lunes, 3 de mayo de 2010

Xornadas nocturnas de tiro con arco, rocódromo, baile...para decirlle NON ao alcol

.
'Eu elixo o que me guía' é o lema das noites abertas do programa FARO dirixido a rapaces de entre 12 e 17 anos, que promove o Concello

Podes inscribirte nos teléfonos 981 680002 ou 627983619

A concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes mantén aberto o prazo de inscrición para participar nas Noites Psicoeducativas, que están enmarcadas dentro do programa FARO de prevención de alcol.

Nestas actividades os rapaces e rapazas teñen a oportunidade de participar en numerosas actividades de ocio deportivas e artísticas; tiro con arco, rocódromo, carreiras de orientación, cursos de fotografía nocturna, baile moderno, obradoiros de FIMO, de risoterapia, de elaboración de cócteles sen alcol, de radio,etc.

Sábados 8 e 22 de maio, e 5 de xuño
As actividades realizaranse os sábados 8 e 22 de maio, e 5 de xuño, en horario de 21:30 a 00:30 h. da noite. Están dirixidas a todos os rapaces e rapazas do Concello de Ordes, entre 12 e 17 anos, ambos incluídos.

As actividades están organizadas pola concellería de Servizos Sociais e financiadas pola Deputación da Coruña. Ademáis cóntase coa colaboración da Concellería de Sanidade, Radio Ordes, a Escola de Tempo Libre Don Bosco, o Club Seo e as asociacións STOP Accidentes e Asociación Galega de Dontantes de Órganos.

Para máis información ou realizar a inscrición poden contactar coa Unidade Psicosocial do Concello de Ordes (Rúa Alfonso Senra, nº 108, Ordes; teléfonos: 981 680 002 ext. 214 e 215 / 627 983 619)

O horario de atención é de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas e os luns de 16:00 a 21:00 horas.

As frases de Xesús Pampín, concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes

"Consideramos de vital importancia actuar na preadolescencia, antes de que se instaure o consumo habitual de alcol e na adolescencia para reducir o consumo se este xa se iniciou"

"É imprescindible dirixir programas de prevención a persoas desta idade porque neste grupo podémonos atopar con rapaces e rapazas que nunca saíron ou non o fan de maneira habitual polo que resulta interesante que teñan as primeiras experiencias en actividades controladas; con outros que teñen idade para saír pero non o fan porque non lles satisfacen as alternativas habituais ou con grupos que saen habitualmente e precisan coñecer actividades máis saudables

*