miércoles, 12 de mayo de 2010

A III Gala do Deporte da Mancomunidade premiará aos deportistas e entidades máis destacados

.
Tordoia será o anfitrión desta gala, que terá lugar o venres 14 de maio

O concello de Tordoia será a sede este ano da III Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, que premiará a 35 deportistas e entidades deportivas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Uns premios que serán entregados este venres 14 de maio, ás 20:00 horas, no transcurso dunha gran gala que terá lugar no ximnasio do CPI Pecalama (Tordoia) e que estará presidida polo alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, e polo presidente da Mancomunidade de Ordes, Miguel Prado Patiño.

Unha gala á que está prevista a asistencia dunhas 250 persoas, entre autoridades e xente relacionada co mundo do deporte. Durante o transcurso do evento, cada un dos concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes fará entrega de tres galardóns aos tres mellores deportistas ou entidades deportivas do curso 2009-2010. Así mesmo, cada municipio entregará tamén outros dous premios: á mellor promesa e un recoñecemento especial á traxectoria dun deportista ou clube deportivo.

Premiados polo Concello de Ordes
1º Premio - Clube Atletismo Ordes
2º Premio - José Pena Andrade (autocross)
3º Premio - Asociación Recreativa Cultural Femiordes (Atletismo)
Promesa -Equipo benxamíns de Hockei sobre Patíns das escolas deportivas municipais
Recoñecemento especial - Fernando Carvajal López (adestrador de fútbol)

*