Onte déronse a coñecer o nome dos gañadores do certame de poesía do Día das Letras Galegas nun acto conmemorativo a Uxío Novoneyra
Ordes celebrou onte o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas en homenaxe a Uxío Novoneyra. Un acto no que houbo tempo para exaltar ao poeta do Courel, así como para a música e tamén para dar a coñecer os nomes dos gañadores do III Certame de Poesía Día das Letras Galegas convocado polo Concello de Ordes.
.
Entre Ecos
Así tal e como acordou o xurado deste certame poético, na categoría xeral acordouse outorgar o primeiro premio, dotado de 300 euros, a Noelia Martínez Rey polo seu poema Entre Ecos. O segundo premio, que estivo dotado de 180 euros foi para Rocío Leira Castro que presentou o traballo titulado Traio unha arela no peito.
Na categoría xuvenil a gañadora foi a ordense Paula Martínez Díaz por Aquel compás, levando o segundo premio Nuria Romero polo poema Agora sei que nunca serei como aquel home.

A gran ferida
O primeiro premio da categoría infantil, dotado de 120 euros, recaeu nos nenos e nenas de 2º A do CEIP Campomaior que presentaron o poema A Paz, e o segundo premio foi para Adrián Loureiro Candal por A gran ferida. Por último o premio que se outorgaba ao centro escolar ordense que presentara as obras de maior calidade foi para o CEIP Mesón do Vento.
Durante o acto o alcalde Manuel Regos, dedicou unhas palabras recordando a vida e a obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra, así como se leu tamén un poema de dito autor.
O punto musical puxérono membros do grupo O Embruxo de Leira e un grupo folclórico da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo.
*