O Concello poñerá en marcha a elaboración do Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración
O concelleiro de Servizos Sociais, Xesús Pampín, presentou esta mañá o inicio dun novo proxecto que se levará a cabo dende o seu departamento, a elaboración do Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración do Concello de Ordes. No acto, o concelleiro ordense estivo acompañado por Francisco Hurtado, da ONG Ecos do Sur, e Ismael Blanco, representante da empresa Grupo OBZ Consulting, ambas entidades que estarán encargadas, xunto ao Concello, da elaboración do plan.
Se realizará con técnicas o máis participativas posibles, un diagnóstico da realidade social do municipio contando con todos os axentes sociais, para despois definir e planificar as actuacións a realizar no futuro.
Así, se realizarán entrevistas tanto persoais como grupais, ademais de dous tipos de enquisas. Unha destas enquisas farase á poboación de orixe galego ou español residente en Ordes, co fin de coñecer o grao de prexuizo que hai cara os inmigrantes e emigrantes retornados, as súas opinións e demais. A outra enquisa irá dirixida á poboación inmigrante e emigrante retornada para ver a súa visión, así como as necesidades de tipo social e incluso persoal que encontran no municipio.
Durante as próximas semanas comenzaranse os traballos con diversas entrevistas e xuntanzas con representantes do tecido asociativo local, así como con distintos organismos e entidades tales como centros educativos e o centro de saúde, entre outros.
Para suxestións e recomendacións das persoas interesadas en colaborar neste proxecto, o Concello pon a disposición o número de teléfono 981 680002 en horario de 8 a 15 horas.
Pods escoitar a presentación que Pampín fixo para os micrófonos de Radio Ordes:
A frase de Xesús Pampín, concelleiro de Servizos Sociais de Ordes
"As administracións públicas debemos facer políticas sociais de calidade e para iso hai que coñecer a realidade social do municipio. Trátase dun plan moi ambicioso non só en obxectivos, senón tamén en contidos, que pretendemos sexa o máis participativo posible e no que se involucrarán todos os axentes sociais do municipio”
Foto: O concelleiro Xesús Pampín entre Francisco Hurtado, de Ecos do Sur, e Ismael Blanco, de Grupo OBZ Consulting.
*