Un programa de prevención fronte as drogas proxectado pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
Un total de 313 alumnos de 1º e 2º da ESO dos sete municipios da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) participaron esta mañá na sesión de clausura do programa de prevención fronte ás drogas 'Cinensino 2009-2010', organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha sesión celebrada no auditorio da Casa da Cultura de Ordes, onde os rapaces asistiron á proxección do filme Pequeños invasores e despois traballaron nun obradoiro de 'Autoestima negativista'.
Que pasaría se consumisen drogas?
O presidente da Mancomunidade, Miguel Prado Patiño, sinalou a importancia destas iniciativas para “axudar aos escolares a que descubran o valor da autoestima e potenciar a autoestima positiva como factor protector fronte ao consumo”. Un punto no que incide tamén a técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes, Mónica González López, quen sinala que “a partir de argumentos inspirados na película buscamos que imaxinen o que sucedería se consumisen drogas, evitando así a necesidade de experimentalo para coñecelo”.
O programa 'Cinensino 2009-2010' incluíu un total de tres sesións nas que participaron todos os adolescentes da comarca ordense (de 1º e 2º da ESO). Trátase dun programa incluído no Plan Nacional contra a Drogadicción, está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e conta coa financiación da Consellería de Sanidade.

*