viernes, 21 de mayo de 2010

Cinema contra as drogas

.
Máis de trescentos alumnos da comarca participarán o luns na sesión final do programa de prevención da drogadición, 'Cinensino'

O auditorio da Casa da Cultura de Ordes acollerá o luns 24 de maio, a partir das 10:00 horas, a clausura dunha nova edición do programa de prevención fronte ás drogas “Cinensino 2009-2010”, organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios de Ordes. Unha sesión na que participarán un total de 313 alumnos de 1º e 2º da ESO dos sete municipios da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo).

Cine como ferramenta pedagóxica
Os rapaces repartiranse en dúas tandas: ás 10:00 e ás 12:00 horas, respectivamente. Utilizando o cine como ferramenta pedagóxica, os técnicos do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade proxectarán a película “Pequeños invasores”, coa que tratarán de facerlles ver aos escolares que o esforzo e o interese por chamar a atención de xeito negativo pode ser reorientado para favorecer o seu propio desenvolvemento persoal.

*