Organizado polo Clube Seo e patrocinado polo Concello
Se espera unha participación récord de equipos
O vindeiro 15 de maio o Clube Seo, co patrocinio do Concello de Ordes, organizará o III Raid de Aventura Concello de Ordes, segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Raids de Aventura. Será unha proba multidisciplinar na que os “raiders” terán que completar seccións de BTT, treking e kaiak, ademais de probas especiais como tirolina, rappel e tiro con arco.
Para esta nova edición do Raid de Aventura Concello de Ordes, dende a organización, esperan unha participación récord de equipos, xa que na primeira proba celebrada en Paderne o 11 de abril o número de equipos inscritos ascendeu a 56 entre élite e aventura.
Para máis información pode consultarse a web do clube http://www.clubseo.es/
Foto: Imaxe de arquivo de edicións anteriores do Raid de Aventura Concello de Ordes.
*