Mañá en Madrid os gandeiros están convocados para evitar a utilización do leito como produto reclamo
O Concello de Ordes quixo amosar o seu apoio á manifestación, convocada por sindicatos e cooperativas, en defensa do sector leiteiro, que terá lugar mañá en Madrid. Unha protesta que tal e como explicaron os convocantes vai en contra de que se utilice de novo o leite como produto reclamo e se venda a prezos moi baixos, por debaixo dos 0,50 euros, entre outras cuestións.
Ademais dende o Concello de Ordes, tal e como explicou o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Xesús Pedreira, tamén quixeron mostrar o seu apoio á manifestación que terá lugar o próximo día 8 en Santiago. Unha mobilización que ten como protesta o baixo prezo da carne, que aseguraron segue nos mesmos valores que hai vinte anos. Ordes conta aproximadamente con 120 explotacións deste tipo dentro do seu termo municipal.
*