viernes, 7 de mayo de 2010

Recouso: "Os veciños teñen dereito a saber a que destinou o alcalde ese millón que non foi orzamentado”

.
O BNG esixe información sobre o destino dun millón de euros de gastos que aseguran non estar incluidos nos orzamentos de 2009

O BNG esixiulle ao alcalde Manuel Regos, información sobre o destino do millón de euros de gastos que ao seu xuízo, non foron incluidos nos orzamentos aprobados pola corporación municipal para o ano 2009.

Ramiro Recouso instou ao alcalde “a que de maneira inmediata, informe de cal é o conceito das facturas pendentes de pago cos proveedores do concello, que ascenden a perto dun millón de euros, xa que, segundo un informe da intervención municipal, non gardan relación cos gastos incluidos nos orzamentos municipais do ano 2009”.

Recouso afirmou que “os veciños e veciñas de Ordes teñen dereito a saber a que destinou o alcalde ese millón de euros que non foi orzamentado”.

A frase de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes
"A consecuencia dunha xestión absolutamente caótica e irresponsábel do alcalde, existe un millón de euros de facturas impagadas, que colocan ao Concello nunha situación crítica, debido ao destrago sin control de recursos públicos, provocando unha situación delicada nas pequenas empresas, traballadores e familias, que ven impagados os seus traballos e o subministro de materiais ao Concello de Ordes"

*