O alcalde Manuel Regos, acompañado por compañeiros de corporación e centos de veciños, inauguraba esta mañá o novo local social da parroquia de Beán. Un local que está ubicado na antiga casa reitoral da parroquia que foi rehabilitada para este uso veciñal. Consta de dúas plantas con diferentes departamentos en cada unha delas para os diferentes usos que lle poderán dar os veciños, así como conta tamén cunha oficina para uso do párroco.
O alcalde aproveitou o acto para lembrar algunhas das obras que xa se teñen desenvolvido na parroquia, como as melloras na escola unitaria, melloras en camiños e estradas, así como outras que espera se poidan levar a cabo, facendo fincapé na importancia que o goberno que dirixe lle dá a todas e cada unha das parroquias do municipio.
Ademais o alcalde tamén tivo palabras de agradecemento durante o seu discurso para o obradoiro de emprego do Concello que participou nos traballos de rehabilitación da rectoral, así como para a asociación de veciños de Beán.
.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"O local é de todos e espero que sirva como punto de encontro para todos os veciños e veciñas, tanto nenos como maiores, e que teñan así un lugar para socializarse e desenvolver as súas actividades”.
*