ese mesmo día e que incluirá unha misa ás 13 horas na Igrexa Parroquial de Santa María de Ordes, cantada pola Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos.
Trala misa terá lugar unha recepción oficial na Casa do Concello, na que se fará o nomeamento de Fillo Predilecto de Ordes ao homenaxeado.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Ramón Carro ten ben merecido pola súa traxectoria profesional, levando o nome de Ordes por todos sitios. Esta é unha maneira de recoñecemento e agradecemento do seu pobo”
*