Ordes acollerá a celebración destes dous cursos dirixidos a desempregados
As inscricións deben realizarse na oficina do Servizo Público de Emprego de Ordes (Rúa de Galicia nº 23)
O municipio ordense acollerá a celebración de dous cursos enmarcados dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Concretamente trátase dun curso de socorrista acuático e outro de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, ambos totalmente gratuítos para os participantes.
En canto ao curso de socorrista acuático constará de 265 horas de duración e prácticas non laborais. Haberá 15 prazas e todos aqueles que queiran participar deberán ser desempregados, estar apuntados no Servizo Público de Emprego e ter o Graduado Escolar.
15 prazas e 620 horas
Por outra banda o curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio tamén ofertará outras 15 prazas e constará de 620 horas de duración con prácticas non laborais en empresa. Neste caso os participantes deberán ser tamén desempregados, estar inscritos no Servizo Público de Emprego e ter o Graduado en ESO.
As inscricións deberán realizarse na oficina do Servizo Público de Emprego, situada na rúa de Galicia nº 23 de Ordes. Os interesados tamén poderán recibir máis información no departamento de Emprego do Concello de Ordes, situado no 2º andar da Casa do Concello.

*